div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 51

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 95

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo do core e da zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das viaxes que fixeron, dos lugares que visitaron e daqueles destinos aos que lles gustaría ir.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 379

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O termómetro’ aborda hoxe as reclamacións dos autónomos fronte ao impacto económico da guerra, roubos e vandalismo, e os riscos da meninxite.

Galicia: 13:45 h

GMT: 11:45 h

Portugal: 12:45 h

MIRA TI: MIRA TI 9

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.03.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.03.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.03.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 764

O bote do programa chegou aos 22 900 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el os nosos cinco concursantes: Pablo do Incio, Manuela de Gomesende, Sergio de Cambados, Carla de Arcade e Fran da Coruña. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para teren opcións de levar o gran premio no "Minuto final".

Galicia: 16:35 h

GMT: 14:35 h

Portugal: 15:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1305

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:25 h

GMT: 17:25 h

Portugal: 18:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 979

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.03.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 72

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un profesor da USC visita hoxe o ‘Land Rober + Show’, que sorprenderá cunha delicia culinaria e cun divertido sketch sobre as vacacións de Semana Santa.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

SOMOS ANIMAIS: "ODI E PIPOCA BRUNA"

Neste programa Hugo viaxa con Irene, unha das maiores expertas en cabalos do país, para axudarlle a Odi. Esta egua é moi medrosa e escapa ante calquera cousa, o que fai que a súa familia se desespere. Mentres tanto, Jorge vai ata Vigo para arranxar un problema moi difícil: unha cadela á que lle diagnosticaron diabetes e que non soporta que lle teñan que inxectar cada día a insulina.

Galicia: 23:35 h

GMT: 21:35 h

Portugal: 22:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

A gaita, galega!. Como mercar un barco de recreo.

Galicia: 00:45 h

GMT: 22:45 h

Portugal: 23:45 h

STREET DOWN: Paixón polo deporte

Galicia: 01:50 h

GMT: 23:50 h

Portugal: 00:50 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 24

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Os reformadores de ‘Imos ao choio’ enfróntanse hoxe a decisións delicadas que afectan á estrutura dunha casa de Cambre.

Galicia: 01:55 h

GMT: 23:55 h

Portugal: 00:55 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3372

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O espazo cultural 'ZigZag' achégase hoxe a ‘Alén’, o último espectáculo de danza contemporánea do Colectivo Glovo.

Galicia: 02:40 h

GMT: 00:40 h

Portugal: 01:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Reféns

Para alegría de todos, Sara volveu a casa tras unha longa estancia no hospital. Aínda está débil. O panorama que se atopa non lle axuda moito. As cousas en casa non están ben.

Galicia: 02:40 h

GMT: 00:40 h

Portugal: 01:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Trato feito

A ameaza que a construción do encoro supón para Santalla segue a centrar a atención de todos os veciños da vila.

Galicia: 03:40 h

GMT: 01:40 h

Portugal: 02:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Santa Rita, Rita

Todos en Santalla están moi contentos pola estratexia levada a cabo por don Venancio para enganar a Elvira sobre o verdadeiro paradoiro de Cosme.

Galicia: 03:50 h

GMT: 01:50 h

Portugal: 02:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Un colchón de muelles

A compañía, da man de Tomás e Varela, comezou a pagarlles aos santalleses polas súas terras. Co diñeiro polo medio comeza a crearse unha gran tensión entre os labregos, os que non venderon e os que están comezando a cobrar.

Galicia: 04:30 h

GMT: 02:30 h

Portugal: 03:30 h

LIBRO DE FAMILIA: A alcaldesa

Senén xa é o novo alcalde de Santalla. Elvira non tarda en emborracharse de poder, perder o xuízo e comezar a esixirlle a todo o mundo que a trate como á mesmísima Carmen Polo.

Galicia: 04:45 h

GMT: 02:45 h

Portugal: 03:45 h

LIBRO DE FAMILIA: A arca da perdición

Todo o mundo se pon nervioso a propósito da noticia do proxecto do encoro, sobre todo, despois de que Pedro deixase a Tomás en evidencia e só ante o perigo intentando desvincularse do proxecto.

Galicia: 05:05 h

GMT: 03:05 h

Portugal: 04:05 h

LIBRO DE FAMILIA: Andazo

A tensión vai en aumento entre os veciños. Os que venderon as terras á compañía intentan presionar os que aínda resisten. Varela séntese encantado, pois o divide e vencerás parece estar facendo efecto.

Galicia: 05:45 h

GMT: 03:45 h

Portugal: 04:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O inquilino

Certos aspectos legais impídenlle á xente da compañía facerse coas terras dos rebeldes. Laura está facendo todo o posible para deter as obras dun xeito civilizado. A súa perseveranza fará que algúns perdan a paciencia.

Galicia: 05:50 h

GMT: 03:50 h

Portugal: 04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Os prismáticos

Na vila de Santalla hai un enxeñeiro chegado hai pouco para supervisar os labores de prospección e dirixir os estudos xeolóxicos cara á construción do encoro, aínda que non é seguro que se vaia construír.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade