Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 297
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os convidados de ‘O termómetro' analizan a incidencia da gripe en Galicia, a suba do menú do día e o control da gripe aviaria, entre outros temas de actualidade.
Galicia: 09:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 08:00 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1166
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 29.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Portugal: 09:15 h
LABRANZA: LABRANZA 1751
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3298
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A directora Giselle Llanio fala en 'ZigZag' da nova produción da TVG ‘Pensión incompleta’, a primeira serie gravada simultaneamente nas catro linguais oficiais.
Galicia: 11:10 h
GMT: 09:10 h
Portugal: 10:10 h
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 90
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
Galicia: 11:25 h
GMT: 09:25 h
Portugal: 10:25 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 5
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 11:35 h
GMT: 09:35 h
Portugal: 10:35 h
A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: Eva Iglesias – Bertín Osborne. Parte 2
Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Hoxe no programa continúa a aventura de Eva Iglesias e Bertín Osborne polo Salnés. Tres novas experiencias, relacionadas coa música tradicional, o cultivo dos mexillóns nas bateas e a gastronomía galega, determinarán o éxito do reto de galeguizar o cantante andaluz.
Galicia: 11:45 h
GMT: 09:45 h
Portugal: 10:45 h
GALICIA BONITA: Salceda de Caselas
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha seguidora incondicional do traballo de Rosa Facal recibe o equipo coa ilusión de transformar a súa vivenda e un pendello para a grella. Porén, a súa teima por defender a arquitecta e por poñer límites ás propostas de Litos provocará certas tensións no proceso dunha reforma que promete non deixar indiferente a ninguén.
Galicia: 12:40 h
GMT: 10:40 h
Portugal: 11:40 h
GALICIA BONITA: Cuntis
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' sufrirá hoxe en Cuntis a desconfianza dunha propietaria que non aproba case ningunha das tarefas previstas para a súa vivenda. Mónica pretende arranxar a casa dos seus pais, na súa aldea de toda a vida, para poder vivir alí.
Galicia: 12:45 h
GMT: 10:45 h
Portugal: 11:45 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA II 72
Concurso. Álvaro, natural da Coruña; David, de Portonovo, e Sonia, do Rosal, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 29.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 14:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.11.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
NO FOCO: NO FOCO 29.11.2025
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 15:50 h
GMT: 13:50 h
Portugal: 14:50 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.11.2025
Galicia: 16:00 h
GMT: 14:00 h
Portugal: 15:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 881
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 18:00 h
GMT: 16:00 h
Portugal: 17:00 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 9
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Unha parella televisiva e outra que está ultimando os preparativos da súa voda pasarán este luns polo 'O Termómetro'.
Galicia: 18:00 h
GMT: 16:00 h
Portugal: 17:00 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 10
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Humor con maiúsculas hoxe no ‘Land Rober + show' que conta tamén coas ocorrencias do colaborador Dani Fernández Carril.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 716
Galicia: 20:25 h
GMT: 18:25 h
Portugal: 19:25 h
ERA VISTO! A CHOUPANA: A cantareira
Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta. Preocupada pola desaparición da lírica popular da Choupana, Rober métese a cantareira para manter viva a tradición aquelando os temas ás sensibilidades e inquedanzas do mundo actual. O resultado, como era previsible, non podía ser máis desastroso.
Galicia: 20:40 h
GMT: 18:40 h
Portugal: 19:40 h
ERA VISTO! A CHOUPANA: As máquinas da Choupana
Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta. O fútbol feminino chega á Choupana e con el aparece tamén unha rivalidade feroz. Efectivamente, Lameiro sumouse ao mesmo deporte e no horizonte aparece a posibilidade dun derbi encarnizado.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 29.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:50 h
GMT: 19:50 h
Portugal: 20:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 29.11.2025
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 78
Chega o terceiro programa e moitos dos concursantes vense cada vez máis confiados no escenario, pero ás veces esa falsa seguridade xoga malas pasadas, coma ao noso concursante de Zas, David, que o pon nun pequeno apuro. O dúo de hoxe tócalles a Carlos e a Lucia, que interpretan unha preciosa versión de coñecido tema 'Te quiero, te quiero' de Nino Bravo. E a nosa María Lamas pisa forte o escenario cantando 'Sobreviviré' de Mónica Naranjo.
