Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 19:30 h
GMT: 17:30 h
Portugal: 18:30 h
GALICIA BONITA: Mañón
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' viaxa esta semana a Mañón para reformar unha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal obrigará a arquitecta Rosa Facal a ocuparse de tarefas que non estaban contempladas na súa listaxe.
Galicia: 20:30 h
GMT: 18:30 h
Portugal: 19:30 h
MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 11
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.04.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.04.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 222
En ‘Cos pés na terra’ visitamos o obrador de Jorge, ferreiro especialista na creación de pezas únicas e na restauración de tesouros antigos. Temos unha cita con Sara, Cris e Sele. Elas son tres mulleres que están á fronte dun centro que incorpora as terapias no medio rural e na natureza. E coñeceremos a María, gandeira de porco celta que se incorporou hai pouco a un mundo que non deixa de sorprendela.
Galicia: 23:00 h
GMT: 21:00 h
Portugal: 22:00 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 174
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' aprenderán hoxe a extraer resina e a recoller o lúpulo da cervexa. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha parella de gandeiros que conta cunha granxa totalmente robotizada.
Galicia: 00:00 h
GMT: 22:00 h
Portugal: 23:00 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 175
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Unha viticultora de Monterrei e un apicultor dos Ancares amosan esta noite o seu traballo en 'Cos Pés na Terra'. Ademais, o espazo da TVG pasará unha xornada cun rapaz de 15 anos que quere ser gandeiro.
Galicia: 00:55 h
GMT: 22:55 h
Portugal: 23:55 h
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 7
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. María Mera, Luís Iglesia e Xoán Fórneas, convidados nunha espectacular gala de 'Bailamos' que arrancará coa agardada coreografía grupal dos 12 concursantes. Bailarán xuntos ao ritmo do ‘Waterloo’ de ABBA e afrontarán a gala sabendo que os catro últimos da clasificación desta noite quedarán en primeira liña para os próximos nomeamentos.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LUAR: LUAR 1480
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A música da cantante Lorena Gómez, do dúo Amistades Peligrosas e do grupo La Caja de Pandora soará hoxe en 'Luar'. A banda galega Son Iou, a orquestra portuguesa Funçao Públika e a agrupación tradicional Sadeo tamén actuarán nunha noite en que dous participantes de ‘Recantos’ abandonarán o concurso.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Gato escaldado
O negocio inmobiliario do novo alcalde semella ir como unha seda, polo que os operarios se ven na necesidade de comezar a desmontar o invernadoiro ante a incredulidade e o profundo enfado de Manuel.