Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 70
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 114
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión centrada no traballo de “core” e mobilidade con paus. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as súas experiencias no fisioterapeuta e tamén falan do compoñente social que ten facer exercicio.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 398
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A moción de censura en Lugo, a suba de prezos das vacacións de verán e os funerais ‘low cost’, entre outros contidos, a análise hoxe en ‘O termómetro'.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.04.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.04.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.04.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 784
O bote do programa está xa nos 26.900 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el os nosos cinco concursantes: Tania, de Narón; Pablo, de Lugo; Tino, de Santiago de Compostela; Blanca, de Cabanas, e José, de Ourense. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'minuto final'. O bote do programa está xa nos 26.900 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el os nosos cinco concursantes: Tania, de Narón; Pablo, de Lugo; Tino, de Santiago de Compostela; Blanca, de Cabanas, e José, de Ourense. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'minuto final'.
Galicia: 16:35 h
GMT: 14:35 h
Portugal: 15:35 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1322
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 19:20 h
GMT: 17:20 h
Portugal: 18:20 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 998
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:30 h
GMT: 19:30 h
Portugal: 20:30 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.04.2026
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 88
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Música e venda ambulante, nas propostas de hoxe do programa.
Galicia: 22:35 h
GMT: 20:35 h
Portugal: 21:35 h
SOMOS ANIMAIS: 'Djebel e Dama'
Nesta ocasión Hugo vai ter un dos casos máis impresionantes da súa vida, o do dálmata Djebel, un can de asistencia que foi adestrado para previr os ataques de diabetes do seu dono e salvarlle a vida. Mentres tanto, Jorge vainos presentar a Dama, unha cadela moi particular que só pensa en traballar e alindar as vacas, polo que ignora o seu dono por completo. Os expertos de 'Somos animais' traballan hoxe cunha cadela de asistencia que se leva mal cos nenos. O programa tamén se enfrontará ao caso doutra cadela dunha explotación gandeira que só pensa en traballar e ignora totalmente o seu dono.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
SOMOS ANIMAIS: "DJEBEL E DAMA"
Nesta ocasión Hugo vai ter un dos casos máis impresionantes da súa vida, o do dálmata Djebel, un can de asistencia que foi adestrado para previr os ataques de diabetes do seu dono e salvarlle a vida. Mentres tanto, Jorge vainos presentar a Dama, unha cadela moi particular que só pensa en traballar e alindar as vacas, polo que ignora o seu dono por completo.
Galicia: 23:30 h
GMT: 21:30 h
Portugal: 22:30 h
COLLIDOS NAS PATACAS
O pazo, máis que unha casa grande. A empanada, manxar galego.
Galicia: 00:40 h
GMT: 22:40 h
Portugal: 23:40 h
ONDE VAI A XENTE: Caza e pesca en Friol
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
GALICIA BONITA: Mañón
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' viaxa esta semana a Mañón para reformar unha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal obrigará a arquitecta Rosa Facal a ocuparse de tarefas que non estaban contempladas na súa listaxe.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Quen sería?
Serie. Santalla amence consternada tras a noticia do incendio da casa dos Lamela. Ninguén sabe de certo o que ocorreu e as especulacións dispáranse entre a veciñanza.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Unha esmola
Serie. A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan a moza, que non quere abandonar o seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Sorpresas e homenaxes
Ramón Balseiro converteuse xa no novo alcalde de Santalla, causando máis dun conflito no invernadoiro. O novo rexedor ten claro que co novo negocio dos pisos o invernadoiro non ten xa cabida no pobo, o que crea un enorme balbordo.
Galicia: 03:35 h
GMT: 01:35 h
Portugal: 02:35 h
LIBRO DE FAMILIA: Morada santa
Serie. Elvira e Milucho intentan buscar unha solución tras o revés económico que están pasando. Mentres, Milucho atopa unha pensión onde pasar a noite, Elvira segue na rúa. A pesar da testarudez desta, don Venancio e os demais veciños empeñaranse en axudala.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Mans á obra
Santalla atópase dividido entre aqueles que queren continuar co negocio do invernadoiro e os que ven nos novos plans inmobiliarios unha posibilidade de futuro para a vila.
Galicia: 04:45 h
GMT: 02:45 h
Portugal: 03:45 h
LIBRO DE FAMILIA: A criada do cura
Serie. Dona Elvira segue intentando encaixar nalgún traballo que lle proporcione a estabilidade económica que precisa. Desta vez será don Venancio quen lle ofreza ser a súa ama de chaves.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Pais e nais
O reloxo biolóxico de Carmiña semella terse espertado, aínda que Elías se nega rotundamente a casar. Para tranquilizar o enfado da súa noiva, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla lles deixou coidar do seu bebé recentemente nado.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
LIBRO DE FAMILIA: Pillabana
Serie. As cousas continúan máis tensas ca nunca en Santalla. Mentres Ramón Balseiro e Freire continúan cos seus negocios inmobiliarios, Manuel segue empeñado en facer funcionar o invernadoiro por riba de todo.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Gato escaldado
O negocio inmobiliario do novo alcalde semella ir como unha seda, polo que os operarios se ven na necesidade de comezar a desmontar o invernadoiro ante a incredulidade e o profundo enfado de Manuel.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h