div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

O AGRO: O AGRO 26.05.2026

Galicia: 10:55 h

GMT: 08:55 h

Portugal: 09:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 137

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con halteres e esteira centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan de cales son os músculos que menos se traballan diariamente e tamén do fútbol e das casas de apostas.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 421

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' aborda hoxe as dificultades dos mozos para independizarse, fala do aumento das ITS, acode á feira Funergal e indaga sobre os fisioterapeutas falsos.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.05.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 807

Kevin, de Palas de Rei; Rodrigo, de Viveiro; Chus, de Arteixo; Marta, de Pontevedra, e Marta, Medela de Culleredo, son os nosos concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 32.000 euros. Quen chegue ao 'Minuto final' debe acertar as cinco preguntas para conseguilo; en caso contrario, tense que conformar con 100 euros por cada resposta correcta.

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

CASAMOS!: A historia de amor de Jessica e Camilo

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. 'Casamos!' ofrece hoxe unha voda de temática cabalar, a de Jessica e Camilo. O seu foi un amor de taberna que tivo que facer fronte a algunhas dificultades.

Galicia: 17:50 h

GMT: 15:50 h

Portugal: 16:50 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Moaña. José e María, Juan Andrés e Jess

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupifurgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. En Moaña, os espectadores coñecerán unha historia pouco habitual, a de María, de 70 anos de idade e natural de Soutomaior, xubilada e apaixonada do baile, e José Carlos, de 71 anos, do Porriño, tamén xubilado e grande afeccionado ás salas de festas. Tamén serán protagonistas Juan Andrés, de 38 anos, de orixe colombiana e en proceso de mudanza a Rianxo, e Jess, unha cociñeira de Vigo de 32 anos, amante do deporte e dos videoxogos.

Galicia: 18:25 h

GMT: 16:25 h

Portugal: 17:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1020

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:20 h

GMT: 18:20 h

Portugal: 19:20 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 12

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.05.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 106

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Amais de moito humor, ‘Land Rober + Show’ realiza hoxe unha merecida homenaxe a un convidado moi especial do programa esta tempada.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

A GRANDE ESCOLLA: Carlos Lozano

Carlos Lozano busca en Galicia unha nova manda de galiñas para a súa eira. Noelia Rey é a encargada de seleccionar tres propostas diferentes entre as que debe escoller o madrileño: galiña de Mos, piñeira e poñedora ecolóxica. O televisivo Carlos Lozano busca en 'A grande escolla' a manda perfecta de galiñas para a súa vida no rural. O presentador madrileño, que agora aposta polo ritmo pausado da aldea, asiste fascinado ás razas autóctonas e aos animais criados en liberdade que lle propón o programa.

Galicia: 23:40 h

GMT: 21:40 h

Portugal: 22:40 h

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.

Galicia: 00:50 h

GMT: 22:50 h

Portugal: 23:50 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 429

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

Galicia: 01:55 h

GMT: 23:55 h

Portugal: 00:55 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 47

Amancio entende por fin que Sara segue querendo a Emilio.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 53

Só Iria e Olalla saben a verdade e intentarán establecer alianzas para axudar a Emilio. Claudia e Daniel xa investigan para probar que non é culpable da morte de Clemente.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 54

O corrupto xuíz Pereira retíralle a confianza a Carlos, que ademais está a perder moitos cartos polos roubos levados a cabo pola banda de Nino. É tempo de novas alianzas, pero Carlos non deixará o trono sen pelexar. E neste episodio da serie tomará unha medida desesperada.

Galicia: 03:15 h

GMT: 01:15 h

Portugal: 02:15 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 48

Amancio asume que non pode loitar contra o que Sara sente por Emilio e decide dar a batalla por perdida.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 55

A fuxida de Emilio ten as horas contadas. Os sicarios contratados por Carlos agardan para cumprir a orde de asasinalo. Da decisión que tome dependerá a súa sorte, pero cada vez está máis convencido de que só queda unha opción: entregarse á policía.

Galicia: 04:25 h

GMT: 02:25 h

Portugal: 03:25 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 49

O cerco non só se estreita para Emilio Pardo. Tanto Carlos coma Mónica buscan desenmascarar o Caveira, líder dunha banda de delincuentes, pero o que non sospeitan é que se trata do propio Nino, que cada vez ten maior poder nos baixos fondos da cidade.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 56

A noticia de que Emilio está vivo trae hoxe de novo a felicidade a “Pazo de Familia”. Porén, ante a negativa do Pardo Veiga de denunciar a Nino como culpable do asasinato polo que se lle acusa a el, o xuíz Ferreira decrétalle prisión provisional sen fianza. Pola súa parte, Olalla e Iria deciden actuar pola súa conta para evitar que Emilio vaia ao cárcere, pero facelo implica entregarlle a Nino á policía. Mónica sabe que o seu mozo é o asasino de Clemente, pero a paixón que sente por el lévaa a actuar sen medir as consecuencias.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3417

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

Galicia: 05:40 h

GMT: 03:40 h

Portugal: 04:40 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 50

Os avances de Mónica na xudicatura para desenmascarar a banda que lidera Nino farán que teña que tomar unha medida drástica para continuar co seu poder na sombra.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 57

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade