div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 11

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

Galicia: 16:30 h

GMT: 14:30 h

Portugal: 15:30 h

AQUÍ GALICIA FEST: O Porriño

O equipo do programa chega ao Porriño para montar a festa na praza do concello. David Espiño e Rocío Durán son os pregoeiros deste programa e contamos coas actuacións do grupo Pekados, do Aquí Galicia Band e de Xiada Gaiteiros. Os televisivos David Espiño e Rocío Durán, pregoeiros hoxe do ‘Aquí Galicia Fest’ no Porriño, onde se homenaxeará unha veciña de honra centenaria.

Galicia: 18:35 h

GMT: 16:35 h

Portugal: 17:35 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 32

Dani Polo chega a Lugo na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. O ‘Fake news’ atopará nesta cidade a cinco valentes que aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto.

Galicia: 19:20 h

GMT: 17:20 h

Portugal: 18:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 676

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.

Galicia: 22:50 h

GMT: 20:50 h

Portugal: 21:50 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: POLA BOCA MORRE O PEIXE

O día 24 de novembro de 2009, Felisindo González saíu ó monte coas vacas. Cando chegou, atopou unha bolsa de plástico branca colgada da cancela, xunto con restos de mondas de mandarinas, papeis e un paquete de tabaco baleiro. Todo indicaba que alguén estivera alí merendando e esquecera a bolsa.

Galicia: 23:15 h

GMT: 21:15 h

Portugal: 22:15 h

NA MENTE DO ASASINO: NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL)

A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. A TVG entra 'Na mente do asasino' do crime de Santoalla. A través dun documental e dun debate afondarase nos feitos ocorridos en 2010, cando Martin Verfondern foi asasinado por un dos seus veciños.

Galicia: 00:10 h

GMT: 22:10 h

Portugal: 23:10 h

FANÁTICOS: FANÁTICOS DE BAD GYAL

O “fanático” Juan Sieira visita o festival O Son do Camiño para agasallar coa pandeireta do programa unha das artistas urbanas más importantes de España: Bad Gyal. Ademais de buscala por todas as partes, preguntará por ela á xente da rúa e mergullarase na cultura dos seus fans. Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.

Galicia: 01:10 h

GMT: 23:10 h

Portugal: 00:10 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 02:20 h

GMT: 00:20 h

Portugal: 01:20 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

Galicia: 03:10 h

GMT: 01:10 h

Portugal: 02:10 h

LUAR: LUAR 1447

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' contará esta noite con dúas das voces femininas máis especiais da música galega: Rosa Cedrón e Sheila Patricia. Momento cumio nos concursos do programa, coa gran final de ‘Vai de Baile’, que disputarán as parellas Maloserá e Trapallada, e a primeira semifinal de ‘Recantos’, en que se enfrontarán Natalia Rivera e Nazaret Reyes.

Galicia: 06:10 h

GMT: 04:10 h

Portugal: 05:10 h

SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 11

Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade