Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 29.06.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
O bote non se detén e medra ata os 4.400 €. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ Martiño de Arzúa, Anxo de Santa Comba, Andrea de Camelle, Elena de Vila de Cruces, e a nova incorporación, Isabel de Vigo, son os que loitan por levar os cartos. O concursante que xogue o "Minuto final" ten asegurado o petisco de 200 €.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 29.06.2025
Galicia: 22:15 h
GMT: 20:15 h
Portugal: 21:15 h
DESAFÍOS CRIMINAIS: Sadismo
A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha vivenda na Aldea de Burgás (Xermade). Ao día seguinte, un amigo próximo atopa os corpos dos membros da familia asasinados brutalmente. Tan só hai unha supervivente. As claves dun dobre crime en Xermade, cuxos asasinos actuaron cunha violencia extrema, hoxe en 'Desafíos criminais'. A noite do 22 de febreiro de 2012, dous encapuchados entran nunha casa en Burgás e asasinan brutalmente a dous membros dunha familia. Só hai unha supervivente.
Galicia: 22:40 h
GMT: 20:40 h
Portugal: 21:40 h
NA MENTE DO ASASINO: O parricida de Oza
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O programa afondará nos feitos ocorridos en maio de 2017, cando Marcos Mirás matou o seu fillo de once anos nunha pista forestal deste concello.
Galicia: 23:35 h
GMT: 21:35 h
Portugal: 22:35 h
CONFIDENCIAS: Carlos Núñez
Andrés Ramos viaxa a Vigo a coñecer o músico Carlos Núñez e falar sobre a súa vida máis íntima. Tamén debaterán sobre a tolerancia. O músico Carlos Núñez debate en ‘Confidencias’ sobre a tolerancia.
Galicia: 01:50 h
GMT: 23:50 h
Portugal: 00:50 h
LUAR: LUAR 1446
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Redonda, Linda, Gallega e Boneca disputan a coroa de Miss Vaca 2025, hoxe en 'Luar'. A gran final da 17ª edición celébrase cun programa especial que convida artistas de toda España a compartir música e tradicións. Samantha Hudson, Xabier Díaz e Blanca Paloma encabezan un cartel artístico que combina raíces e vangarda.
Galicia: 04:50 h
GMT: 02:50 h
Portugal: 03:50 h
AQUÍ GALICIA FEST: AQUÍ GALICIA FEST 9
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. O ‘Aquí Galicia Fest’ chega ao Carballiño con Carlota Corredera como pregoeira de luxo.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h