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 78
Chega o terceiro programa e moitos dos concursantes vense cada vez máis confiados no escenario, pero ás veces esa falsa seguridade xoga malas pasadas, coma ao noso concursante de Zas, David, que o pon nun pequeno apuro. O dúo de hoxe tócalles a Carlos e a Lucia, que interpretan unha preciosa versión de coñecido tema 'Te quiero, te quiero' de Nino Bravo. E a nosa María Lamas pisa forte o escenario cantando 'Sobreviviré' de Mónica Naranjo. Actuacións memorables, nervios e moita emoción, hoxe en 'A liga dos cantantes extraordinarios'. Os concursantes chegan ao terceiro programa con ganas de dalo todo nun escenario ao que hoxe regresa, Alejandra Pais, que se estrea como madriña.
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 78
Chega o terceiro programa e moitos dos concursantes vense cada vez máis confiados no escenario, pero ás veces esa falsa seguridade xoga malas pasadas, coma ao noso concursante de Zas, David, que o pon nun pequeno apuro. O dúo de hoxe tócalles a Carlos e a Lucia, que interpretan unha preciosa versión de coñecido tema 'Te quiero, te quiero' de Nino Bravo. E a nosa María Lamas pisa forte o escenario cantando 'Sobreviviré' de Mónica Naranjo. Actuacións memorables, nervios e moita emoción, hoxe en 'A liga dos cantantes extraordinarios'. Os concursantes chegan ao terceiro programa con ganas de dalo todo nun escenario ao que hoxe regresa, Alejandra Pais, que se estrea como madriña.
Galicia: 00:00 h
GMT: 22:00 h
Portugal: 23:00 h
A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: Boris Izaguirre e Vanessa Bouza
Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Boris Izaguirre visita o Deza nesta entrega de 'A miña gran cidade. Corazón galego', con Vanessa Bouza de anfitrioa. As seis experiencias levarán os protagonistas hoxe ata unha granxa en Botos, a unha queixería en Negreiros, a buscar os ingredientes dun cocido e cociñalo, a conducir un tractor e a tocar algunha peza na banda de Merza.
Galicia: 00:15 h
GMT: 22:15 h
Portugal: 23:15 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 881
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
LEMBRANDO A GALICIA XII: LENDAS DE MOURAS
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
COMO GALEGOS!: Gosia-Armando-Eriko
Galicia: 02:40 h
GMT: 00:40 h
Portugal: 01:40 h
GRAZAS Á VIDA: Grazas á cultura
Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. O espazo estará hoxe con Lola Viamonte, que deu forma a moitas das pezas de cerámica de Sargadelos que levan sendo parte da identidade do país, e Francisco Piñeiro, mestre na vangarda do ensino en Galicia, narrador, poeta e autor teatral.
Galicia: 03:30 h
GMT: 01:30 h
Portugal: 02:30 h
LABRANZA: LABRANZA 1751
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 04:10 h
GMT: 02:10 h
Portugal: 03:10 h
PRATOS COMBINADOS: O novo propietario
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira chega a un acordo con Paspallás, o repartidor, para que lle ceda temporalmente o Bar Suízo, co gallo da visita que a súa noiva de Monforte lle vai facer. Sen dúbida, isto supón un motivo de alegría, pero o problema está en que Paspallás lle ten dito á súa moza que era un próspero empresario da hostalería e o verdadeiro dono do Bar Suízo.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
PRATOS COMBINADOS: Todo un artista
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Poranse a proba os celos de Miro Pereira, cando a súa dona Balbina e a súa filla Rosalía senten unha gran admiración por algúns artistas e, sobre todo, polo escritor Tomás Vilariño, un dos habituais clientes do bar. Ante esta provocación, Miro afirma que el é tan imaxinativo e creador coma o que máis, e decide converterse en escritor contando para iso coa inestimable axuda do seu cuñado Antón.
Galicia: 05:05 h
GMT: 03:05 h
Portugal: 04:05 h
PRATOS COMBINADOS: Mans de seda
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo prodúcense toda unha serie de roubos. O Paspallás, Antón e algúns outros clientes botan en falta as súas carteiras. Cando a Balbina lle falta a súa axenda electrónica pecha de súpeto as portas do bar coa esperanza de que o ladrón aínda estea no interior do local.
Galicia: 05:35 h
GMT: 03:35 h
Portugal: 04:35 h
PRATOS COMBINADOS: Tódolos homes son distintos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Rosalía prepara a súa oposición coa esperanza de se converter en profesora de instituto. Un antigo profesor -o coñecido catedrático Ramón Parga- promételle axuda. Trátase dun home abraiante que ademais sabe entender o papel da muller actual. Pero nada é como parece...
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PRATOS COMBINADOS: O cóctel
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Matías é un home encantador que aparece polo Bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados.
Galicia: 06:30 h
GMT: 04:30 h
Portugal: 05:30 h
PRATOS COMBINADOS: A recomendación
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.