div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 41

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 77

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con gomas elásticas e esteira centrada no traballo de lombo e bíceps. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das actividades físicas preferidas de cada un, comentan algunhas anécdotas sobre multas e reflexionan sobre se lles gusta ver os deportes en vivo e en directo.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 361

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. “O termómetro” analiza hoxe o 8M, o acordo UE-Mercosur e alerta sobre a existencia da fraude de cerralleiros e no peixe.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.03.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.03.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.03.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 746

Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes, que está formada por Alexia, de Vilagarcía de Arousa; Carlos Hugo, da Coruña; Noelia, de Cambre; Paco, de Oleiros, e Rocío, de Malpica de Bergantiños. O bote inicia o programa de hoxe nos 18.600 euros.

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1287

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 961

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.03.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 57

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. A voz dos espectadores escoitarase hoxe ‘Land Rober + Show’, que amosará algunha das interaccións máis simpáticas recibidas no teléfono do programa.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 9

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto’ analiza hoxe o crime de Yulissa e pon o foco nos perigos dos retos virais. O espazo mergúllase tamén na lenda da mártir de Augas Santas, enclave termal ourensán que recibe ao ano milleiros de peregrinos.

Galicia: 23:30 h

GMT: 21:30 h

Portugal: 22:30 h

IMOS INDO

O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. O programa “Imos Indo” chega hoxe ao seu final coa derradeira etapa do Camiño dos Faros, a que separa Nemiña de Fisterra, onde Quique Morales, estará acompañado por Nieves Rodríguez, a coñecida presentadora do espazo “Vaia Troula”. Este percorrido de pouco máis de 26 quilómetros levaraos ata o faro de Fisterra, o final do traxecto.

Galicia: 00:15 h

GMT: 22:15 h

Portugal: 23:15 h

GALICIA BONITA: Anceis - Cambre

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Os reformadores desprázanse á parroquia de Anceis (Cambre), onde se atopa a vivenda de Fran, un exemplo claro de desfeita da paisaxe. Separada da civilización e feita integramente de bloque, a casa precisa unha profunda intervención.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Tomás e Román van de cacería e o fillo de Freire encanona o alcalde para facerlle confesar a súa participación no secuestro do neno. Gloria, disfrazada de mendiga, aproveita un descoido de Deli durante un paseo polo monte e colle o neno.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Volver a casa

A Garda Civil faise cargo dos implicados no secuestro de Armandiño. Gloria, a suposta mendiga, non acaba de declarar onde deixara o neno, que é atopado no monte por un matrimonio. Mentres, Elías e Rosamari flirtean co espiritismo.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Castelos no aire

O neno xa está na casa e don Román pasou a súa primeira noite no calabozo. Laura non cre que o seu home tivera que ver no secuestro, e que Gloria, a muller que o acusa, está tola. Deli non consegue esquecer o sucedido.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: A ola express

A posta en liberdade de don Román pon en xaque as expectativas dos Freire e os Cabanas, que intentarán esgotar as posibilidades de implicalo no secuestro do neno. A chegada da ola express estraga os plans de Elías.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Un anaco de esperanza

Para os Cabanas e os Freire faise cada vez máis difícil descubrir toda a verdade sobre o secuestro de Armandiño e a implicación de don Román neste asunto. Manuel decide ir a visitar a Gloria ao cárcere coa esperanza de confirmar as súas sospeitas.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3352

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O escritor Xaquín Núñez presenta en ‘Zigzag’ o seu novo libro: ‘Mañá, cando sexamos luns’.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade