div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 102

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 07:30 h

GMT: 05:30 h

Portugal: 06:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 389

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outras cuestións, ‘O termómetro’ avanza o cambio brusco de tempo esta fin de semana, fala da reapertura do caso da Maruxaina e desprázase ata a feira MOEXMU.

Galicia: 09:00 h

GMT: 07:00 h

Portugal: 08:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1222

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

Galicia: 09:30 h

GMT: 07:30 h

Portugal: 08:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2015

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

Galicia: 09:45 h

GMT: 07:45 h

Portugal: 08:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 633

O acceso a unha vivenda digna é unha dificultade crecente para moitas persoas e familias. Cáritas Diocesana de Ourense e os seus programas de vivenda non só facilitan ás persoas un recurso, senón que levan a cabo un acompañamento integral a quen se atopa en situación de vulnerabilidade, permitindo que moitas delas poidan iniciar un proceso cara a unha vida normalizada.

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 471

Galicia: 10:30 h

GMT: 08:30 h

Portugal: 09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 12.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 20

Este docu-reality retrata, en formato de historias cruzadas, a rutina, a sabedoría e a superación de dúas persoas maiores cada semana, destacando exemplos positivos de envellecemento activo. Un inventor de San Cibrao das Viñas e unha muller solidaria de Ourense, protagonistas hoxe dunha nova entrega de ‘Os nosos maiores'.

Galicia: 11:45 h

GMT: 09:45 h

Portugal: 10:45 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 110

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

Galicia: 12:15 h

GMT: 10:15 h

Portugal: 11:15 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 6

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. A esixencia do xurado e os segredos e confesións. Dos concursantes marcarán hoxe un antes e un despois en 'Bailamos'. O programa chega ao ecuador con actuacións que, segundo os xuíces, non están á altura, e coas primeiras votacións en negativo entre os aspirantes.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 12.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.04.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

NO FOCO: NO FOCO (DOMINGO) 12.04.2026

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.04.2026

Galicia: 15:55 h

GMT: 13:55 h

Portugal: 14:55 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 77

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Unha icona da música, convidada no ‘Land Rober + Show’, que tamén achegará un divertido 'sketch' e falará de saúde capilar coa colaboradora Patricia Pérez.

Galicia: 16:55 h

GMT: 14:55 h

Portugal: 15:55 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 78

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Dous deportistas de elite visitan esta noite o ‘Land Rober + Show’, que achega tamén un divertido sketch, entre outros momentos de humor.

Galicia: 17:15 h

GMT: 15:15 h

Portugal: 16:15 h

GALICIA BONITA: Sabucedo

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' desprázase a Sabucedo para renovar a imaxe dunha vivenda rural. Os reformadores terán que traballar a fondo na parte traseira da casa e na leira onde se sitúa, cun peche en moi mal estado e moito que recoller e ordenar.

Galicia: 18:30 h

GMT: 16:30 h

Portugal: 17:30 h

GALICIA BONITA: Verín

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia. A súa propietaria acaba de recibir a vivenda, cunha leira e unha zona de lecer absolutamente desafiuzadas.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 12.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 12.04.2026

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 221

En ‘Cos pés na terra’ imos aprender a tornear con Aitor, un artesán capaz de plasma-la súa imaxinación en pezas ben orixinais. Tamén imos transformar mazás en cousas ben sabedeiras grazas a María quen decidiu apostar pola terra e aproveitar este froito para convertelo en manxares. E temos unha cita para montar a cabalo na contorna de Foz con Teresa, unha rapaza nova que decidiu emprender coa súa gran paixón. Os espectadores de 'Cos pés na terra' aprenderán hoxe a tornear e a transformar as mazás en cousas sabedeiras. O programa tamén ten unha cita cunha rapaza nova que decidiu emprender coa súa gran paixón: os cabalos e a equitación.

Galicia: 23:00 h

GMT: 21:00 h

Portugal: 22:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 172

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Como educar un can para pastoreo, entre as leccións que ofrecerá hoxe 'Cos Pés na Terra'. Ademais, o equipo do programa pasará unha xornada cunha familia gandeira e visitará en Gondomar as leiras duns agricultores que fan as delicias dos clientes cos seus pedidos.

Galicia: 23:45 h

GMT: 21:45 h

Portugal: 22:45 h

MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 9

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.

Galicia: 00:00 h

GMT: 22:00 h

Portugal: 23:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 173

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos Pés na Terra' estará esta semana cun experto en podoloxía equina e cun labrego de Xinzo. Ademais, os espectadores coñecerán un proxecto para aprender inglés desde a aldea, posto en marcha por dous galegos retornados de Londres.

Galicia: 01:00 h

GMT: 23:00 h

Portugal: 00:00 h

EN XOGO: EN XOGO 800

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LUAR: LUAR 1479

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. King África, os galegos MJ Pérez e Eris Mackenzie e os lusos Porbatuka poñen ritmo e estilo nun 'Luar' dedicado aos chapeus. A Orquesta Triunfo e a Agrupación Chorima de Rois completan as propostas musicais, nunha nova edición en que o humor e ‘Recantos’ son tamén protagonistas.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: A pedida

Serie.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 12.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade