div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación.

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 36

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 72

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión combinada con halteres de man e esteira, centrada no traballo de lombo e bíceps. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais, comentan cal é o movemento que máis lles custa facer e bromean coa “soidade” de Anxo, que está solteiro.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 356

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os problemas de acceso á vivenda, o regreso da chuvia, o risco do mar de fondo e conflitos veciñais, temas que ‘O termómetro' pon hoxe sobre a mesa de análise.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.02.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.02.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.02.2026

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 741

Principiamos outra semana no 'Atrápame se podes' e temos cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 17.400 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Alba, da Coruña; Luis, de Vila de Cruces; Noe, de Salceda de Caselas; Ramón, de Vilalba, e Sergio, de Cartelle.

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1282

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 956

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.02.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 53

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O anticiclón e a visita dunha prodixio, destacados no ’‘Land Rober + Show’ de hoxe.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 8

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto' reconstrúe o crime de Enviande e analiza tamén o caso do depredador Segundo Cousido. Ademais destes casos da crónica negra e a actualidade xudicial, o espazo que conduce Patricia Abet achégase á lenda dos túneles secretos de Cabo Silleiro.

Galicia: 23:30 h

GMT: 21:30 h

Portugal: 22:30 h

IMOS INDO

O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. Hoxe, na penúltima ruta, realiza na compaña de Rodrigo Vázquez o tramo desde Muxía á praia de Nemiña. Sétima etapa do Camiño dos Faros, unha das máis duras, en que os protagonistas se atoparán con amigos e visitarán paraxes ben fermosas,

Galicia: 00:30 h

GMT: 22:30 h

Portugal: 23:30 h

GALICIA BONITA: Silleda

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia bonita’ adiántase ao Nadal coa súa chegada a Silleda. Toño e Andrea, unha parella chea de enerxía e con moitas ideas propias sobre limpeza e orde, propoñen un desafío ao equipo de Rosa Facal: ter a casa e o entorno listos para acender o alumado de Nadal antes que ningún veciño.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Deli está a levar a cabo un rigoroso xaxún. Elvira non dubida en acusar a Deli de rompelo. A moza sofre un esvaecemento e delira. O sacerdote e a beata cren que están ante unha manifestación mística.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Milucho e don Venancio están máis ca fartos de ver a vila chea de lixo. O novo barman fala co seu tío Senén para que desde o Concello fagan algo, de feito, acaba apostando que en dous días terá a vila limpa.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Mentres todos lle agradecen a Marcos a súa intercesión no asunto da leña, don Román intriga con Lupe. El quere vinganza e non ten paciencia. Utilizarán a Marcos para os seus plans vinculados á plantación de eucaliptos, farano seu socio para implicalo.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Cosme vai a Maceiras a cobrar a pensión. As mulleres da vila empezan a mobilizarse para cobrar tamén. Marcos xa está a traballar no concello co seu pai, en prexuízo de Senén, que se ve apartado das súas funcións.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Marcos está preocupado por María despois do accidentado plantón. O seu pai quítalle importancia e alecciónao sobre a 'arte' de tratar as mulleres. Laura chega á vila e intentará poñer orde no mundo que a rodea.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3346

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' celebra o Día de Rosalía de Castro nun programa en que, ademais, a cantautora Antía Muíño presentará o seu segundo disco.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade