Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 16:55 h
GMT: 14:55 h
Portugal: 15:55 h
GALICIA BONITA: Ortigueira
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’.
Galicia: 18:10 h
GMT: 16:10 h
Portugal: 17:10 h
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 14
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. En canto soa o teléfono, Inda e Julio soben á furgoneta e acoden á chamada dos seus clientes, sen saber que aventura lles espera. E a desta semana promete porque os anfitrións pisan forte, viven segundo as súas propias normas e saben como montar unha festa. Pero esta reforma estará chea de incidentes que poñerán en risco o resultado final.
Galicia: 19:25 h
GMT: 17:25 h
Portugal: 18:25 h
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 15
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. A historia de hoxe comeza nunha casa que viviu tempos mellores. Inda e Julio coñecen a Joserra, que resultará ser un verdadeiro tesouro. A súa casa está chea de sorpresas, e Inda e Julio enredarán, máis que nunca, descubrindo obxectos fascinantes aos que darlles unha segunda vida mentres arranxan a casa de Joserra.
Galicia: 20:10 h
GMT: 18:10 h
Portugal: 19:10 h
TRABALLO FEITO: Balneario de Laias
Esther Estevez e Gabi García desprázanse ata Laias no concello de Cenlle, para vivir unha xornada de traballo no seu balneario. Alí aprenderán a preparar as augas termais, poñer a punto as habitacións do hotel, e mesmo participarán no servizo do restaurante e as actividades de animación. Esther e Gabi afrontan hoxe con ‘Traballo feito’ un novo reto no balneario de Laias.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.02.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.02.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Esther Estévez -Juanjo Bona (Verín)
Neste episodio, Esther Estévez exerce de anfitrioa para o cantante aragonés Juanjo Bona en Verín. A presentadora intenta convencer o seu visitante de que Verín é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Juanjo quen debe tomar a decisión final: quedar en Verín ou coller o billete de volta e marchar. Para conquistar o seu visitante, Esther quere amosar a tradición do Entroido canda un cigarrón polas rúas da vila, gozar dun bo xantar no Regueiro, compartir a súa paixón pola música tradicional co seu grupo de gaitas e visitar os manantiais de Cabreiroá. O artista aragonés Juanjo Bona descobre os encantos de Verín en 'A miña gran cidade', da man de Esther Estévez. O programa da TVG viaxa á comarca de Monterrei para vivir unha xornada chea de Entroido, música tradicional, gastronomía e augas termais.
Galicia: 22:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 21:45 h
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 11
Este episodio de Código 092 está integramente centrado na celebración do San Froilán en Lugo. Os axentes acoden a un aviso por unha posible agresión no ámbito doméstico, que deriva nun operativo de busca tras a marcha da presunta agresora. As intervencións multiplícanse, con actuacións en locais de ocio nocturno por incumprimentos da normativa de ruídos e por exceso de capacidade, así como cunha agresión con gas pementa que obriga á Policía Local de Lugo a intervir de inmediato. Ademais, os axentes desmantelan unha festa ilegal nun piso da cidade e intensifican os controis sobre os postos de venda ambulante, actuando contra a comercialización de comida sen as debidas garantías sanitarias. Intensa actividade policial, esta noite en ‘Código 092: en primeira liña', que acompañará os axentes de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.
Galicia: 23:25 h
GMT: 21:25 h
Portugal: 22:25 h
48 HORAS PARA O SI: Javi e Abi
Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. A parella protagonista hoxe en '48 horas para o si' amosa como a diferenza de idade non é traba para o amor. Tras catro anos de relación e unha filla en común, Javi sorprenderá a Abi cunha petición de man no programa.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Taquigrafía e mecanografía
Laura confésalle a súa identidade a don Venancio, buscando no crego consolo e apoio. Mentres, don Román segue instigando a Álvaro para que se propase con ela, coa dobre intención de rirse del e humillala a ela.
Galicia: 02:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 01:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Feitizo de amor
A actitude agarimosa de Lupe non convence a Freire. A coruñesa intenta convencer o indiano para visitar a cidade herculina e presentarlle a súa familia. Freire non se sente con ánimos, pero ela non desiste e, convencida por Carmiña, intenta facerlle un meigallo.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Un día na praia
María pídelle a Manuel que os leve á praia. Os Cabanas deciden levarse á praia a Carmiña para afastala do frenético Elías. Os Lamela semellan refacer a súa vida familiar, aínda que a muller e o fillo non acaban de baixar a garda.
Galicia: 03:00 h
GMT: 01:00 h
Portugal: 02:00 h
LIBRO DE FAMILIA: Ollos que non ven
Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse da coruñesa. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse deles.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LUAR: LUAR 1471
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra o Entroido e o San Valentín, coa música de Natalia, Terrae & Natasia Zürcher e Nuria Lorenzo. Completan o elenco artístico a Orquestra Compostela, Donicelas e Miguel Torres, así como a maxia de Joaquín Matas e as intervencións humorísticas de Patricia Vázquez.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LIBRO DE FAMILIA: Far west
Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h