div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe entrevistas con Roberto García, de Unións Agrarias, e Daniel Gómez, inspector da UCRIF da Coruña.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 77

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 125

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con esteira centrada no “core” e na zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios. Tamén falan de cales son os ingredientes que máis detestan, ademais de comentar algúns nomes graciosos de persoas.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 409

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.05.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 795

Quinto e último día no que participa a tripulación de concursantes formada por Nieves, de Marín; Anxo, de Nigrán; Natalia, de Neda; Javier, de Ourense, e José, da Coruña. O bote alcanzou a cifra de 29.100 euros e para levalo hai que chegar ao 'Minuto final' e acertar as cinco preguntas que formule Rodrigo Vázquez.

Galicia: 16:30 h

GMT: 14:30 h

Portugal: 15:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1333

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:25 h

GMT: 17:25 h

Portugal: 18:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1008

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.05.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LUAR: LUAR 1483

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Tennessee, Pili Pampín e o violinista Paco Montalvo lideran o elenco de 'Luar' nunha edición dedicada aos coleccionistas. O espazo gozará tamén coas propostas musicais de Capitán Sabrosura coa Fanfarria Furruxa, a Orquesta Capitol e Os Xograres de Lemos, amais do humor de Todo Mal e Patricia Vázquez.

Galicia: 00:25 h

GMT: 22:25 h

Portugal: 23:25 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 6

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.

Galicia: 01:45 h

GMT: 23:45 h

Portugal: 00:45 h

IMOS DE FEIRA: IMOS DE FEIRA II 12

Programa no que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes.

Galicia: 02:50 h

GMT: 00:50 h

Portugal: 01:50 h

NO BICO UN CANTAR: Quen puidera namorala

¿Coñecen o tema "Quen poidera namorala"? Saben quen o compuxo? É un tema de amor quizais?- parece evidente, a que sí?.A letra da canción é un poema dun dos grandes escritores en lingua galega de tódolos tempos: Álvaro Cunqueiro. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

Galicia: 03:25 h

GMT: 01:25 h

Portugal: 02:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3402

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O artista vigués Alberto Ardid falará da súa exposición ‘Hai un lugar’ nunha edición de 'ZigZag' que celebra o 50 aniversario de ‘Con pólvora e magnolias’, o mítico poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Galicia: 03:55 h

GMT: 01:55 h

Portugal: 02:55 h

LIBRO DE FAMILIA

Pepe e Carmiña, por un lado, e don Venancio e Elvira, polo outro, preparan senllos actos de benvida. Coñecendo as dúas parellas, poucos dirían que por unha vez se van pór de acordo nas súas ideas. O regreso de Freire pode supor para Manuel o apoio necesario para evitar que Marcos se convirta en acredor da empresa.

Galicia: 04:50 h

GMT: 02:50 h

Portugal: 03:50 h

LIBRO DE FAMILIA

Marcos e Manuel conclúen que o home que os denunciou por non contratar a Álvaro é o mesmo que, facéndose pasar por un familiar do enfermo, lles impide saber da súa saúde. Pero, dalgún xeito, as noticias acabarán por chegar. Mentres tanto, os días de Laura son o máis semellante a un pesadelo. O alcol é un refuxio para esquecer por uns intres a realidade, mais a imaxe de Telmo volve cada vez con máis forza. Pero Laura conta co apoio de Óscar e de Tomás e, por vez primeira desde que foi abandonada, mesmo pode albergar espazo para un novo amor. A que tamén se queixa da realidade é María, que, tras unha forte discusión co seu home, confésalle á súa nai que bota de menos a Óscar.

Galicia: 05:55 h

GMT: 03:55 h

Portugal: 04:55 h

LIBRO DE FAMILIA

Alguén moi cercano a María decátase dun grande segredo: Óscar pode ser o pai do neno que agarda a rapaza. Precisamente por mor de ocultar algo, neste caso que Pepe é calvo e usa perruca, o home verase nun malentendido que pode acabar coa súa saúde, xa que, ilusionado por que lle medre o cabelo, toma unha beberaxe que en realidade é para a medra doutra cousa.

div-crtvg-top2

Publicidade