div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 15.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 15.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 80

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 130

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira centrada no “core” e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios, falan de cousas que lle gustan a todo o mundo menos a eles e tamén do pelo.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 414

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' asistirá este venres en directo á Festa da Lingua Galega de Caldas de Reis e aos preparativos da Festa do Salmón da Estrada.

Galicia: 13:45 h

GMT: 11:45 h

Portugal: 12:45 h

MIRA TI: MIRA TI 31

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 15.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 15.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.05.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 800

Acaba a nosa particular semana, polo que nos temos que despedir do grupo de concursantes formado por Pablo, de Vilagarcía de Arousa; Carmiña, de Santa Comba; Óscar, de Ourense; Fini, de Marín, e Gonzalo, de Vigo. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de facerse co bote, que acumula ao inicio do programa 30.400 euros.

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 5

No programa de hoxe coñecemos a Laura, Marcos e Chus, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto de Poio a Sanxenxo. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.

Galicia: 17:10 h

GMT: 15:10 h

Portugal: 16:10 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 5

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

Galicia: 17:50 h

GMT: 15:50 h

Portugal: 16:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1013

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:15 h

GMT: 18:15 h

Portugal: 19:15 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 5

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 15.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 15.05.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LUAR: LUAR 1484

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A TVG ofrece hoxe un programa especial de 'Luar' dedicado ás Letras Galegas, coas actuacións de Uxía, Malvela e Cantigas e Agarimos. Tamén pasarán polo escenario Festicultores, Virgina Cruz, Samuel Soto, Os da Taberna e Kike Varela e Álvaro Puga.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 22

Serie. Os espectadores verán que as intencións de Luís e Carlos de apartar a Sofía do holding son agora máis explícitas. Expertos na arte de manipular, os homes de palla de César Pardo intentarán que a propia Mónica se una a eles nos seus plans.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 23

Serie. O gran segredo, agora desvelado, marcará un antes e un despois non só para Nino, resolto a vingarse de César por privalo da compaña da súa nai, senón tamén para Rita e para o resto da familia Pardo Veiga.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA II 24

Serie. Xa recoñecido como fillo lexítimo por César, Nino pasa da cociña do servizo á mesa principal dos Pardo Veiga. Mentres tanto, a policía písalle os talóns a Sofía Salgado pola desaparición do sarxento Bascuas. No holding, a muller está contra as cordas polo afán de poder de Carlos e Luís, quen ademais a ameaza con contarlle a Emilio a súa infidelidade.

div-crtvg-top2

Publicidade