Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 82
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión combinada con halteres de man e esteira, na que alternan exercicios de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e falan de se son máis de día ou de noite. Tamén comentan deportes de neve como o snowboard ou o esquí, e Raquel comparte a súa propia experiencia neste ámbito.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 366
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A suba do prezo dos carburantes e a escaseza de polbo nas lonxas, entre os temas que se tratarán este luns no programa 'O Termómetro'.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 09.03.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 09.03.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:15 h
GMT: 13:15 h
Portugal: 14:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:30 h
GMT: 13:30 h
Portugal: 14:30 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.03.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 751
O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Alonso do Pereiro de Aguiar, Andrea de Camariñas, Elías da Rúa, Pablo de Dozón e Pily de Lugo. O bote comeza o programa nos 19 700 euros.
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1292
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 966
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 09.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 09.03.2026
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 61
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. As Tanxugueiras son convidadas estrela no 'Land Rober + Show' de hoxe, nun programa con múltiples sorpresas.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 10. CRIME DE ARANGA. A LENDA DA AVOA DA CURVA
‘Expediente oculto’ analiza o crime de Aranga: dous mozos de Muros viaxan para cobrar unha débeda e desaparecen sen deixar rastro. Tras meses sen avances, a investigación descobre os seus corpos desmenbrados nunha fosa séptica. O programa achégase tamén á lenda da avoa da curva: a misteriosa anciá que, segundo contan varios condutores, aparece de súpeto á beira da estrada entre Ponte Caldelas e Soutomaior e esváese sen deixar rastro. E na actualidade, poñemos o foco nas casas malditas: vivendas marcadas por crimes e cun valor de mercado condicionado para sempre. O crime de Aranga, de dous mozos que apareceron despezados nunha fosa séptica, protagonisa hoxe en 'Expediente oculto'. O programa tamén se achegará á lenda da avoa da curva de Ponte Caldelas e porá o foco nas casas malditas, cun valor de mercado condicionado polos sinistros feitos que tiveron lugar nelas.
Galicia: 23:35 h
GMT: 21:35 h
Portugal: 22:35 h
MEUS
Familias clásicas, monopanterais, grandes, pequenas, interraciais... todos os tipos de familia teñen cabida en "Meus"
Galicia: 00:30 h
GMT: 22:30 h
Portugal: 23:30 h
GALICIA BONITA: Lalín
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' enfróntase este mércores ao reto de recuperar unha casa árbore en Lalín. Na segunda entrega, o programa viaxa a Vilalba para rehabilitar unha vivenda e os seis pendellos anexos.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Escándalo na horta
Maribel, defraudada consigo mesma por ter fracasado, decide utilizar o ás que lle queda na manga: o diario de Laura. Déixao ao alcance da man de don Román e este perde o control. Só a providencial aparición de Pepiño Grilo poderá salvar a Laura da ira do seu marido.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Formica
Maribel debe excusarse polo asunto do diario, que axiña pasa a un segundo plano. Don Román leva a Álvaro á súa casa, xa que este se atopa ao borde da morte e don Román está moi afectado.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Mens sana in corpore sano
Álvaro desenmascara a Maribel. A reacción de Laura non se deixa esperar. O xúbilo de don Román, tampouco. Álvaro xa está mellor e debe regresar ao cárcere.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Do de peito
Manuel está sometido a moita presión: a súa muller, os nenos, o eucaliptal, o camión, a investigación da Garda Civil, o destino de María ... Os seus arróupano, pero el séntese responsable de todos e cada un deles.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Faltas contra o sexto
Os nenos comezan a descubrir certa pulsión que lles acompañará o resto das súas vidas: as mozas do calendario de Elías. De aí ás pernas de Carmiña, Deli... e de todas as mulleres que se poidan imaxinar. Pero, coa Igrexa topamos.
Galicia: 05:30 h
GMT: 03:30 h
Portugal: 04:30 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3358
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h