Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 06.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 44
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 81
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con pelotas de ioga e gomas elásticas, centrada no traballo do tren superior. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais Estrella conta cousas sobre ela.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 365
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe de mulleres galegas pioneiras, da suba do prezo do butano e da entrada en vigor da prohibición de bebidas estimulantes para os menores de idade.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.03.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.03.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:15 h
GMT: 13:15 h
Portugal: 14:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.03.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 750
Quinto e último día no que participa a tripulación de concursantes formada por Rocío de Malpica de Bergantiños, Alexia de Vilagarcía de Arousa, Carlos Hugo da Coruña, Noelia de Cambre e Paco de Oleiros. O bote alcanzou a cifra de 19 400 euros e para levalo hai que chegar ao "Minuto final" e acertar as cinco preguntas que formule Rodrigo Vázquez.
Galicia: 16:30 h
GMT: 14:30 h
Portugal: 15:30 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1291
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 19:25 h
GMT: 17:25 h
Portugal: 18:25 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 965
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 19:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:30 h
GMT: 19:30 h
Portugal: 20:30 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.03.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
LUAR: LUAR 1474
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' vístese de voda esta noite ao ritmo de Luz Casal, Rosa Cedrón, Treixadura, Chiquita Movida e Javier Ojeda. O programa recreará o ambiente dunha celebración nupcial, con actuacións en directo, humor, renovación de votos no escenario e un novo duelo en ‘Recantos’.
Galicia: 00:30 h
GMT: 22:30 h
Portugal: 23:30 h
COMISIÓN DE FESTAS: SAN ROQUE DE PONTECESURES
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O equipo de ‘Comisión de Festas’ acompaña esta semana os organizadores do San Roque de Pontecesures.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3356
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O músico e escritor Francisco Castro presenta hoxe en 'ZigZag' o seu segundo disco 'Cantos de amor e revolución', unha proposta moi persoal con sonoridades pop-rock.
Galicia: 01:45 h
GMT: 23:45 h
Portugal: 00:45 h
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 21
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.
Galicia: 02:15 h
GMT: 00:15 h
Portugal: 01:15 h
LIBRO DE FAMILIA: Castelos no aire
O neno xa está na casa e don Román pasou a súa primeira noite no calabozo. Laura non cre que o seu home tivera que ver no secuestro, e que Gloria, a muller que o acusa, está tola. Deli non consegue esquecer o sucedido.
Galicia: 02:40 h
GMT: 00:40 h
Portugal: 01:40 h
LIBRO DE FAMILIA: Árbore caída
Don Román intenta enlear a Senén para poder manobrar ao seu gusto nos temas concernentes ao eucaliptal. Pedro quere vender a súa parte e don Román fará o imposible para mercarlla.
Galicia: 03:15 h
GMT: 01:15 h
Portugal: 02:15 h
LIBRO DE FAMILIA: Trampas
A inminente chegada de Pili a Santalla incomoda a María. Pablo defende o honor da súa irmá porque cre que Pili non xoga limpo. Don Román persegue ansioso as terras de Pedro e inventará mil argucias para facerse con elas.
Galicia: 03:25 h
GMT: 01:25 h
Portugal: 02:25 h
LIBRO DE FAMILIA: A ola express
A posta en liberdade de don Román pon en xaque as expectativas dos Freire e os Cabanas, que intentarán esgotar as posibilidades de implicalo no secuestro do neno. A chegada da ola express estraga os plans de Elías.
Galicia: 03:50 h
GMT: 01:50 h
Portugal: 02:50 h
LIBRO DE FAMILIA: O santo
Todos os implicados están expectantes respecto á decisión que Pedro poida tomar sobre a súa parte no eucaliptal. Senén, movido pola avaricia e polo interés, opera a favor de don Román para que este recupere as terras.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
LIBRO DE FAMILIA: Un anaco de esperanza
Para os Cabanas e os Freire faise cada vez máis difícil descubrir toda a verdade sobre o secuestro de Armandiño e a implicación de don Román neste asunto. Manuel decide ir a visitar a Gloria ao cárcere coa esperanza de confirmar as súas sospeitas.
Galicia: 04:45 h
GMT: 02:45 h
Portugal: 03:45 h
LIBRO DE FAMILIA: Os mala sombra
Don Román está furioso pola operación de Pedro co eucaliptal. Manuel e Freire aproveitan para picalo. Pero é momento de tomar decisións. O alcalde segue empeñado en facerse coas terras a calquera prezo e a celulosa fará unha oferta.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
LIBRO DE FAMILIA: Auga pasada non move muíños
Os Freire enfróntanse impotentes ás evasivas de Cosme, que non lles revela o segredo que conseguirá que un avogado tan bó se comprometa a defendelos. A relación entre Marcos e María complícase cada vez máis, faise máis fráxil.
Galicia: 05:50 h
GMT: 03:50 h
Portugal: 04:50 h
LIBRO DE FAMILIA: Ex votos
Elías e Senén padecen de onde o lombo perde o seu nome, cada un da súa afección. Na cooperativa os ánimos andan caldeados pola actitude de Tomás. Manuel non entende o seu cambio de postura e cre que oculta algo.