Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 11
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 07:20 h
GMT: 05:20 h
Portugal: 06:20 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 298
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo interésase hoxe polo roubo dunhas cabras en Montesalgueiro, por incendios en palleiros de Sarreaus e polo comezo da matanza.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1996
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
Galicia: 09:45 h
GMT: 07:45 h
Portugal: 08:45 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 614
O Programa de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia de Cáritas Diocesana de Lugo busca analizar, visibilizar e denunciar as situacións de violencia vividas pola muller na nosa sociedade. O servizo ofrece un espazo de acollida e un clima de confianza desde o que se lles brinda todo o apoio que precisan.
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA VI 452
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 30.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1208
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 91
O ‘Eu sei + ca ti’ comeza outra semana coa continuidade no concurso de “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso) e coa incorporación de dous novos equipos: “Estradenses polo mundo” (Ales, Ángel e Javi), que chegan dende a comarca de Tabeirós-Terra de Montes, e “Guarisnais” (Belén, Cris e Marta), que veñen de Culleredo. O obxectivo de todos eles é chegar á gran final e abrir a caixa forte que agocha os seis mil euros.
Galicia: 12:05 h
GMT: 10:05 h
Portugal: 11:05 h
A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Sergio Pazos - Las Supremas de Móstoles (Ourense)
Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O actor Sergio Pazos ten hoxe unha cita en Ourense con Las Supremas de Móstoles. Para conquistalas, preparou unha visita á Catedral, un xantar con sobremesa musical, unha sesión de sacho nunha horta urbana e un paseo ao carón do río.
Galicia: 12:50 h
GMT: 10:50 h
Portugal: 11:50 h
A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Belinda Washington - Xosé R. Gayoso (Ribadeo)
Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ribadeo é esta semana o escenario de 'A miña gran cidade', con Belinda Washington como anfitrioa e Xosé R. Gayoso como convidado. Un paseo en barco pola ría, un xantar na pequena aldea de Rinlo, unha visita á praia das Catedrais e un percorrido polo pasado indiano da vila serán as experiencias que vivirán estas dúas iconas da televisión.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 14:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 30.11.2025
Galicia: 15:55 h
GMT: 13:55 h
Portugal: 14:55 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025
Galicia: 16:15 h
GMT: 14:15 h
Portugal: 15:15 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 215
En ‘Cos pés na terra’ coñecemos a Pablo, un programador informático reconvertido en labrego para ledicia dos seus veciños e dos animais cos que comparte parcela. Temos unha cita con Antía, ceramista que nos vai amosa-la súa arte e os seus recunchos favoritos da aldea.E pasamos a xornada con Fátima e Melissa, dúas apicultoras do Suído que producen mel de abella negra, unha especie autóctona galega.
Galicia: 17:20 h
GMT: 15:20 h
Portugal: 16:20 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 188
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa 'Cos Pés na Terra' visita este martes o obradoiro de conservas dunha muller que cambiou a avogacía por esta nova aventura. Ademais, os espectadores coñecerán o proxecto hostaleiro dun rapaz chegado de Colombia e compartirán o día cunha gandeira todoterreo.
Galicia: 18:40 h
GMT: 16:40 h
Portugal: 17:40 h
SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: SEN CÓDIGO POSTAL 2.0 TOMIÑO
Víctor a Anita van a Tomiño na procura dos segredos máis agochados da vila. Víctor, xunto a Agustín González, visita o mercado de abastos, o espazo Fortaleza, dará unha volta polas casas indianas e tamén fará unha visita ó auditorio onde imparten clases de teatro. Pola súa banda, Anita buscará o máis mediático que, nesta ocasión, é a Agrupación musical de Goián.
Galicia: 19:45 h
GMT: 17:45 h
Portugal: 18:45 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 882
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:05 h
GMT: 18:05 h
Portugal: 19:05 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 717
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.11.2025
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 7
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén.
Galicia: 22:55 h
GMT: 20:55 h
Portugal: 21:55 h
EN XOGO: EN XOGO 782
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
Galicia: 00:45 h
GMT: 22:45 h
Portugal: 23:45 h
OS GARDIÁNS DO MAR: OS GARDIÁNS DO MAR 4
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar' será esta semana testemuña de como se loita contra o narcotráfico por mar e aire. Ademais, o programa asistirá a un rescate de salvamento do Elmer 401 e a un operativo dos submarinistas da Garda Civil para buscar explosivos no porto da Coruña.
Galicia: 01:40 h
GMT: 23:40 h
Portugal: 00:40 h
LUAR: LUAR 1461
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Semen-Up, Amoebo e Trisha Fernández con Wanila, protagonistas dun 'Luar' dedicado ás compras inútiles. Gayoso e Aitana del Mar propoñen un programa atrevido, co regreso do grupo vigués aos escenarios, con novas voces urbanas e o avance de fase en ‘Recantos’.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h