div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 419

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de tratar variados temas de actualidade, ‘O termómetro' falará hoxe da chegada do bo tempo a Galicia, das graduacións universitarias e da suba de prezo dos pensos dos animais.

Galicia: 09:00 h

GMT: 07:00 h

Portugal: 08:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1228

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

Galicia: 09:30 h

GMT: 07:30 h

Portugal: 08:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2021

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.

Galicia: 09:45 h

GMT: 07:45 h

Portugal: 08:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 639

Achegámonos á realidade dos mozos da Acción Católica de Ourense a través das súas historias persoais, as súas dúbidas, os seus medos e tamén as súas esperanzas. Lonxe dos prexuízos e das etiquetas, descubrimos unha xeración que busca comunidade, compromiso e autenticidade nun mundo cada vez máis individualista.

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 476

Galicia: 10:30 h

GMT: 08:30 h

Portugal: 09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 24.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 26

‘Os nosos maiores’ visita os concellos de Vigo e de Ponteareas para coñecer a Javier e a Rita. El é un namorado do teatro que vive unha xubilación feliz pese aos golpes da vida, mentres que ela é unha apaixonada alfombrista que traballa todo o ano coa vista posta na celebración do Corpus Christi. En Vigo e Ponteareas, ‘Os nosos maiores’ visitan hoxe dous xubilados que tiran para adiante na vida con optimismo.

Galicia: 11:45 h

GMT: 09:45 h

Portugal: 10:45 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 82

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

Galicia: 12:15 h

GMT: 10:15 h

Portugal: 11:15 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 11

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 24.05.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.05.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 24.05.2026

Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 24.05.2026

Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 24.05.2026

Espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.05.2026

Galicia: 16:00 h

GMT: 14:00 h

Portugal: 15:00 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 6

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Na sobremesa de ‘Tarde Piaches’ debaterase sobre as longas listas de agarda ás que se enfrontan as persoas que queren reformar a súa casa, coa participación de Litos e Fran, de ‘Galicia Bonita’.

Galicia: 20:00 h

GMT: 18:00 h

Portugal: 19:00 h

CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 6

A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 24.05.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.05.2026

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 1

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público.  O primeiro programa estará dedicado ao estrés, un dos grandes males do século XXI. Convidados, expertos e xente do público compartirán experiencias relacionadas coa presión, a ansiedade ou o colapso emocional. O espazo mesturará coñecemento, retranca, emoción e espectáculo para preguntarse se realmente sabemos parar e como podemos aprender a vivir con menos estrés. 

Galicia: 23:55 h

GMT: 21:55 h

Portugal: 22:55 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 184

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.

Galicia: 01:00 h

GMT: 23:00 h

Portugal: 00:00 h

EN XOGO: O Celta en Europa

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo. Gustavo Varela convida no estudio a Roberto Lago, Andrés Túñez, Carme Méndez e Xabier Rodríguez Campos para analizar a última xornada da Primeira División, en que o Celta pode rematar na sexta praza accedendo de xeito directo á Europa League. En canto remate o partido contra o Sevilla, que se disputa en Balaídos, Tomás Alonso, Loreto Costa e Cristian Romero encargaranse de trasladarlle á audiencia o que suceda sobre o terreo de xogo e nos exteriores.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LUAR: LUAR 1485

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' conta hoxe coas actuacións de Silvia Pantoja e dos artistas emerxentes galegos Mk Maik e Lg1do. Tamén pasarán polo escenario Nando Llon, a orquestra Magos e o grupo de pandeireteiras As Miñeiras.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 54

O corrupto xuíz Pereira retíralle a confianza a Carlos, que ademais está a perder moitos cartos polos roubos levados a cabo pola banda de Nino. É tempo de novas alianzas, pero Carlos non deixará o trono sen pelexar. E neste episodio da serie tomará unha medida desesperada.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 24.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade