div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe unha entrevista co presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira.

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 85

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

O AGRO: O AGRO 27.05.2026

Galicia: 10:55 h

GMT: 08:55 h

Portugal: 09:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 138

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 139

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e halteres centrada na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan da disciplina e dos chistes.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 423

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A reapertura do aeroporto de Lavacolla e a operación contra o furtivismo do polbo, entre os temas que se tratarán hoxe en 'O Termómetro'.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.05.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 809

O bote do programa chegou aos 32.200 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el os nosos cinco concursantes: Marta Medela, de Culleredo; Marta, de Pontevedra; Rodrigo, de Viveiro; Chus, de Arteixo, e Kevin, de Palas de Rei. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para teren opcións de levar o gran premio no 'Minuto final'.

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

CASAMOS!: A historia de amor de Marta e Víctor

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.

Galicia: 17:45 h

GMT: 15:45 h

Portugal: 16:45 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Viveiro - Suso e Mari Carmen, Adrián e María

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

Galicia: 18:20 h

GMT: 16:20 h

Portugal: 17:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1022

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:20 h

GMT: 18:20 h

Portugal: 19:20 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 14

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.05.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 108

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Análise e consellos financieiros, esta noite nun ‘Land Rober + Show’ que contará cunha convidada moi especial.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

SOMOS ANIMAIS: "MENTA E OS CACHORROS DE GRAN BOYERO"

Neste capítulo Hugo fai equipo con Xiana, unha veterinaria especializada en comportamento animal, para axudarlle a Menta. Esta galga de caza, que fora maltratada e abandonada, ten un novo dono que lle quere dar un futuro mellor. Pola súa banda, Jorge vai adestrar oito cachorros de Gran Boyero Suízo para que se leven ben e non se metan en leas. ‘Somos Animais' desprázase esta semana a Vigo para axudar unha galga de caza que tivo unha vida complicada. O programa tamén estará cunha criadora concienciada coa preservación do gran boyero suízo, unha raza a piques de desaparecer.

Galicia: 23:40 h

GMT: 21:40 h

Portugal: 22:40 h

COLLIDOS NAS PATACAS

Galicia: 00:40 h

GMT: 22:40 h

Portugal: 23:40 h

ONDE VAI A XENTE: A saga dos 'pelonios'

Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

A VIDA DO MERCADO: Praza de Abastos do Carballiño - Poñendo en valor o propio

Os mercados e prazas de abastos, das cidades e vilas galegas son o espazo físico onde se desenvolven os 13 capítulos que conforman a serie documental 'A Vida do Mercado'. A finalidade é coñecer a vida que latexa no seu interior, tanto de vendedores coma de compradores habituais.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 63

Sara recupera a consciencia, pero Emilio comproba con desilusión que non lembra nada da relación entrambos os dous.

Galicia: 02:20 h

GMT: 00:20 h

Portugal: 01:20 h

NO FOCO: NO FOCO 212

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

Galicia: 02:40 h

GMT: 00:40 h

Portugal: 01:40 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3419

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'ZigZag' falará hoxe da curtametraxe ‘María Rita’, gran triunfadora no último Festival de Cans, co seu director, Juan Barbazán.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 64

Emilio axuda na busca de Adrián, o irmán de Olalla, cuxa embarcación naufragou. A medida que se distancia de Sara, que segue sen lembrar a súa relación, achégase máis a Olalla.

Galicia: 03:15 h

GMT: 01:15 h

Portugal: 02:15 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 55

A fuxida de Emilio ten as horas contadas. Os sicarios contratados por Carlos agardan para cumprir a orde de asasinalo. Da decisión que tome dependerá a súa sorte, pero cada vez está máis convencido de que só queda unha opción: entregarse á policía.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 65

No presente capítulo de 'Pazo de Familia', Emilio continúa na vila mariñeira, onde descobre algo que descoñecía sobre Olalla. Mentres, no pazo, Sara comeza a lembrar os momentos de amor con Emilio. Deste xeito, a relación co herdeiro dos Pardo Veiga rexorde por fin, aínda que polo momento sexa no seu recordo.

Galicia: 04:25 h

GMT: 02:25 h

Portugal: 03:25 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 56

A noticia de que Emilio está vivo trae hoxe de novo a felicidade a “Pazo de Familia”. Porén, ante a negativa do Pardo Veiga de denunciar a Nino como culpable do asasinato polo que se lle acusa a el, o xuíz Ferreira decrétalle prisión provisional sen fianza. Pola súa parte, Olalla e Iria deciden actuar pola súa conta para evitar que Emilio vaia ao cárcere, pero facelo implica entregarlle a Nino á policía. Mónica sabe que o seu mozo é o asasino de Clemente, pero a paixón que sente por el lévaa a actuar sen medir as consecuencias.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 66

Un acordo co executivo dunha farmacéutica que quere celebrar un evento revoluciona non só o pazo, senón tamén o corazón de Mónica, que ao coñecer ese home deixa de ter claros os seus sentimentos cara a Nino. Mentres, Marisiña pide cita para someterse a inseminación artificial e Ángela intenta afacerse ao divorcio de seus pais.

Galicia: 05:40 h

GMT: 03:40 h

Portugal: 04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 57

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA V 67

Claudia oculta que ten que escribir unha biografía sobre Carlos, o principal inimigo da familia. Pero máis que a obriga contractual coa editorial do libro, móvea a curiosidade polo segredo que Carlos coñece sobre os Pardo Veiga. Mentres Emilio recibe unhas misteriosas chamadas do persoal dun cemiterio, comeza a asumir que Sara nunca lembrará a relación que ambos os dous mantiveron.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 28.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade