div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.04.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

O AGRO: O AGRO 21.04.2026

Galicia: 10:55 h

GMT: 08:55 h

Portugal: 09:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 112

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con “kettlebell” centrada no traballo de forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da importancia da paciencia e da constancia no exercicio para conseguir resultados, así como das experiencias raras que lle pasaron no traballo.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 396

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' pon hoxe o foco no comezo da temporada da anguía e nas repercusións da guerra en Oriente Próximo sobre o sector nacional da lousa.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.04.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 21.04.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 21.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.04.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 782

José de Ourense, Tino de Santiago de Compostela, Blanca de Cabanas, Pablo de Lugo e Tania de Narón son os nosos concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que está nos 26 300 euros. Quen chegue ao "Minuto final" debe acertar as cinco preguntas para conseguilo; en caso contrario, tense que conformar con 100 euros por cada resposta correcta.

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1320

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:25 h

GMT: 17:25 h

Portugal: 18:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 996

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.04.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 86

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A maternidade e a colaboración humorística de Roi Méndez, ingredientes principais no ‘Land Rober+ Show’ desta noite.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

A GRANDE ESCOLLA: Patxi Salinas

O exfutbolista Patxi Salinas vén a Galicia na procura dun rabaño perfecto para a súa leira en Euskadi. Deberá elixir unha das tres propostas que lle ofrece Noelia Rey: ovella galega, cabra ou porco celta.

Galicia: 23:40 h

GMT: 21:40 h

Portugal: 22:40 h

TESOUROS NO FAIADO: TESOUROS NO FAIADO 2

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen.

Galicia: 00:45 h

GMT: 22:45 h

Portugal: 23:45 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 424

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

Galicia: 01:55 h

GMT: 23:55 h

Portugal: 00:55 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3388

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Quen rouba a un ladrón...

Serie. Santalla amence consternado tras o grave accidente de Pedro e Marcos. As consecuencias foron fatídicas e a aldea envórcase ante esta terrible noticia. Doutra banda, Elías decátase de que o alcalde viaxaba cun maletín cheo de cartos que puidera estar perdido no río. Xunto a Carmiña intentarán conseguir o botín. Laura, está desfeita pola terrible situación na que se atopa o seu fillo. María e Tomás serán o seu máximo apoio nestes duros momentos.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Primeiras flores

Serie. As primeiras flores do invernadoiro chegan a Santalla ante a ledicia das mulleres, que ven recompensado o seu esforzo e duro traballo cunha magnífica colleita. Axiña se corre a voz por toda a vila do esplendorosas que son as novas flores, cousa que a dona Elvira non lle gusta nada. Verde de envexa, intentará por todos os medios estragar as flores para facer quedar mal o traballo das súas paisanas. Sara e o resto de mulleres deciden doar parte da colleita á parroquia como xesto de agradecemento, do que Don Venancio -coa axuda de Elías- non dubidará en sacar proveito creando un negocio de adornos florais moi peculiar.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Hoxe por ti, mañá por min

Serie. A volta a casa de Marcos revoluciona os Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.

Galicia: 03:35 h

GMT: 01:35 h

Portugal: 02:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha nora exemplar

Serie. Dona Elvira irrompe na familia Cabanas ao ler por erro a correspondencia de Cosme, decatándose así da suculenta pensión que percibe. Cegada pola avaricia, decide achegarse ao maior do clan Cabanas quen, desconfiado, e vendo as intencións da beata, decide seguirlle o xogo e aproveitarse das intencións de Elvira provocando unha hilarante situación que todos contemplan pasmados: Cosme múdase a vivir con Elvira, quen o coida case como a un neno coa pretensión de sacar tallada.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha esmola

Serie. A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan a moza, que non quere abandonar o seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.

Galicia: 04:40 h

GMT: 02:40 h

Portugal: 03:40 h

LIBRO DE FAMILIA: A violeteira

Serie. Aínda que todos en Santalla admiran o traballo das mulleres no invernadoiro, parece que poucos se animan a comprar as flores. Carmiña ten unha aloucada idea para aumentar as vendas que vai revolucionar todo a vila: cantará no bar cada venres ao máis puro estilo de Sarita Montiel.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Morada santa

Serie. Elvira e Milucho intentan buscar unha solución tras o revés económico que están pasando. Mentres, Milucho atopa unha pensión onde pasar a noite, Elvira segue na rúa. A pesar da testarudez desta, don Venancio e os demais veciños empeñaranse en axudala.

Galicia: 05:45 h

GMT: 03:45 h

Portugal: 04:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Artista de tixola

Serie. Os socios do invernadoiro amencen cunha nefasta noticia: o almacén foi saqueado e alguén roubou a única proba que inculpaba a Celia e Pedro: o recibo. Ninguén dubida de que sexan o alcalde e o seu leal Álvaro os que se atopan detrás deste desastre. Dona Elvira recibe a inesperada visita da amante de Senén, mentres o achegamento entre Tomás e Laura fai reavivar chamas do pasado.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: A criada do cura

Serie. Dona Elvira segue intentando encaixar nalgún traballo que lle proporcione a estabilidade económica que precisa. Desta vez será don Venancio quen lle ofreza ser a súa ama de chaves.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 21.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade