div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 976

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.03.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 69

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A convidada especial de hoxe no ‘Land Rober + Show’ é unha deportista cunha gran historia de superación ás súas costas.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 12

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto' analiza esta semana a historia do coñecido como o Rambo Galego. O programa tamén porá o foco nas carreiras ilegais de coches, que proliferan por toda Galicia, e entrará nunha casa do barrio vigués de Matamá envolta en lendas.

Galicia: 23:30 h

GMT: 21:30 h

Portugal: 22:30 h

MEUS: MEUS 3

Familias clásicas, monoparentais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus"

Galicia: 00:35 h

GMT: 22:35 h

Portugal: 23:35 h

GALICIA BONITA: Porto do Son

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' afronta esta semana a reforma dunha casa feita a anacos en Porto do Son, cuns cochos tamén en estado lamentable. O equipo terá dificultades para levar a cabo as obras, debido aos problemas do propietario para conciliar o seu traballo, en quenda de noite, cos arranxos na vivenda durante o día.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Tocados

O traballo dos operarios do invernadoiro xa inflúe nos hábitos de vida dos habitantes de Santalla. Os gorros hixiénicos que empregan aqueles convértense no detonante para que Carmiña se interese por esta prenda e pretenda reproducila para os veciños.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha obra de caridade

A colleita de tomates xa está lista para a súa distribución. Pero xorde o problema de que a auga da traída deixa de estar disponible para os veciños e o Concello descobre que é o gasto de auga dos tomates o que secou o depósito.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O pastor eléctrico

A Carmiña non lle aparecen as bragas e anda a buscalas por toda a vila, así que se dedica a buscalas entre as que levan postas as mulleres da vila, entre elas Elvira e Deli.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Mona de seda

Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Picar o anzol

Cosme trata de manter o segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3370

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade