Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 414
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' asistirá este venres en directo á Festa da Lingua Galega de Caldas de Reis e aos preparativos da Festa do Salmón da Estrada.
Galicia: 09:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 08:00 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1227
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2020
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. Continúa a celebración dos 2.000 programas de 'Nacer de Novo'. Hoxe, os espectadores Hoxe escoitarán persoas que atoparon un sentido diferente nas súas vidas vendo o espazo da TVG, que recibirá tamén tamén os saudos do ex-xogador do Celta de Vigo Edu e de Jozi Oliveira, ex-xogadora do Burela. Moncho Lagos rematará o programa explicando a trascendencia de Xesús na historia e na vida das persoas.
Galicia: 09:45 h
GMT: 07:45 h
Portugal: 08:45 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 638
Santiago de Compostela convértese nun gran espazo de encontro para centos de nenos, familias, catequistas e parroquias de toda a diocese no XII Encontro Diocesano de Nenos e Familias. Baixo o lema “Saíu o sementador a sementar”, esta xornada festiva e pastoral quere destacar a importancia da familia como primeiro lugar de transmisión da fe.
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA VII 475
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 17.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 25
‘Os nosos maiores’ visita os concellos de Redondela e de Ribeira para coñecer a Segundo e a Dolores. El é un amante da montaña que goza propoñéndose novos retos, mentres que ela é unha muller inquieta cunha extensa lista de actividades de ocio. Un amante da montaña de Redondela e unha muller inquieta de Ribeira, protagonistas hoxe en ‘Os nosos maiores’.
Galicia: 11:35 h
GMT: 09:35 h
Portugal: 10:35 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 120
Javier, natural de Ferrol, Nerea, de Vilanova de Arousa, e Rodrigo, de Oleiros, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 12:15 h
GMT: 10:15 h
Portugal: 11:15 h
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 10
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Novas expulsións en 'Bailamos', con dúas batallas decisivas: Noelia enfróntase a Álex e Loli, a Paulo. Coa emoción no seu punto máis alto, ao final desta gala, marcada polos conflitos, xa só quedarán oito aspirantes a gañar os 10.000 € do premio final.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 17.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:15 h
GMT: 13:15 h
Portugal: 14:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:30 h
GMT: 13:30 h
Portugal: 14:30 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3409
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Edición especial do programa cultural ‘Zigzag’ dedicada a Begoña Caamaño, en que participarán escritores, familiares, amigas, académicas e estudosas da súa figura. Todo isto permitirá reconstruír a vida e a obra da autora, percorrendo ademais os seus lugares vitais. O programa contará cunha entrevista central, nos estudios da TVG, á irmá da homenaxeada, Beatriz Caamaño, e cunha despedida especial desde a Radio Galega, onde comezou a traballar en 1989.
Galicia: 16:00 h
GMT: 14:00 h
Portugal: 15:00 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.05.2026
Galicia: 16:15 h
GMT: 14:15 h
Portugal: 15:15 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 4
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Fillas de Cassandra pon música nun ‘Tarde piaches’ que hoxe conversará no estudio con Gloria Lijó, Esther Estévez e David Vilares, entre outras.
Galicia: 20:15 h
GMT: 18:15 h
Portugal: 19:15 h
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 4
Os axentes da Policía Local de Vilagarcía atenden unha chamada que alerta da presenza dunha persoa encaramada a un depósito de 15 metros de altura, unha situación de alto risco. Tamén interveñen nunha aldea onde un can potencialmente perigoso anda solto e provoca medo entre os veciños. En Lugo, a Policía reduce un individuo que altera a convivencia no casco histórico con berros e danos no mobiliario urbano. Ademais, participa nunha redada nun dos locais de ocio nocturno máis coñecidos e problemáticos da cidade.
Galicia: 20:45 h
GMT: 18:45 h
Portugal: 19:45 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Especial Eleccións Andalucía 2026
Coincidindo co peche dos colexios electorais e coa difusión da enquisa de FORTA, activarase a cobertura especial da noite electoral. Adianto informativo, que incorporará a evolución automatizada do escrutinio e novas conexións en directo desde Sevilla con Marcos Sueiro.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.05.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Especial Eleccións Andalucía 2026
Novo adianto informativo coa actualización permanente dos resultados electorais. Ademais, a TVG manterá activo un ticker automatizado coa evolución do reconto electoral.
Galicia: 22:15 h
GMT: 20:15 h
Portugal: 21:15 h
+CUÑADOS
Esta nova aventura dos cuñados arranca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días... Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, o xeito perfecto de branquear os cartos do botín que lles caeu do ceo. A aparición de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, na busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.
Galicia: 00:00 h
GMT: 22:00 h
Portugal: 23:00 h
'REESCRIBIR PARA RESISTIR'
'Reescribir para resistir' acompaña un grupo de rapaces nun obradoiro escénico no que crean un texto colectivo inspirado na obra e na ollada feminista de Begoña Caamaño. A proposta recolle o seu legado como autora que fixo da reescritura unha forma de xustiza narrativa para dar voz a quen quedara fóra da historia.
Galicia: 01:00 h
GMT: 23:00 h
Portugal: 00:00 h
EN XOGO: EN XOGO 805
Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
LUAR: LUAR 1484
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A TVG ofrece hoxe un programa especial de 'Luar' dedicado ás Letras Galegas, coas actuacións de Uxía, Malvela e Cantigas e Agarimos. Tamén pasarán polo escenario Festicultores, Virgina Cruz, Samuel Soto, Os da Taberna e Kike Varela e Álvaro Puga.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 28
Serie.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h