div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.05.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LUAR: LUAR 1482

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O dúo K-Narias e o rapeiro vigués Dirty Suc actúan no primeiro 'Luar' do mes de maio, dedicado ao Día da Nai. Polo escenario tamén pasarán a orquestra Acordes, a charanga tradicional galega Sete Aldeas e os membros do xurado de ‘Recantos’, que comeza hoxe a quinta fase do concurso.

Galicia: 00:30 h

GMT: 22:30 h

Portugal: 23:30 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 5

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. A presentadora Tania Llasera e o actor Marcos Pereiro falan de ligoteo, sexo e autoestima, hoxe en 'Malas pécoras'. Coñeceranse técnicas para manter viva a chama, relacións duradeiras e aprender a soltar cando o amor remata, e abordaranse as terapias de parella coa psicóloga Alba Álvarez.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

IMOS DE FEIRA: IMOS DE FEIRA II

Programa no que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. Os presentadores percorrerán hoxe Maceda para buscar aspirantes que loiten por conseguir ata 300 euros no día de feira.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Intermediarios

Parece que todo vai vento en popa na granxa; rematadas as obras, chega un novo camión de porcas, algunhas delas preñadas. Saen tamén á venda os primeiros embutidos da empresa, pero a un prezo prohibitivo.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

NO BICO UN CANTAR: Quen puidera namorala

¿Coñecen o tema "Quen poidera namorala"? Saben quen o compuxo? É un tema de amor quizais?- parece evidente, a que sí?.A letra da canción é un poema dun dos grandes escritores en lingua galega de tódolos tempos: Álvaro Cunqueiro. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Soas e mal acompañadas

Os problemas acumúlanse en torno á granxa. Manuel e Freire sacan vellas rencillas por culpa da desconfianza de Manuel. Manuel séntese desprazado e pensa en deixar a sociedade.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3397

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O director Ángel Santos visita este sábado, xunto ao actor Denis Gomez, o estudio de ‘Zigzag’ para falar da súa película ‘Así chegou a noite’.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Taberneiras ben levadas

Manuel séguelle dando voltas á idea de deixar a granxa, Freire intenta falar con el para reconducir a situación, pero, en cambio, Tomás é moito máis duro e pensa que é o mellor para a sociedade. Sara e Deli tamén están preocupadas pola situación dos seus homes e intentan mediar.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Voces descoñecidas

Na casa dos Cabanas Cosme reciben a chamada de Elías, ten que voltar a Santalla para amañar uns papeis. Cosme decide gardalo en segredo e prepararlle unha sorpresa a Carmiña, pero esta está cada vez máis preto de Pepe, co que comparte tempo e risas.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Regalos de Suíza

Despois da malleira que Álvaro lle propina a Daniel, Lupe desconfía de que este traballe ás ordes de Balseiro. A sombra de Ramón segue a percorrer Santalla, aínda que todos o dean por morto.

div-crtvg-top2

Publicidade