Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.06.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.06.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 88
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 143
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e pelota pequena. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan da súa visita ao cine para ver ‘A vida de Brian’ e dos seus actores favoritos.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 428
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outros temas, 'O Termómetro' falará hoxe da Formación Profesional, unha alternativa á universidade que cada vez ten máis demanda, e da evolución nos deseños das cociñas.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.06.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.06.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.06.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 4
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas amizades.
Galicia: 17:55 h
GMT: 15:55 h
Portugal: 16:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1027
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 19:30 h
GMT: 17:30 h
Portugal: 18:30 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 814
Ro da Coruña, Pablo de Negreira, Toni de Sanxenxo, Aarón de Vilanova de Arousa e Carmen da Coruña teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao "Minuto final" e contestar a cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 33 500 euros. Ro, da Coruña; Pablo, de Negreira; Toni, de Sanxenxo; Aarón, de Vilanova de Arousa, e Carmen, da Coruña, teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao 'Minuto final' e contestar cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 33.500 euros.
Galicia: 20:15 h
GMT: 18:15 h
Portugal: 19:15 h
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 4
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 04.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.06.2026
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 112
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un convidado sorpresa revelará esta noite no ‘Land Rober + Show’ unha afección descoñecida de Roberto Vilar.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
SOMOS ANIMAIS: "PEPOTE E MAX"
Neste programa Hugo e mais Irene van ata Guísamo para coñecer o poni Pepote. Este animal morde, escapa e tolea os seus donos, polo que a nosa experta vai ter un duro traballo. Mentres tanto, Jorge vai ata Burela para axudarlle a Max, un can con auténtico pánico ao mar e que non o ten fácil vivindo onde vive.
Galicia: 23:40 h
GMT: 21:40 h
Portugal: 22:40 h
COLLIDOS NAS PATACAS
Programa de entretemento, presentado por Paco García, Raquel Atanes e María Blanco, baseado no estilo dos concursos de idiomas para amosar con humor os costumes dos galegos.
Galicia: 00:40 h
GMT: 22:40 h
Portugal: 23:40 h
ONDE VAI A XENTE: As Pandereteiras de Pedraquetiña
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.
Galicia: 01:25 h
GMT: 23:25 h
Portugal: 00:25 h
A VIDA DO MERCADO: Praza de Abastos das Burgas de Ourense - O calor humano da terra
Os mercados e prazas de abastos, das cidades e vilas galegas son o espazo físico onde se desenvolven os 13 capítulos que conforman a serie documental 'A Vida do Mercado'. A finalidade é coñecer a vida que latexa no seu interior, tanto de vendedores coma de compradores habituais.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Tras a forte discusión con Claudia, Rita vese forzada a marchar da casa familiar e non dubida en volver ao piso de Daniel, pero este non está disposto a perdoarlle ao terlle dado unha oportunidade a Nino logo de rematar a relación entre eles.
Galicia: 02:15 h
GMT: 00:15 h
Portugal: 01:15 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 814
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Ro, da Coruña; Pablo, de Negreira; Toni, de Sanxenxo; Aarón, de Vilanova de Arousa, e Carmen, da Coruña, teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao 'Minuto final' e contestar cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 33.500 euros.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Mentres Emilio se enfronta a un traficante panameño para salvar o seu pai, Sara ten serias sospeitas de que Amancio volve enganala con outra muller.
Galicia: 03:15 h
GMT: 01:15 h
Portugal: 02:15 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Mónica, que acaba de comezar a traballar de xuíza do penal, négase a admitir a posibilidade dun secuestro, pero, a medida que avanza a investigación, as probas parecen ir indicando que alguén a levou da emisora.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. As eleccións á presidencia da Asociación de Empresarios volven poñer fronte a fronte a Emilio e Carlos. Á vista dos apoios que está a conseguir o primoxénito dos Pardo Veiga, Carlos non dubida en radicalizar a súa campaña. Emilio, pola súa parte, coñece unha familia de viñateiros que lle devolverá a ilusión que perdera desde a súa marcha do pazo.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3425
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
Galicia: 04:30 h
GMT: 02:30 h
Portugal: 03:30 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Todo rematará para ben ou para mal nun capítulo trepidante de 'Pazo de Familia'. E, no medio da tensión, rexorde unha esquecida historia de amor: a de Sara e Emilio. Parece que ela é a única que segue a confiar no Pardo Veiga.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Neste capítulo, desvélase a relación de Suevia cos Pardo Veiga e vai ser moito máis próxima do que moitos imaxinan. Tanto que Emilio, ao coñecer a verdade, decide deixar a campaña electoral.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Emilio vai perdendo apoios na súa familia fronte a Mario e Carlos, aos que a propia Leonor lles abriu as portas do pazo dos Pardo Veiga. Con todo, coa axuda de Daniel, descobre que Mario é fillo de Carlos ao atopar unha fotografía na emisora.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Os espectadores saberán se é Carlos ou Emilio quen consegue facerse coa presidencia da asociación de empresarios, tras unha xornada electoral que volve poñer de manifesto a profunda inimizade entre os dous.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h