Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
O AGRO: O AGRO 22.04.2026
Galicia: 10:55 h
GMT: 08:55 h
Portugal: 09:55 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 113
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con "step" e esteira centrada no traballo de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da cea na casa de Noemi co seu marido e as súas dúas fillas, do rico que estaba todo e do divertidos que eran os seus cans.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 397
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' segue a actualidade do xuízo do loteiro da Coruña e analiza a folga das gasolineiras na ponte de maio e a detención de dous furtivos reincidentes.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.04.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.04.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.04.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 783
Chegamos ao terceiro día da semana no 'Atrápame se podes' e temos a Pablo de Lugo, Tania de Narón, José de Ourense, Tino de Santiago de Compostela e Blanca de Cabanas como concursantes. Rodrigo Vázquez ten para eles moitas preguntas que deben responder correctamente se queren levar o bote, que está nos 26 700 euros.
Galicia: 16:30 h
GMT: 14:30 h
Portugal: 15:30 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1321
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 19:25 h
GMT: 17:25 h
Portugal: 18:25 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 997
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.04.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 87
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Expertos en vida rural e educación poñen a nota de humor nun ‘Land Rober + Show’ que hoxe conta coas colaboracións de Patricia Pérez e Marcos Pereiro.
Galicia: 22:40 h
GMT: 20:40 h
Portugal: 21:40 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Ribadavia: Sara e Paco, Bea e Paco
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Sara e Bea repiten experiencia no programa coa ilusión de atopar por fin a persoa axeitada. As súas citas serán, respectivamente, un hostaleiro e un funcionario, ambos os dous chamados Paco.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 23
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
Galicia: 23:10 h
GMT: 21:10 h
Portugal: 22:10 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Ribadavia: Abel e Gerardo, Natalia e Manu
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O extrovertido Abel coñecerá a Gerardo, un peiteador de forte personalidade. Pola súa parte, Natalia, que nunca tivo unha relación seria, probará sorte con Manu, un rapaz tranquilo decidido a construír algo estable.
Galicia: 23:15 h
GMT: 21:15 h
Portugal: 22:15 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 24
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
Galicia: 23:55 h
GMT: 21:55 h
Portugal: 22:55 h
AMOR NA REDE
Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.
Galicia: 00:50 h
GMT: 22:50 h
Portugal: 23:50 h
COMO GALEGOS: Celeste, James e Alicia
Galicia: 01:45 h
GMT: 23:45 h
Portugal: 00:45 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3389
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O director artístico do festival de música Resis, Hugo Gómez-Chao, visita un 'ZigZag' en que tamén se falará do novo disco de Rodrigo Cuevas.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
GALICIA BONITA: Barbadás
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. 'Galicia Bonita’ enfróntase esta noite a unha nova reforma na TVG, desta volta para recuperar a esencia tradicional dunha casa rehabilitada en Barbadás. As dificultades que atopará o equipo do programa virán pola dispersión dos propietarios do inmoble en canto ao traballo que hai que realizar.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
NO FOCO: NO FOCO 18.04.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 02:35 h
GMT: 00:35 h
Portugal: 01:35 h
LIBRO DE FAMILIA: Un cravo quita outro cravo
Serie. A decisión de Freire de deixar o invernadoiro provocará non só problemas na contorna laboral, onde os socios senten a súa marcha como unha traizón, senón tamén no terreo familiar, enfrontando a Sara e a Deli. Ramón Balseiro intenta aproveitar a amizade que une o seu fillo Óscar con María para investigar sobre as terras do invernadoiro, onde ten pensado construír coa axuda de Pedro. Doutra banda, don Venancio, Elías e Milucho temen polo benestar de dona Elvira.
Galicia: 02:45 h
GMT: 00:45 h
Portugal: 01:45 h
LIBRO DE FAMILIA: Pillabana
Serie. As cousas continúan máis tensas ca nunca en Santalla. Mentres Ramón Balseiro e Freire continúan cos seus negocios inmobiliarios, Manuel segue empeñado en facer funcionar o invernadoiro por riba de todo.
Galicia: 03:35 h
GMT: 01:35 h
Portugal: 02:35 h
LIBRO DE FAMILIA: O butaneiro
Serie. Santalla está en obras, polo que Elías se presta a levar no seu taxi as bombonas de butano para os veciños. Carmiña ve nisto unha posibilidade de negocio: e se Elías se convertese no novo butaneiro da vila? Por non variar, Elías servirase de artimañas para que o seu negocio sexa máis frutífero, aínda que Cosme e Venancio axexan para darlle o seu merecido escarmento. Elvira recibe unha carta de desafiuzamento. A beata está atravesando un terrible momento económico.
Galicia: 03:50 h
GMT: 01:50 h
Portugal: 02:50 h
LIBRO DE FAMILIA: Castos e puros
Serie.
Galicia: 04:45 h
GMT: 02:45 h
Portugal: 03:45 h
LIBRO DE FAMILIA: Quen rouba a un ladrón...
Serie. Santalla amence consternado tras o grave accidente de Pedro e Marcos. As consecuencias foron fatídicas e a aldea envórcase ante esta terrible noticia. Doutra banda, Elías decátase de que o alcalde viaxaba cun maletín cheo de cartos que puidera estar perdido no río. Xunto a Carmiña intentarán conseguir o botín. Laura, está desfeita pola terrible situación na que se atopa o seu fillo. María e Tomás serán o seu máximo apoio nestes duros momentos.
Galicia: 04:55 h
GMT: 02:55 h
Portugal: 03:55 h
LIBRO DE FAMILIA: Resaca
Serie.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
LIBRO DE FAMILIA: O prezo do perdón
Serie. Dona Laura baralla seriamente vender a súa casa de Santalla e irse a vivir a Vilariz. Balseiro móstrase interesado en comprar os terreos. Aínda que son moitos os veciños que aconsellarán á mestra non vender, ela está case decidida e reunirase con Ramón para negociar o asunto.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
LIBRO DE FAMILIA: Hoxe por ti, mañá por min
Serie. A volta a casa de Marcos revoluciona os Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h