div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 00:45 h

GMT: 22:45 h

Portugal: 23:45 h

MEUS

Familias clásicas, monopanterais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus"

Galicia: 01:50 h

GMT: 23:50 h

Portugal: 00:50 h

GALICIA BONITA: Culleredo

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' proxecta en Culleredo o remate dunha pequena vivenda a medio arranxar. O propietario, fotógrafo e piloto de drons, promete darlle ao equipo do programa unha semana do máis entretida.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: A colecta para a vellez

O anuncio de que Daniel vai marchar de Santalla deixa aos socios da granxa preocupados pola situación do negocio. Son moitas as dúbidas que xurden tras a decisión do axente agrario, quen falará agora cos outros socios? E por que ten tanta présa Daniel en marchar? Freire, Tomás e Manuel non poderán nin imaxinar o que se atopa agochado nesta decisión.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha proba de afecto

Tras a marcha de Daniel cos cartos da granxa, os homes están abatidos. Non poden entender como foron enganados desa maneira e non o viron antes. Antes esta situación, Marcos propón entrar no negocio, idea que os homes ven con bos ollos.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Xogo de máscaras

Os homes pasan a noite en vela intentando atopar unha explicación á actitude de Daniel. Non poden crer como foron enganados dese xeito e, o que é peor, que Balseiro siga vivo. Séntense estafados e con medo sabendo que Ramón campa aínda ás súas anchas por Santalla.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Aparecidos

Todos na vila están abraidos coa nova de que Ramón segue vivo, ninguén o pode crer. Carmiña ten a súa propia teoría ao respecto: Balseiro está morto, e o que están a ver é o seu espírito. A criada ten pesadelos con aparicións do mais aló. Elvira parece ser a única que a cre, tanto que lle pide que a poña en contacto cos seus finados.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3398

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A escritora Lorena Soto falará en 'ZigZag' do seu regreso á poesía coa obra ‘Exuvia e saliva’, Premio da Crítica 2025.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Historia dunha bicicleta

María recibe a carta en que Óscar solicita o seu traslado. Sen embargo, ocúltallo ao profesor. Aínda non sabe como reaccionar ante esta nova. Tras varias confusións o mozo acaba por confesar á directora os seus verdaderos sentimentos cara a ela. María non sabe como tomalo, séntese confusa.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 04.05.2026

div-crtvg-top2

Publicidade