div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.05.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.05.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 76

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 124

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con halteres e esteira centrada no cardio e na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios. Tamén falan da comida que compartiron na casa de Raquel e comentan cales son os pratos e doces típicos dos seus lugares de orixe.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 408

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Pendente das novas sobre o gromo do hantavirus, ‘O termómetro' coñece hoxe o mellor bocadillo de Galicia e fala do elevado prezo do ouro e da disfunción eréctil.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.05.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.05.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.05.2026

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 794

Natalia, de Neda; José, da Coruña; Nieves, de Marín; Anxo, de Nigrán, e Javier, de Ourense, son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para loitar polo bote, que está xa nos 29.000 euros.

Galicia: 16:25 h

GMT: 14:25 h

Portugal: 15:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1332

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1007

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.05.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 96

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A diversión de ‘A túa cara fáiseme coñecida’ regresa hoxe ao programa, coa participación dunha coñecida presentadora como xurado.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

SOMOS ANIMAIS: Rajhnia e Kaiser

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. 'Somos animais' terá que empregarse a fondo hoxe cunha potra brava que non se deixa montar. Tampouco será doada a intervención cun pastor alemán moi reactivo coas persoas e con outros cans, e que non dubida en atacar ante calquera imprevisto.

Galicia: 23:35 h

GMT: 21:35 h

Portugal: 22:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

O porco celta. A moriña de verdade.

Galicia: 00:35 h

GMT: 22:35 h

Portugal: 23:35 h

ONDE VAI A XENTE: O club da calceta de Compostela

Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

GALICIA BONITA: Vilagarcía de Arousa

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo enfróntase hoxe en Vilagarcía de Arousa ao reto maiúsculo de finalizar unha reforma en catro días. A teima de dúas consogras coa parede medianeira porá a proba a paciencia do propietario.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Marcos e Manuel conclúen que o home que os denunciou por non contratar a Álvaro é o mesmo que, facéndose pasar por un familiar do enfermo, lles impide saber da súa saúde. Pero, dalgún xeito, as noticias acabarán por chegar. Mentres tanto, os días de Laura son o máis semellante a un pesadelo. O alcol é un refuxio para esquecer por uns intres a realidade, mais a imaxe de Telmo volve cada vez con máis forza. Pero Laura conta co apoio de Óscar e de Tomás e, por vez primeira desde que foi abandonada, mesmo pode albergar espazo para un novo amor. A que tamén se queixa da realidade é María, que, tras unha forte discusión co seu home, confésalle á súa nai que bota de menos a Óscar.

Galicia: 02:20 h

GMT: 00:20 h

Portugal: 01:20 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3401

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Integrantes da orquestra folk SonDeSeu visitan o estudio de ‘Zigzag’ para falar do gran concerto co que celebrarán o seu 25 aniversario.

Galicia: 02:45 h

GMT: 00:45 h

Portugal: 01:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Instinto maternal

Tras o susto sufrido, María garda repouso. Todos se afanan en coidala o mellor posible e recibe varias visitas na casa, entre elas a de Lupe, que sente curiosidade por saber quen é verdadeiramente o pai do neno.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Alguén moi cercano a María decátase dun grande segredo: Óscar pode ser o pai do neno que agarda a rapaza. Precisamente por mor de ocultar algo, neste caso que Pepe é calvo e usa perruca, o home verase nun malentendido que pode acabar coa súa saúde, xa que, ilusionado por que lle medre o cabelo, toma unha beberaxe que en realidade é para a medra doutra cousa.

Galicia: 03:50 h

GMT: 01:50 h

Portugal: 02:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Loito pechado

Deli quere postergar o seu loito e, cando sabe da enfermidade do seu home, saca forzas de fraqueza para non vestir de viúva por adiantado. O de Laura, despois de que Telmo a abandone, está tinguido dunha carraxe que a volverá irrecoñecible. E, finalmente, está o loito de Pepe, sentido e pechado polos porcos mortos no sinistro, que será aproveitado pola ansia lucrativa do cura e de Elvira. Porén, onde el ve 'restos mortais', Carmiña só distingue lacóns e soás.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Dispendio

Unha misteriosa chamada. Un suposto socio de Ramón Balseiro. Unha trampa tendida a Lupe que podería mudar o rumbo dos acontecementos... A sombra da dúbida cae en Santalla e Vilariz, onde se multiplican as preguntas que terán resposta no novo capítulo de 'Libro de Familia'. Poderá María seguir simulando coa súa nai que non ocorreu nada con Óscar, que o fillo que agarda non pode ser del? Que faría Marcos se o chegase a saber? Que fará Laura, que comezaba a sobrepoñerse ao abandono de Telmo, cando reciba unha carta súa desde París? Poderán Manuel e Tomás contar co apoio do novo socio agora que a Cárnicas Santalla lle xorde como competencia unha granxa grande?

Galicia: 04:45 h

GMT: 02:45 h

Portugal: 03:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Nais postizas

Para Cárnicas Santalla a imposibilidade de cobrar un peso do seguro pode ser nada en comparación cos ataques que está a argallar Ramón desde a sombra. Pola súa parte, Laura, ao límite dos nervios, semella non poder levantar cabeza tras o abandono de Telmo e Óscar non renuncia a María a pesar de telo todo en contra.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Voto de silencio

Carmiña fixo voto de silencio, xa que, para non ter que oíla, Cosme ofreceulle 1.000 pesetas por pasar un día calada. Coñecéndoa, todos pensan que non o ha conseguir, pero o que non se lles pasa pola cabeza é que, aínda muda, Carmiña pode argallar un plan para saírse coa súa. Por razóns moito máis serias, tampouco Lupe pode dicir palabra do que lle aconteceu. A ameaza de Ramón de acusala como cómplice fará que teña que mentir e actuar contra a súa vontade.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Cousas enxebres

As parellas formadas por Carmiña e Pepe e polo cura e a beata Elvira intentarán responder a pregunta: 'que ten Santalla de especial?'. O obxectivo é gañar un concurso en que mesmo o vello Cosme, que afirma que a vila non ten nada de particular, se verá envolto e poderá saír magoado. Especial é tamén a relación de María con Óscar. Incluso Sara comezará a percibir que o distanciamento da súa filla co home pode obedecer a algo que ela descoñece. Aínda que, para descoñecida, está Laura. A muller, resentida polo abandono de Telmo, resulta tan ferinte que María e máis Sara non a aturan máis e tomarán unha decisión drástica.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Crise de castidade

A pesar dos sermóns de don Venancio, os instintos máis baixos dos homes están a ferver en Santalla. Para calmalos, Pepe cre poder escoller: Carmiña, Elvira ou, se cadra, as dúas á vez? Pola súa parte, as ansias de posesión de Marcos non rematan cando leva pola forza a súa muller a Vilariz. Cando semella que María non ten escapatoria posible, comeza a xurdir a complicidade coa súa sogra, Laura, que intúe algo do que acontece con Óscar. Mentres tanto, Tomás está decidido a venderlle a súa participación en Cárnicas Santalla a Marcos. Manuel, que non se perdoa que non lle parase os pés ao seu xenro na súa propia casa, non atopa consolo tampouco no traballo.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade