div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 00:30 h

GMT: 22:30 h

Portugal: 23:30 h

MEUS

Familias clásicas, monopanterais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus".

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

GALICIA BONITA: Verín

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia. A súa propietaria acaba de recibir a vivenda, cunha leira e unha zona de lecer absolutamente desafiuzadas.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha nora exemplar

Serie. Dona Elvira irrompe na familia Cabanas ao ler por erro a correspondencia de Cosme, decatándose así da suculenta pensión que percibe. Cegada pola avaricia, decide achegarse ao maior do clan Cabanas quen, desconfiado, e vendo as intencións da beata, decide seguirlle o xogo e aproveitarse das intencións de Elvira provocando unha hilarante situación que todos contemplan pasmados: Cosme múdase a vivir con Elvira, quen o coida case como a un neno coa pretención de sacar tallada.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: A violeteira

Serie. Aínda que todos en Santalla admiran o traballo das mulleres no invernadoiro, parece que poucos se animan a comprar as flores. Carmiña ten unha aloucada idea para aumentar as vendas que vai revolucionar todo a vila: cantará no bar cada venres ao máis puro estilo de Sarita Montiel.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Artista de tixola

Serie. Os socios do invernadoiro amencen cunha nefasta noticia: o almacén foi saqueado e alguén roubou a única proba que inculpaba a Celia e Pedro: o recibo. Ninguén dubida de que sexan o alcalde e o seu leal Álvaro os que se atopan detrás deste desastre. Dona Elvira recibe a inesperada visita da amante de Senén, mentres o achegamento entre Tomás e Laura fai reavivar chamas do pasado.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Un cravo quita outro cravo

Serie. A decisión de Freire de deixar o invernadoiro provocará non só problemas na contorna laboral, onde os socios senten a súa marcha como unha traizón, senón no terreo familiar enfrontando a Sara e a Deli. Ramón Balseiro intenta aproveitar a amizade que une ao seu fillo Óscar con María para investigar sobre as terras do invernadoiro, onde ten pensado construír coa axuda de Pedro. Doutra banda, don Venancio, Elías e Milucho temen polo benestar de dona Elvira.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: O butaneiro

Serie. Santalla está en obras polo que Elías se presta a levar no seu taxi as bombonas de butano para os veciños. Carmiña ve nisto unha posibilidade de negocio: e se Elías se convertese no novo butanero do pobo? Por non variar Elías servirase de artimañas para que o seu negocio sexa máis frutífero, aínda que Cosme e Venancio axexan para darlle o seu merecido escarmento. Elvira recibe unha carta de desafiuzamento. A beata está atravesando un terrible momento económico.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 20.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade