Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 413
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Metidos de cheo nas festas da Ascensión en Compostela, ‘O termómetro' fala tamén do síndrome do impostor, dunha oferta de vivenda para camareiros e da suba de prezos da carne de porco e das atraccións das feiras.
Galicia: 09:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 08:00 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1185
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 16.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Portugal: 09:15 h
LABRANZA: LABRANZA 1770
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3408
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A autora Tamara Andrés conversa hoxe no 'ZigZag' sobre o seu novo libro ‘Eu son de aquí e de alá’.
Galicia: 11:15 h
GMT: 09:15 h
Portugal: 10:15 h
RESETÉAME: Begoña Caamaño
As pegadas de Begoña Caamaño, autora das Letras Galegas do 2026, son moi fondas nos barrios de Vigo. Alá vai Juan Meniño a lembrar a súa vida e obra. Hoxe achega unha ollada actual e próxima sobre Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano das Letras Galegas, achegando a súa figura a públicos de todas as idades mediante linguaxes audiovisuais contemporáneas.
Galicia: 11:40 h
GMT: 09:40 h
Portugal: 10:40 h
DIVINO TESOURO: Salomé Santamariña e David Amor
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. Os espectadores de ‘Divino tesouro' coñecerán hoxe unha veterinaria apaixonada do rural e o primeiro galego que fai historia no breakdance mundial
Galicia: 12:15 h
GMT: 10:15 h
Portugal: 11:15 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 119
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
Galicia: 13:00 h
GMT: 11:00 h
Portugal: 12:00 h
SOMOS ANIMAIS: Pepe e Mute
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. ‘Somos animais' enfróntase ao reto de coidar máis de 20 animais e de educar un galgo xordo. Hugo Cabaleiro e os expertos do programa amosan en casos reais como resolver situacións complexas coas mascotas.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 14:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
NO FOCO: NO FOCO 211
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 15:50 h
GMT: 13:50 h
Portugal: 14:50 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.05.2026
Galicia: 15:55 h
GMT: 13:55 h
Portugal: 14:55 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 3
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. A pianista galega Isabel Dobarro, recoñecida co Latin Grammy 2025 ao mellor álbum de música clásica, visita o estudio de 'Tarde Piaches'.
Galicia: 19:50 h
GMT: 17:50 h
Portugal: 18:50 h
SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: Narón
Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas. Neste primeiro programa, Víctor e Anita irán á localidade de Narón na procura dos seus segredos máis agochados.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 3
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O rescate dun gato e un control de alcolemia, entre as intervencións da policía local ás que asistirá hoxe Código 092’ en Lugo e Vilagarcía de Arousa.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 16.05.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:50 h
GMT: 19:50 h
Portugal: 20:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 16.05.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 12
Chegan as semifinais de ‘Bailamos anónimos’ e dos doce concursantes iniciais, xa só quedan seis competindo. A estas alturas, para conquistar o xurado, os rapaces bailan individualmente os temas que eles mesmos escollen e dano todo na pista. Entre os aspirantes hai risas, choros e visitas de improviso; xorden sobresaltos e prodúcense dramas que ninguén imaxina. Do espectáculo encárgase Nova Galega de Danza, a compañía que dirixe Jaime Pablo Díaz, que ofrece varias actuacións. Os seis semifinalistas de 'Bailamos' loitan hoxe polo pase á gran final. As fortes emocións serán protagonistas nunha gala que abrirá a compañía Nova Galega de Danza e en que os concursantes eliminados tamén terán un papel destacado.
Galicia: 00:10 h
GMT: 22:10 h
Portugal: 23:10 h
CONCERTO DO XXV ANIVERSARIO DE SONDESEU
Ao longo do último cuarto de século, a orquestra folk SonDeSeu contribuíu de forma decisiva á dignificación e proxección internacional da música tradicional galega, levándoa a escenarios de toda Europa. Para conmemorar este aniversario, prepararon unha cita musical única, un encontro que reunirá sobre un mesmo escenario algunhas das voces e artistas máis representativos da música galega actual, entre eles Abraham Cupeiro, Tanxugueiras, Xabier Díaz e Rodrigo Romaní.
Galicia: 01:35 h
GMT: 23:35 h
Portugal: 00:35 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: LEMBRANDO A GALICIA XIII 1431
Galicia: 01:50 h
GMT: 23:50 h
Portugal: 00:50 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: TRADICIÓNS
Galicia: 02:20 h
GMT: 00:20 h
Portugal: 01:20 h
MEUS
Familias clásicas, monopanterais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus"
Galicia: 03:25 h
GMT: 01:25 h
Portugal: 02:25 h
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE 1
A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Despois de coñecer Navantia, o programa visita os bombeiros da Coruña e un salón de peiteado en Vigo. En Santiago asistirá a unha clase de karate cun coñecido hostaleiro da cidade.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 25
Serie. Matou Sofía Salgado o seu primeiro marido? Nesta nova entrega da serie 'Pazo de Familia', a investigación policial á que agora é a muller de Emilio saca á luz novos datos sobre o seu pasado, tan novos que o propio Emilio se cuestiona se realmente a coñece.
Galicia: 04:40 h
GMT: 02:40 h
Portugal: 03:40 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 19
Serie. Emilio solicita o financiamento do holding para o seu proxecto do balneario. Sabe que os negocios non pasan polo seu mellor momento, pero non imaxina ata que punto están afundidas as contas que agora controlan Sofía e Mónica.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 26
Serie. Nino saca o seu lado máis escuro e violento distanciándose dos Cabanas e de Rita, sumida nunha atracción por Pablo que semella ser mutua, igual que a que rexorde entre Emilio e Iria tras moitos anos de traballo compartido.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 20
Serie. No mundo salvaxe dos negocios de 'Pazo de Familia', os lobos ouvean por recuperar o territorio perdido. En capítulos anteriores, Sofía demostrou aguante e intelixencia, pero con César afiando os dentes na sombra e agora con Carlos de volta no holding empresarial, a muller non sabe en quen pode confiar; nin sequera Mónica está xa da súa parte.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 27
Serie.