div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:50 h

GMT: 08:50 h

Portugal: 09:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 46

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 85

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo do “core” e da zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da música e da importancia que ten nas súas vidas.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 369

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No programa de hoxe, 'O Termómetro' abordará, entre outros asuntos, a falta de relevo xeracional en certas profesións e o modelo de familia das nais solteiras por elección.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.03.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.03.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.03.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 754

Rodrigo Vázquez recibe no estudio do 'Atrápame se podes' a tripulación formada por Pily de Lugo, Pablo de Dozón, Andrea de Camariñas, Alonso do Pereiro de Aguiar e Elías da Rúa. O bote inicia o programa nos 20 600 euros e para ter opcións de levalo os nosos concursantes deben superar as distintas fases que establece o xogo.

Galicia: 16:30 h

GMT: 14:30 h

Portugal: 15:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1295

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 19:25 h

GMT: 17:25 h

Portugal: 18:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 969

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.03.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 64

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O humor chega ao ‘Land Rober + Show’ cun coñecido convidado procedente de Asturias e coas achegas da colaboradora Patricia Pérez e dun novo 'sketch'.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

SOMOS ANIMAIS: "JAGGER, GINEBRA E KIKO"

Hugo e mais o especialista en animais exóticos, Óscar, están diante do reto das súas vidas: van a Liñariños, en Campo Lameiro, para axudarlle a unha familia coas súas alpacas. Estes animais, orixinarios dos Andes, vanlles dar moito que facer. Mentres tanto, Jorge coñece en Pontevedra un yorkshire chamado Kiko Hernández que ten celos da cativa de dous anos da súa dona.

Galicia: 23:35 h

GMT: 21:35 h

Portugal: 22:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

Amosarase hoxe todo sobre o queixo de Arzúa, e tamén se verá que nos resulta imprescindible para viaxar ás Illas Cíes.

Galicia: 00:40 h

GMT: 22:40 h

Portugal: 23:40 h

STREET DOWN: Gastronomía

Pedro e Pablo pasarán polos fogóns dos restaurantes A Estación en Cambre e Culler de Pau no Grove, os dous con Estrella Michelín, e visitarán o Mercado de Lugo e a Praza de Abastos de Santiago. Ademais, aprenderán a facer queixo na granxa-escola A Casa do Queixo, en Sobrado; recollerán mexillón nunha batea da ría do Grove e catarán un albariño elaborado coas uvas das viñas do Pazo de Fefiñáns. Por último, aprenderán a facer unha auténtica pizza italiana no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O tour de Santalla

O corazón de Laura está confundido. Bota de menos ao seu fillo e a Tomás. A aparición de Marcos daralle aire novo. Anímao a que vaia ver a María e que intente recuperar o seu amor.

Galicia: 01:40 h

GMT: 23:40 h

Portugal: 00:40 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 20

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Burócratas

Saíron unhas listas para as casas baratas. Todo o mundo quere saber se está nelas ou non. Milucho, entre tanto movemento burocrático, soña esperto con que é o alcalde do pobo. Un alcalde razoable, querido, eficaz e magnánimo, claro.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Estraña visita

Galicia: 02:50 h

GMT: 00:50 h

Portugal: 01:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3361

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Marcos Viso conversa sobre a súa nova mostra ‘A loita dun fío de voz’ en ‘Zigzag’, que tamén se achega ao último proxecto da artista Mar Caldas, exposto en Lugo.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Cheques ao portador

Galicia: 03:20 h

GMT: 01:20 h

Portugal: 02:20 h

LIBRO DE FAMILIA: Árbore caída

Don Román intenta enlear a Senén para poder manobrar ao seu gusto nos temas concernentes ao eucaliptal. Pedro quere vender a súa parte e don Román fará o imposible para mercarlla.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O tren

Galicia: 04:35 h

GMT: 02:35 h

Portugal: 03:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Trampas

A inminente chegada de Pili a Santalla incomoda a María. Pablo defende o honor da súa irmá porque cre que Pili non xoga limpo. Don Román persegue ansioso as terras de Pedro e inventará mil argucias para facerse con elas.

Galicia: 05:45 h

GMT: 03:45 h

Portugal: 04:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O santo

Todos os implicados están expectantes respecto á decisión que Pedro poida tomar sobre a súa parte no eucaliptal. Senén, movido pola avaricia e polo interés, opera a favor de don Román para que este recupere as terras.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 12.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade