Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 47
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 86
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con halteres de man e esteira centrada no traballo de todo o corpo. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das tatuaxes e bromean cos “curiosos” batidos de Anxo.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 370
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outros temas, ‘O Termómetro' analiza hoxe os riscos nalgúns sectores chave da economía afectados pola guerra, a suba de prezos, e o regreso á cociña das avoas.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.03.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.03.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.03.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 755
Acaba a nosa particular semana, polo que nos temos que despedir do grupo de concursantes formado por Elías da Rúa, Alonso do Pereiro de Aguiar, Pily de Lugo, Andrea de Camariñas e Pablo de Dozón. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de facerse co bote, que acumula ao inicio do programa 20 700 euros.
Galicia: 16:30 h
GMT: 14:30 h
Portugal: 15:30 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1296
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 19:25 h
GMT: 17:25 h
Portugal: 18:25 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 970
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:30 h
GMT: 19:30 h
Portugal: 20:30 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.03.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
LUAR: LUAR 1475
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As emblemáticas cancións da artista Helena Bianco e do grupo Zapato Veloz soarán esta noite no escenario de 'Luar'. O programa tamén ofrecerá as actuacións da banda galega de rock Mar de Fondo, da orquestra Kubo, da Rondalla Nas Ondas do Mar e de Virginia, gañadora da última edición da ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’.
Galicia: 00:30 h
GMT: 22:30 h
Portugal: 23:30 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Noia. Carla e Daniel, Yolanda e Manuel
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. En Noia, Carla, unha terapeuta pontevedresa de 41 anos, coñecerá a Daniel, un empresario de 40 anos de Porto do Son, divorciado e pai dunha nena de 11. Na seguinte cita, Yolanda, unha cambadesa de 19 anos, terá unha cita con Manuel, un traballador do mar de 25 anos, natural de Vilanova de Arousa.
Galicia: 01:00 h
GMT: 23:00 h
Portugal: 00:00 h
COMISIÓN DE FESTAS: OS MILAGRES DE CAIÓN
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.
Galicia: 01:15 h
GMT: 23:15 h
Portugal: 00:15 h
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 21
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. A de Anxelina é unha casa con historia. Herdouna a súa nai, que lle fixo algúns apaños e deixou a súa pegada nalgunhas paredes en forma de pinturas. Agora ela é a propietaria. A Anxelina e ao seu home, Suso, encantaríalles mudarse ao fogar familiar que só poden ocupar no verán debido ao seu estado. O labor do equipo será poñer o seu gran de area, para que o soño de Anxelina de volver a vivir na casa en que naceu estea máis próximo a cumprirse.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Baixo palio
Román e Álvaro pretenden tenderlles unha trampa a Gloria e a Freire. O plan consistirá en organizarlles unha especie de cita a cegas nalgún lugar apartado.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: O home do tempo
A Román acumúlanselle os problemas, está enfurecido pola estafa de Marcos e non o quere volver ver. Ademais, Senén entrégalle unha carta coa comunicación de que o Ministerio se pon en contra da construción das casas baratas.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3362
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O 'ZigZag' conversa hoxe no estudio con Mónica Alonso, comisaria da exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI', aberta na Cidade da Cultura, con máis de 60 artistas representados. O programa falará, amais, do 40 aniversario de Luar na Lubre e visitará 'O ceo aos meus pés', o proxecto pictórico de Luciana Rego.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Tres veces neno
Un acontecemento inesperado sacudirá a vida dos Cabanas, os Lamela e os Freire e provocará un antes e un despois na vila de Santalla. O alcalde, don Román, verase obrigado a fuxir da localidade, atrapado polos seus enganos e malas artes.
Galicia: 02:35 h
GMT: 00:35 h
Portugal: 01:35 h
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.03.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Sospeitas fundadas
A marcha de don Román, o alcalde, provoca alarma en Santalla: todo o mundo fala da súa repentina desaparición. Pero, á marxe disto, a vida continúa e as familias seguen enfrontándose aos seus problemas cotiáns.
Galicia: 03:25 h
GMT: 01:25 h
Portugal: 02:25 h
LIBRO DE FAMILIA: Os mala sombra
Don Román está furioso pola operación de Pedro co eucaliptal. Manuel e Freire aproveitan para picalo. Pero é momento de tomar decisións. O alcalde segue empeñado en facerse coas terras a calquera prezo e a celulosa fará unha oferta.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Paparotas
A noticia da fuxida de don Román está na boca de todos, xa que, despois de varios días, ninguén coñece o seu paradoiro. A ausencia de Cosme tamén comeza a ser preocupante, María atopa a nota que deixou e non acaba de comprender a súa marcha.
Galicia: 04:30 h
GMT: 02:30 h
Portugal: 03:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Ex votos
Elías e Senén padecen de onde o lombo perde o seu nome, cada un da súa afección. Na cooperativa os ánimos andan caldeados pola actitude de Tomás. Manuel non entende o seu cambio de postura e cre que oculta algo.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
LIBRO DE FAMILIA: Cambio de tornas
Carmiña séntese explotada e don Cosme dalle a razón. A moza cre que merece algo máis porque ve o seu futuro algo negro. María bota de menos a Marcos. Manuel non está satisfeito co labor de Tomás no almacén.