Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 87
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión de cardio con halteres de man e esteira. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da clase extra de abdominais de Anxo e Raquel e de se lles gusta bailar a cada un.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 371
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza hoxe a preocupación dos cubanos en Galicia e os efectos da suba da luz, do combustible e da falta de vivenda.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.03.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.03.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:15 h
GMT: 13:15 h
Portugal: 14:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:30 h
GMT: 13:30 h
Portugal: 14:30 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.03.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1297
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 756
Iníciase outra semana no ‘Atrápame se podes’ e recibe no estudio a nova tripulación, que está formada por Alba, de Ourense; Cris, de Arteixo; Paula, de Vilagarcía de Arousa; Suso, de Santiago de Compostela, e Toño, de Santiago de Compostela. O bote do programa está en 20.800 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 971
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.03.2026
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 65
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa recibirá un convidado vinculado ao mundo empresarial e comentará os episodios máis curiosos da gala dos Oscar.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 11. CRIME DOS MOURIÑO. A LENDA DO MARCO
‘Expediente oculto’ reconstrúe o crime de Lalín: en 2010, o matrimonio Mouriño planifica e executa o asasinato da súa propia filla mentres dorme, nun caso de filicidio que conmocionou Galicia. O programa achégase tamén ao antigo edificio xudicial e prisión de Vigo, hoxe convertido en museo, onde entre as súas paredes seguen circulando relatos de pasos, murmurios e portas que parecen pecharse soas. E na actualidade, poñemos o foco no aumento da contratación de alarmas nas casas galegas ante o medo ás bandas itinerantes de ladróns. O crime dos Mouriño, un impactante parricidio ocorrido en Lalín en 2010, protagonista hoxe en 'Expediente Oculto'. Os espectadores coñecerán o pasado do Marco de Vigo, antiga prisión, e saberán os motivos do aumento da contratación de alarmas nas casas galegas.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Sedutores
A relación entre Freire e Tomás, pai e fillo, parece esgotada. Freire non cede, non atende a razóns a pesar de que Tomás intenta achegarse a el para intentar salvar os seus vínculos familiares.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Agasallos de aniversario
A conciencia comeza a xogarlle malas pasadas a Tomás. Tamén está sometido a moitísima presión, polo familiar e polos negocios con Varela, e estálle custando moi caro todo este asunto.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Cambio horario
O cambio de hora sorprendeu uns cantos en Santalla e quedaron durmidos. O problema é que como Carmiña foi unha das descoidadas o ultramarinos quedou sen abastecemento de pan.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Reféns
Para alegría de todos, Sara volveu a casa tras unha longa estancia no hospital. Aínda está débil. O panorama que se atopa non lle axuda moito. As cousas en casa non están ben.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Un colchón de muelles
A compañía, da man de Tomás e Varela, comezou a pagarlles aos santalleses polas súas terras. Co diñeiro polo medio comeza a crearse unha gran tensión entre os labregos, os que non venderon e os que están comezando a cobrar.
Galicia: 05:30 h
GMT: 03:30 h
Portugal: 04:30 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3364
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Irene Pin e Iria Iglesias falan hoxe no programa do seu premiado 'Antes de maio', un proxecto que mestura ficción e documental, e sitúa ao público na pel dunha estudante de primeiro no curso 67-68, que terá que decidir como implicarse nas protestas estudantís.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h