div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 128

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con pelota e esteira centrada na mobilidade. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e, ademais, comentan a “vía ferrata” á que os levou Anxo e tamén falan dos televidentes doutras comunidades que ven ‘Pulso Activo’.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

O AGRO: O AGRO 13.05.2026

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 412

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

Galicia: 13:45 h

GMT: 11:45 h

Portugal: 12:45 h

MIRA TI: MIRA TI 29

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.05.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 798

Terceiro día no programa para Gonzalo de Vigo, Óscar de Ourense, Fini de Marín, Pablo de Vilagarcía de Arousa e Carmiña de Santa Comba. O obxectivo de todos é chegaren ao "Minuto final", pois é aquí onde se reparten os cartos. Cada pregunta acertada nesta fase ten un valor de 100 euros, pero se o concursante as responde todas correctamente gaña o bote, que hoxe está xa nos 30 000 euros.

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS: TAXI QUIZ: PAGAS... OU COBRAS 3

No programa de hoxe coñecemos a Óscar, Roberto e Tura, tres participantes que se enfrontan ao concurso durante o traxecto desde Noia ata unha finca do concello veciño. Ao longo da viaxe, xorden historias, revelacións e instantes de tensión que permiten coñecer mellor os participantes, cada un coa súa propia maneira de vivir a aventura. As súas reaccións e decisións van debuxando un percorrido cheo de imprevistos e boas doses de entretemento ata chegar ao destino.

Galicia: 17:10 h

GMT: 15:10 h

Portugal: 16:10 h

MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA: MIRA TI QUE BEN. IMOS DE VODA (MELLOR Á GALEGA) 3

Proposta de entretemento fresca, divertida e chea de personalidade en que o dúo humorístico Todo Mal se mergulla nas vodas máis emocionantes, sorprendentes e inesquecibles do programa ‘Casamos!’.

Galicia: 17:50 h

GMT: 15:50 h

Portugal: 16:50 h

HORA GALEGA XIV: HORA GALEGA XIV 1011

Galicia: 20:15 h

GMT: 18:15 h

Portugal: 19:15 h

OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO: OS MELLORES A VOLTAS CO PRATO 3

Os mellores momentos do espazo de cociña presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.05.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 99

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

O AMOR ESTA EN GALICIA III: O AMOR ESTA EN GALICIA III 29

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

O AMOR ESTA EN GALICIA III: COMBARRO. MARTA E NACHO, MARÍA E JOAQUÍN

Marta coñece a Nacho nunha cita a cegas marcada polo carácter, a confianza, a fidelidade e a espiritualidade. Por outra banda, María volve ao programa e atópase con Joaquín, nun encontro no que as segundas oportunidades, a convivencia, o baile, os animais e un pasado viral cheo de fantasías sexuais poñerán a proba a súa compatibilidade.

Galicia: 23:20 h

GMT: 21:20 h

Portugal: 22:20 h

O AMOR ESTA EN GALICIA III: O AMOR ESTA EN GALICIA III 30

Galicia: 23:50 h

GMT: 21:50 h

Portugal: 22:50 h

COMO GALEGOS: Daniela, Maki e Katie

Galicia: 00:45 h

GMT: 22:45 h

Portugal: 23:45 h

ÁLBUM DE VIAXE: Familia Estévez Amoeiro

Programa que mestura reallity e concurso, en que a presentadora Melania Cruz sorprenderá unha familia galega cunha viaxe chea de retos, diversión e emoción, en que deberán aproveitar cada paso para conseguir o premio final. Hoxe, a familia participante será Estévez Amoeiro, composta por cinco membros, que viaxarán dende Ourense ata a Mariña lucense nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 10

César ten claro que o anuncio da voda entre o seu fillo e a rival empresarial coa que non tivo máis remedio que asociarse responde só aos ambiciosos intereses da muller. Mónica, desfeita porque cando por fin atopa en Nino un amor verdadeiro este agarda un fillo de Rita, tamén comeza a sospeitar de Sofía nese aspecto.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 11

Con Claudia terriblemente afectada porque o seu traballo causara unha morte, serán Daniel e o propio Emilio os que tiren do fío na investigación xornalística ata dar co xefe da trama dos medicamentos adulterados. Mentres tanto, Leonor encárgalle ao padre Dimas que pida a México o certificado de bautismo de Sofía Salgado, necesario para a celebración da voda con Emilio. Non imaxina que esa simple procura a levará a saber algo máis sobre quen é en realidade a súa futura nora.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 12

A que vai casar si ou si é Marisiña. Que Tomaso non saiba nada sobre que el é o noivo parece ser o de menos. A serventa dos Pardo Veiga consegue enganalo para acudir xuntos aos cursos prematrimoniais do padre Dimas, aínda que non ten cartos para o vestido porque o empresario para o que fixeron o catering resulta ser un moroso e Sara non pode devolverlle o préstamo. As vodas semellan xerar máis tensións que alegrías na mansión dos Pardo Veiga. A de Nino e Rita, que agardan un fillo, enche de ciumes a Mónica. A muller non permitirá que ningunha circunstancia a distancie do home do que di estar namorada, aínda que teña que facer que corra o sangue para conseguilo.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 13

Tras atopar os billetes de avión a Leningrado no libro de poesía que lle regalou César, Claudia investiga en segredo a relación do seu avó co contrabando de medicamentos. De xeito paralelo faino Daniel, que, tamén para desgusto de Emilio, estreita o cerco e cada vez máis apunta como responsable a alguén de dentro da empresa familiar. Por outro lado, o doutor Baltasar quere con Sara algo máis ca unha relación médico-paciente, pero o que si que precisa dun médico é Cosme. Aínda que intenta ocultalo, desde hai un tempo tose sangue e comeza a preocupar a dona Leonor. Mentres, Sara está preocupada polo que poida facer Rita. Aínda que non o pode demostrar, a moza está segura de que perdeu o neno por culpa de Mónica e só desexa verse cara a cara con ela.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3406

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA 14

Para salvar o resto da familia da vinganza de Sofía Salgado, o director de “O Universal” investiga a caída do pai de Sofía, coa esperanza de poder absolver a César cando menos nese outro asunto. Mentres tanto, alguén está a extorsionar a Mónica. Sen Nino para coidar dela, a muller vese nunha rúa sen saída. O chofer dos Pardo Veiga está por fin a vivir uns días de felicidade xunto a Rita. O maior dos seus problemas agora é intentar que os señores lles concedan un adianto do soldo e uns días libres para poder marchar de lúa de mel. Pola súa parte, tras bicar a Emilio, Sara non sabe onde meterse con tal de non cruzarse con el, pero chega o momento en que ambos os dous teñen que afrontar os seus sentimentos e falar do acontecido.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 13.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade