Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 423
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A reapertura do aeroporto de Lavacolla e a operación contra o furtivismo do polbo, entre os temas que se tratarán hoxe en 'O Termómetro'.
Galicia: 09:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 08:00 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1187
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 30.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Portugal: 09:15 h
LABRANZA: LABRANZA 1772
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3421
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O cultural ‘Zigzag’ conversa hoxe co autor lucense Lois Pérez sobre a súa nova novela, 'Hoxe toca Leiva?'.
Galicia: 11:15 h
GMT: 09:15 h
Portugal: 10:15 h
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 13
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega da serie documental.
Galicia: 11:45 h
GMT: 09:45 h
Portugal: 10:45 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 83
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
Galicia: 12:00 h
GMT: 10:00 h
Portugal: 11:00 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Desfile das Forzas Armadas 2026 (2ª xornada)
Os medios públicos galegos continúan ofrecendo hoxe unha programación especial con motivo dos actos do Día das Forzas Armadas 2026, que se celebran en Vigo coa presenza de destacadas autoridades civís e militares. A cobertura incluirá directos informativos e seguimento desde distintos puntos da cidade. A narración na TVG correrá a cargo do xornalista Jesús Fontenla, acompañado polo comentarista Alberto Vázquez.
Galicia: 12:30 h
GMT: 10:30 h
Portugal: 11:30 h
ESPECIAL INFORMATIVO: DESFILE DAS FORZAS ARMADAS 2026 (2ª XORNADA-SÁBADO 30 DE MAIO)
Galicia: 13:30 h
GMT: 11:30 h
Portugal: 12:30 h
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 15
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:05 h
GMT: 13:05 h
Portugal: 14:05 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
NO FOCO: NO FOCO 213
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.05.2026
Galicia: 15:55 h
GMT: 13:55 h
Portugal: 14:55 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 7
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Historias de superación, viaxes no tempo e sabor a Galicia, hoxe, en 'Tarde Piaches'.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: SEN CÓDIGO POSTAL 2.0 TOMIÑO
Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
O DÍA DA ROMARÍA: Romaría da Franqueira
Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. A primeira entrega do programa mergullarase na Romaría da Franqueira, unha das celebracións máis emocionantes de Galicia, seguindo os preparativos, os camiños, as ofrendas e a chegada das imaxes ao santuario.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:50 h
GMT: 19:50 h
Portugal: 20:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.05.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 2
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. ‘Como ser feliz' reflexiona hoxe sobre os cartos e a felicidade. O programa, que presentan Loli Gómez, Rafa Durán e Manuel Viso, analizará se o diñeiro condiciona a nosa vida, entre humor, emoción e debate social.
Galicia: 23:20 h
GMT: 21:20 h
Portugal: 22:20 h
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 13
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. 'Bailamos' chega hoxe á súa gran final, en que Mattia, Hemellyn e Iria loitarán por conseguir o premio final. Nunha gala chea de sorpresas e de emoción, a orquestra París de Noia presentará un novo tema e anunciará o nome do concursante ao que quere fichar.
Galicia: 00:00 h
GMT: 22:00 h
Portugal: 23:00 h
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: Orquestras
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
Galicia: 01:15 h
GMT: 23:15 h
Portugal: 00:15 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: NO BRASIL
Galicia: 01:35 h
GMT: 23:35 h
Portugal: 00:35 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: LEMBRANDO A GALICIA XIII 1433
Galicia: 01:45 h
GMT: 23:45 h
Portugal: 00:45 h
MEUS
Familias clásicas, monopanterais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus"
Galicia: 02:50 h
GMT: 00:50 h
Portugal: 01:50 h
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 13
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega da serie documental.
Galicia: 03:10 h
GMT: 01:10 h
Portugal: 02:10 h
ÁLBUM DE VIAXE: Familia González Porto
Presentado por Melania Cruz, programa que mestura reality e concurso. En cada edición, sorprenderá unha familia galega cunha viaxe chea de retos, diversión e emoción, en que deberán aproveitar cada paso para conseguir o premio final. Hoxe, unha familia de Rábade viaxará ata Corrubedo nun divertido e fascinante itinerario.
Galicia: 03:25 h
GMT: 01:25 h
Portugal: 02:25 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 61
Tras un longo período de inestabilidade, os Pardo Veiga enfróntanse agora a unha etapa de calma e de recuperación. Esgotados mental e fisicamente e case arruínados, terán que reinventarse para sobrevivir. Os espectadores verán hoxe como as posibilidades de supervivencia de Sara son moi poucas e, se o fai, caben moitas opcións de que fique nun estado vexetal.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 73
Aínda que o primeiro que fai Bruno ao chegar á casa é roubarlle a Nora, axiña xorde a complicidade entre os dous. Olalla, que está a piques de casar e marchar para O Uruguai co seu mozo, regresa ao pazo para lle axudar a Emilio unha última vez. E é que o Pardo Veiga precísaa agora que o único xeito de libralo do cárcere parece que é secuestrar unha muller que vai testificar contra el.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 62
Mónica está nerviosa ante a primeira voda que se vai celebrar no pazo. Leonor, máis que axudar co negocio dos eventos, o que fai é investir de máis antes de que cheguen os primeiros ingresos. Porén, ninguén imaxina o plan oculto da noiva para o día do enlace. Rita, pola súa parte, confésalle a Daniel que lle foi infiel en Madrid.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 74
Atopar o cadáver da muller de Emilio suporá probar a súa culpabilidade e a fin da estirpe dos Pardo Veiga. Para impedilo, Leonor está disposta mesmo a axeonllarse ante Carlos, o seu peor inimigo.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 63
Sara recupera a consciencia, pero Emilio comproba con desilusión que non lembra nada da relación entrambos os dous.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 75
Con Carlos secuestrado por Emilio, pode pasar calquera cousa, mesmo que un deles morra. Tamén leva unha sorpresa Daniel no relativo ao caso do fotógrafo. Despois da denuncia, el espera na casa a que o veña buscar a policía. Sara tamén queda perplexa ao descubrir que Amancio ten unha amante, pero o máis inesperado do episodio vén cando Emilio recibe unha chamada que mudará o rumbo da familia Pardo Veiga.