div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:45 h

GMT: 05:45 h

Portugal: 06:45 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.09.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

ESTACHE BO!: Níscaros con ovos e trufa negra

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

Galicia: 11:35 h

GMT: 09:35 h

Portugal: 10:35 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 249

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza o alto prezo dos alugueiros e o problema da soidade entre as persoas maiores, amais de falar de iniciativas para o rural como Bionogueira.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.09.2025

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.09.2025

Presenta Antía Araújo.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.09.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.09.2025

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1175

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 814

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.09.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.09.2025

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 53

Galicia: 22:15 h

GMT: 20:15 h

Portugal: 21:15 h

CASAMOS!: Begoña e Ricardo

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. ‘Casamos!’ trae hoxe o romántico enlace de Begoña e Ricardo. Despois dunha crise, a súa relación transformouse nunha voda en Portugal, repleta de emoción e co apoio da familia e amigos.

Galicia: 23:10 h

GMT: 21:10 h

Portugal: 22:10 h

CASAMOS: A historia de amor de Alba e Jandro

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Os espectadores do programa asistirán hoxe á voda de Alba e Jandro, que mesturará os mundos máxicos de Disney e Harry Potter. O confinamento apurou os plans da parella de ir vivir xuntos e agora deciden dar o paso máis importante na súa relación.

Galicia: 00:10 h

GMT: 22:10 h

Portugal: 23:10 h

GRAZAS!: GRAZAS! 11

Presentado por Lucía Rodríguez, é o punto de encontro da solidariedade na TVG e narra historias de heroes anónimos de Galicia, mulleres e homes que estaban no lugar e no momento axeitados para salvar vidas, axudar nunha traxedia ou simplemente achegar esperanza. Unha muller que lle salvou a vida a un bebé e uns veciños que evitaron o roubo dun coche, entre os heroes anónimos que hoxe visitan o programa ‘Grazas!’.

Galicia: 01:10 h

GMT: 23:10 h

Portugal: 00:10 h

PRATOS COMBINADOS: Coche novo

Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.

Galicia: 01:35 h

GMT: 23:35 h

Portugal: 00:35 h

PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo

O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.

Galicia: 02:05 h

GMT: 00:05 h

Portugal: 01:05 h

PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde

Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros

Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.

Galicia: 02:55 h

GMT: 00:55 h

Portugal: 01:55 h

PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa

Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.

Galicia: 03:25 h

GMT: 01:25 h

Portugal: 02:25 h

PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina

Todos os problemas de Rosalía, Miguel, Miro e Antón recaen agora sobre as costas de Balbina, que necesita unhas vacaións; pero a experiencia de alonxarse da súa familia fará que vexa os seus problemas doutro xeito.

Galicia: 03:55 h

GMT: 01:55 h

Portugal: 02:55 h

PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos

Antón ofrécelle ao seu cuñado Miro a oportunidade de facer un estupendo negocio, mercando a baixo prezo unha partida de polo conxelado.

Galicia: 04:20 h

GMT: 02:20 h

Portugal: 03:20 h

PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal

Os continuos despistes e as informalidades de Miro teñen farta á súa muller, Balbina. Miro promete ser no futuro un home serio e formal. Aconsellado polo seu cuñado, Antón convértese nun empresario laborioso, completamente entregado ao traballo no Bar Suízo.

Galicia: 04:50 h

GMT: 02:50 h

Portugal: 03:50 h

PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña

Miro Pereira e Balbina non teñen a mesma maneira de entender o seu traballo. Para Miro pescar troitas é incomparablemente máis difícil e meritorio ca cociñar. A súa muller decide amosarlle que está equivocado cambiando os seus respectivos papeis.

Galicia: 06:45 h

GMT: 04:45 h

Portugal: 05:45 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.09.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 22.09.2025

div-crtvg-top2

Publicidade