Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Debate do Estado da Autonomía 2026. Sesión da mañá
Cobertura integral e en directo do Debate de Política Xeral 2026, coas intervencións, así como coa análise e coas reaccións dos distintos grupos parlamentarios. A narración do debate correrá a cargo do xornalista parlamentario Jesús Fontenla, desde o Parlamento de Galicia. No estudio contarase coa participación dos analistas María Bastida e José Julio Fernández.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 104
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
O AGRO: O AGRO 08.04.2026
Galicia: 12:30 h
GMT: 10:30 h
Portugal: 11:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 387
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa analiza hoxe o xuízo de Ábalos e Koldo, así como o encarecemento dos baixos comerciais e os efectos da enfermidade de Lyme.
Galicia: 13:45 h
GMT: 11:45 h
Portugal: 12:45 h
MIRA TI: MIRA TI 18
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
Galicia: 13:45 h
GMT: 11:45 h
Portugal: 12:45 h
MIRA TI: MIRA TI 17
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.04.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.04.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 773
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1312
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.04.2026
Galicia: 16:00 h
GMT: 14:00 h
Portugal: 15:00 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Debate do Estado da Autonomía 2026. Sesión da tarde
Cobertura integral e en directo do Debate de Política Xeral 2026, coas intervencións, así como coa análise e coas reaccións dos distintos grupos parlamentarios. A narración do debate correrá a cargo do xornalista parlamentario Jesús Fontenla, desde o Parlamento de Galicia. No estudio contarase coa participación dos analistas María Bastida e José Julio Fernández.
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 988
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:15 h
GMT: 19:15 h
Portugal: 20:15 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.04.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 79
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Amais de xogar ao prezo xusto e rir cun novo sketch, a audiencia do ‘Land Rober + Show’ gozará esta noite do novo tema musical dun grupo histórico.
Galicia: 22:40 h
GMT: 20:40 h
Portugal: 21:40 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Viveiro - Uxía e Iván Fernández, Nicola e Iván López
Uxía coñece a Iván Fernández nunha cita centrada nos temas da conexión, do carácter falador dela e das ganas del de formar unha familia. Pola súa banda, Nicola atópase con Iván López nun encontro con aventura e esixencia onde todo pode pasar.
Galicia: 23:10 h
GMT: 21:10 h
Portugal: 22:10 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Viveiro - Suso e Mari Carmen, Adrián e María
Suso coñece a Mari Carmen na procura de alguén que lle alegre a vida e o leve a bailar. Pola súa banda, Adrián atópase con María, unha muller positiva coas ideas claras e xuntos protagonizan un encontro onde abrirse ao amor será clave.
Galicia: 23:55 h
GMT: 21:55 h
Portugal: 22:55 h
AMOR NA REDE
Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.
Galicia: 00:50 h
GMT: 22:50 h
Portugal: 23:50 h
COMO GALEGOS: Mª Fernanda, Phillip e Weronika
Galicia: 01:50 h
GMT: 23:50 h
Portugal: 00:50 h
GALICIA BONITA: Monterroso
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atopará esta semana en Monterroso unha das reformas máis complicadas a nivel estrutural. A desmontaxe dun tellado de madeira podrecido centrará os traballos dun equipo enorme de colaboradores na vivenda de Luz e de Jaime.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Mona de seda
Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Picar o anzol
Cosme trata de manter o segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila.
Galicia: 03:35 h
GMT: 01:35 h
Portugal: 02:35 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 108
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
Galicia: 03:40 h
GMT: 01:40 h
Portugal: 02:40 h
LABRANZA: LABRANZA 1743
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
LIBRO DE FAMILIA: A nova secretaria
A desaparición de Freire provoca o caos en Santalla. Aqueles que non saben o seu paradoiro especulan coas máis diversas teorías ata que Deli, farta de tanto disparate, ten que tomar cartas no asunto e desmentir os rumores.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
LIBRO DE FAMILIA: Con deportividade
Pedro e Álvaro pelexan pola autorización de Román. O alcalde ofrécelle o que queira se lle dá o documento; ameázao con chamar á Garda Civil e dicirlles que é cómplice de esconder un delincuente e, como ten antecedentes, volvería ao cárcere.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Sota de copas
Un dos acontecementos que convulsiona a vida de Santalla é a noticia da morte de Inés, que causa un fondo pesar, sobre todo en Freire, que non atura a súa casa e marcha á de Tomás; ábrese así un novo capítulo na súa relación con Deli.
Galicia: 05:30 h
GMT: 03:30 h
Portugal: 04:30 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3377
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
LIBRO DE FAMILIA: O boneco de Carmiña
Tomás e Manuel presentan a autorización de Román para engadir as terras de Laura e parece que Pedro nin se inmuta. Pero ten un ás na manga. Mentres, a Álvaro deteno a Garda Civil na casa de Laura.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Ovos de dúas xemas
Carmiña, que ten unha galiña choca, necesita conseguir un galo da súa categoría e a solución pasa polo párroco, don Venancio, que ten un galo chamado Sansón, que nunca falla. Tanto é así que Carmiña consegue que a súa galiña poña ovos con dúas xemas.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h