Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 994
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.04.2026
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 84
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
SOMOS ANIMAIS: "GILDA E LUCAS"
Neste capítulo Hugo fai equipo con Xiana, unha veterinaria especializada en comportamento animal, para intentar axudarlle a Antía cos seus catro gatos. O problema é que dous deles, Gilda e Leo, non se poden ver, polo que a dona bota o día tratando de evitar que pelexen e acaba chea de rabuñadas. Polo seu lado, Jorge tampouco o vai ter doado con Lucas, un can de aldea que está afeito a facer o que quere e non soporta que lle impoñan nada.
Galicia: 23:30 h
GMT: 21:30 h
Portugal: 22:30 h
COLLIDOS NAS PATACAS
O pazo, máis que unha casa grande. A empanada, manxar galego.
Galicia: 23:55 h
GMT: 21:55 h
Portugal: 22:55 h
STREET DOWN: Paixón polo humor e a maxia
Tras superar unha serie de probas ante algúns dos mellores magos de Galicia, poderán conversar cos galegos Luis Pedrahita, humorista e ilusionista, e con Moncho Borrajo, showman e dramaturgo, que lles abrirá as portas do seu estudo de Vigo para sorprendelos cunha caricatura dedicada.
Galicia: 00:50 h
GMT: 22:50 h
Portugal: 23:50 h
GALICIA BONITA: Sabucedo
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' desprázase a Sabucedo para renovar a imaxe dunha vivenda rural. Os reformadores terán que traballar a fondo na parte traseira da casa e na leira onde se sitúa, cun peche en moi mal estado e moito que recoller e ordenar.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Quen rouba a un ladrón...
Serie. Santalla amence consternado tras o grave accidente de Pedro e Marcos. As consecuencias foron fatídicas e a aldea envórcase ante esta terrible noticia. Doutra banda, Elías decátase de que o alcalde viaxaba cun maletín cheo de cartos que puidera estar perdido no río. Xunto a Carmiña intentarán conseguir o botín. Laura, está desfeita pola terrible situación na que se atopa o seu fillo. María e Tomás serán o seu máximo apoio nestes duros momentos.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Hoxe por ti, mañá por min
Serie. A volta a casa de Marcos revoluciona os Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Unha esmola
Serie. A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan a moza, que non quere abandonar o seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3384
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' conversará con Sonia Méndez e Andrea Villa, directoras do Carballo Interplay, festival que celebra esta semana a súa décimo terceira edición.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Morada santa
Serie. Elvira e Milucho intentan buscar unha solución tras o revés económico que están pasando. Mentres, Milucho atopa unha pensión onde pasar a noite, Elvira segue na rúa. A pesar da testarudez desta, don Venancio e os demais veciños empeñaranse en axudala.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
LIBRO DE FAMILIA: A criada do cura
Serie. Dona Elvira segue intentando encaixar nalgún traballo que lle proporcione a estabilidade económica que precisa. Desta vez será don Venancio quen lle ofreza ser a súa ama de chaves.