div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 30.04.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 30.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 73

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 119

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión de mobilidade e forza con “kettlebell” e esteira. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e, ademais, falan das molestias que aparecen na vida cotiá.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 403

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas do Día da Nai, ‘O termómetro' visita unha florería e estará moi atento ás novidades do caso Aldama e aos efectos do mal tempo en Galicia.

Galicia: 13:45 h

GMT: 11:45 h

Portugal: 12:45 h

MIRA TI: MIRA TI 31

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 30.04.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 30.04.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 30.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 30.04.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 789

José, de Valdoviño; Belén, de Culleredo; Natalia, de Moeche; Ángel, da Coruña, e Begoña, de Salvaterra de Miño, teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao 'Minuto final' e contestar a cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 28.200 euros.

Galicia: 16:30 h

GMT: 14:30 h

Portugal: 15:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1327

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:25 h

GMT: 17:25 h

Portugal: 18:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 1003

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 30.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 30.04.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 92

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A familia e as pantuflas, dous temas que se tratarán con humor, hoxe no programa.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: Reencontro extraordinario

A familia da Liga agasállanos cun evento moi especial, un reencontro por todo o alto no que se dan cita extraordinarios das sete edicións do concurso. Unha noite moi especial, conducida por María Mera, na que o obxectivo é claro: buscar a mellor interpretación da historia do programa. Alba Navarro, David Seara, Alejandra Pais, Daniel Gigirey. Yamohe, Diego Barbazán, Laura Añón e Yordanys son os protagonistas principais desta velada. Todos eles interpretan no escenario cancións míticas da historia da Liga agardando poder conquistar como ao xurado. Conducido por María Mera, ‘A liga dos cantantes extraordinarios' celebra hoxe un reencontro histórico para escoller a mellor interpretación de todas as edicións. Concursantes icónicos das sete temporadas regresan ao escenario da TVG nunha noite cargada de emoción, con actuacións especiais, duómetro e estreas musicais propias.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

SOMOS ANIMAIS: "RAJHNIA E KAISER"

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.

Galicia: 23:35 h

GMT: 21:35 h

Portugal: 22:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

O porco celta. A moriña de verdade.

Galicia: 01:05 h

GMT: 23:05 h

Portugal: 00:05 h

ONDE VAI A XENTE: Embarcacións tradicionais

Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.

Galicia: 01:20 h

GMT: 23:20 h

Portugal: 00:20 h

GALICIA BONITA: Ponteareas

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atópase hoxe cun muro difícil de derribar na reforma dunha vivenda en Ponteareas. O equipo liderado por Rosa Facal atoparase cunha casa pechada nun espazo moi estreito e o seu obxectivo será mellorar a sensación de diafanidade.

Galicia: 01:55 h

GMT: 23:55 h

Portugal: 00:55 h

GALICIA BONITA: Friol

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Catro faltas

Cando Óscar atopa a pluma do seu pai empeza a sospeitar, pero Lupe disuádeo con evasivas e excusas e informa rapidamente das sospeitas a Daniel. Estalle facendo creer que está tola, pero o que se ve, a visita de Ramón, sácaa de toda dúbida, e proporciónalle certas novas que non a deixan nin contenta nin conforme.

Galicia: 03:05 h

GMT: 01:05 h

Portugal: 02:05 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3396

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Bailes de salón

Lupe pídelle contas a Daniel da aparición de Ramón e do desenvolvemento do seu investimento, agora que as circunstancias cambiaron. Entre isto e a teima da granxa de coñecer os investidores, Daniel está moi nervioso. Máis despois da visita de Ramón e da chamada de Álvaro.

Galicia: 03:35 h

GMT: 01:35 h

Portugal: 02:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Por poderes

Logo de atopar por sorpresa a María na casa de Óscar pola noite, a tensión entre María e Pili increméntase. Isto acentuado por unha conversa que, por erro, Pili escoita entre Óscar e María. Créase unha situación de confusión, na que Óscar tomará unha decisión abraiante.

Galicia: 04:40 h

GMT: 02:40 h

Portugal: 03:40 h

LIBRO DE FAMILIA: La donna é móbile

Elvira atópase moi preocupada polo seu aspecto físico, parécelle que envelleceu moito, e está disposta a facer un cambio. Pero o que ocorre máis que un cambio é un milagre. Milagre que é ben acollido por todos menos por Carmiña.

Galicia: 04:55 h

GMT: 02:55 h

Portugal: 03:55 h

LIBRO DE FAMILIA: Bolboretas no estómago

Deli está encantadísima con Freire logo do espectáculo do concurso de baile, tanto que parece esquecer todo o referente a Manuel é a situación tirante entre eles desaparece.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Misa cantada

Manuel ten pesadelos coa escena que viu entre Álvaro e Daniel, algo o ten preocupado e o alerta, todo o que pasou máis o que viu dalle mala espiña. Vai onde Tomás a contarlle todo o que lle preocupa e as súas impresións, pero Tomás lonxe de preocuparse intenta convencelo de que está sendo esaxerado e desconfiado de máis.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Eu tamén quero

Deli decide enfriar un pouco a situación creada con Manuel non indo a traballar á granxa, cousa que tamén lle agrada a Cosme que estaba ao tanto da situación.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 30.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade