div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.06.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.06.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe unha entrevista coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 89

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 144

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e halteres. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan da importancia do exercicio e da súa etapa na escola.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 429

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' amosará os perigos das ferramentas de rozada e recibirá no estudio o cantante Miguel Costas, que presenta un libro sobre a movida viguesa.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.06.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.06.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.06.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.06.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 5

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.

Galicia: 17:55 h

GMT: 15:55 h

Portugal: 16:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1028

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 815

Chegamos ao último programa desta semana no 'Atrápame se podes' e os nosos concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 33 700 euros pelexan hoxe Toni de Sanxenxo, Aarón de Vilanova de Arousa, Ro da Coruña, Carmen da Coruña e Pablo de Negreira.

Galicia: 20:15 h

GMT: 18:15 h

Portugal: 19:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 5

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.06.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.06.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LUAR: LUAR 1487

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Karina, unha das voces máis emblemáticas da música española, e Zeus Montiel, fillo da gran Sara Montiel, convidados no 'Luar' deste venres. O programa tamén ofrecerá as actuacións da actriz e cantante Tamara Pérez, da orquestra Horizon The Show e da Asociación Cultural Folclórica Tarambainas.

Galicia: 00:30 h

GMT: 22:30 h

Portugal: 23:30 h

IMOS DE FEIRA: IMOS DE FEIRA III 16

Programa en que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. O espazo 'Imos de feira' visita hoxe o gran mercado quincenal da vila lucense de Meira.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

NO BICO UN CANTAR: O carro

Poderemos escoitar de novo un son que hai moitos anos que non soa nas nosas aldeas: o canto do carro. E descubriremos o cariño e a nostalxia que provoca naqueles que coñeceron a vida labrega en plenitude, os tempos nos que as aldeas estaban cheas de xente Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

Galicia: 02:10 h

GMT: 00:10 h

Portugal: 01:10 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. A batalla polo pazo entre Emilio e Carlos terá un desenlace no presente capítulo. No pulso que veñen mantendo nos últimos episodios só pode haber un vencedor, e ese será quen consiga quedar coa casa familiar dos Pardo Veiga.

Galicia: 03:25 h

GMT: 01:25 h

Portugal: 02:25 h

PAZO DE FAMILIA

Ante o medo de perder o seu traballo e afogada polas débedas, Sara pensa en delatar unha persoa moi importante para ela. Por outra parte, para Emilio o importante é agora a súa relación con Eva, pero o feito de que estea casada, alén dun segredo que descoñece, fará que a verdade acabe por estoupar e salpique varias personaxes.

Galicia: 03:25 h

GMT: 01:25 h

Portugal: 02:25 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. As portas da casa familiar péchanse neste episodio de 'Pazo de Familia' para Emilio, quen perdeu a súa batalla contra Carlos. Desterrado do pazo, o primoxénito dos Pardo Veiga prepara unha nova ofensiva desde o piso de Daniel.

Galicia: 04:40 h

GMT: 02:40 h

Portugal: 03:40 h

PAZO DE FAMILIA

Este capítulo cambiará a vida de todos os personaxes. A de Mario, porque, nunca mellor dito, cárganlle 'o morto' do Panameño. A de Sara, pola visita de Cosme ao pazo. A de Claudia, que agarda a chegada ao altar do seu mozo. A de Leonor, que ve como todo o seu imperio de decadencia, dunha vez por todas, se vén abaixo.

Galicia: 04:40 h

GMT: 02:40 h

Portugal: 03:40 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Carlos pídelle de novo matrimonio a Leonor. Antes de que poidan anunciar o seu compromiso, Claudia e Mario proclaman que van casar. O pazo volve vestir as súas mellores galas para os preparativos da que será a voda da década.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

PAZO DE FAMILIA

Serie.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

PAZO DE FAMILIA

Serie. Emilio coñecerá a verdadeira historia de seu pai, e mudará para sempre o seu punto de vista sobre a familia Pardo Veiga.

div-crtvg-top2

Publicidade