Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.05.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.05.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 83
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 135
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira e pau centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan do que levarían a unha illa deserta.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 419
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de tratar variados temas de actualidade, ‘O termómetro' falará hoxe da chegada do bo tempo a Galicia, das graduacións universitarias e da suba de prezo dos pensos dos animais.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.05.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.05.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.05.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 805
Quinto e último día no 'Atrápame' para esta tripulación de concursantes formada por Tono, de Fene; Jesús, de Sarria; Sonia, de Valdoviño; Nuria, de Cedeira, e Sergio, de Rianxo. Os 31.600 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'Minuto final'.
Galicia: 16:30 h
GMT: 14:30 h
Portugal: 15:30 h
CASAMOS!: A historia de amor de Nieves e Tiko
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. Nieves e Tiko celebran unha voda chea de luxo tras tres anos de relación.
Galicia: 16:35 h
GMT: 14:35 h
Portugal: 15:35 h
TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 10
No programa de hoxe coñecemos a Alberto, Marcos e Elvis, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Riazor ata a Torre de Hércules. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.
Galicia: 17:10 h
GMT: 15:10 h
Portugal: 16:10 h
MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 10
Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.
Galicia: 17:45 h
GMT: 15:45 h
Portugal: 16:45 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O Carballiño (Brian e Jorge, Joel e Rocío)
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O Carballiño será o escenario das citas de Brian e Jorge e de Joel e Rocío.
Galicia: 18:15 h
GMT: 16:15 h
Portugal: 17:15 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1018
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:20 h
GMT: 18:20 h
Portugal: 19:20 h
OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 10
Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.05.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
LUAR: LUAR 1485
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' conta hoxe coas actuacións de Silvia Pantoja e dos artistas emerxentes galegos Mk Maik e Lg1do. Tamén pasarán polo escenario Nando Llon, a orquestra Magos e o grupo de pandeireteiras As Miñeiras.
Galicia: 00:30 h
GMT: 22:30 h
Portugal: 23:30 h
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 8
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.
Galicia: 01:35 h
GMT: 23:35 h
Portugal: 00:35 h
IMOS DE FEIRA: IMOS DE FEIRA III
Programa en que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. A vila ourensá de Verín, famosa polo seu emblemático Entroido, recibe hoxe o equipo do programa 'Imos de Feira'. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona para escoller catro lugares onde deixar os sobres do concurso.
Galicia: 02:45 h
GMT: 00:45 h
Portugal: 01:45 h
NO BICO UN CANTAR: Un canto a Galicia
Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.
Galicia: 03:15 h
GMT: 01:15 h
Portugal: 02:15 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3414
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O ‘Zigzag’ achégase hoxe á celebración do Festival de Cans no Porriño e conversa con Sheila Patricia sobre a próxima gala dos Premios Martín Codax da Música.
Galicia: 03:40 h
GMT: 01:40 h
Portugal: 02:40 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O Carballiño (Brian e Jorge, Joel e Rocío)
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O Carballiño será o escenario das citas de Brian e Jorge e de Joel e Rocío.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 48
Amancio asume que non pode loitar contra o que Sara sente por Emilio e decide dar a batalla por perdida.
Galicia: 04:15 h
GMT: 02:15 h
Portugal: 03:15 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 83
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 38
Serie.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 49
O cerco non só se estreita para Emilio Pardo. Tanto Carlos coma Mónica buscan desenmascarar o Caveira, líder dunha banda de delincuentes, pero o que non sospeitan é que se trata do propio Nino, que cada vez ten maior poder nos baixos fondos da cidade.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA III 39
Serie.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA IV 50
Os avances de Mónica na xudicatura para desenmascarar a banda que lidera Nino farán que teña que tomar unha medida drástica para continuar co seu poder na sombra.