div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.05.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE: JOSÉ MANUEL PARADA – ANA SANTOS. LUGO

Neste episodio José Manuel Parada ensina Lugo á actriz Ana Santos. O presentador intenta convencer a súa visitante de que Lugo é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Ana quen debe tomar a decisión final: quedar na cidade ou coller o billete de volta e regresar a Mazaricos. Para conquistala, Parada ten preparadas varias experiencias únicas, como apreciar de preto os vestixios romanos, a evolución da Tinería ou a importancia do Breogán para a cidade.

Galicia: 22:50 h

GMT: 20:50 h

Portugal: 21:50 h

O + VIRAL: O + VIRAL 3

Programa de entretemento e humor, presentado por Alba Mancebo, xunto cos colaboradores Marcos López, Carla Núñez, Jazmín Abuín e Perico Balado, que comentan os contidos máis curiosos e virais de Internet.

Galicia: 23:40 h

GMT: 21:40 h

Portugal: 22:40 h

TESOUROS NO FAIADO: TESOUROS NO FAIADO 16

O programa introdúcese nos faiados, nos rochos e nas palleiras dos galegos para amosar os tesouros agochados ou esquecidos, que ás veces ata os seus propietarios descoñecen. En cada emisión, amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. Un dos buscadores de ‘Tesouros no Faiado’ atopa esta noite varias pezas antigas nun rocho de Betanzos.

Galicia: 00:40 h

GMT: 22:40 h

Portugal: 23:40 h

ESTACHE BO!

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

Galicia: 01:20 h

GMT: 23:20 h

Portugal: 00:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 692

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 03:45 h

GMT: 01:45 h

Portugal: 02:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A actriz Lucía Veiga, que recibiu o Premio María Casares á mellor actriz protagonista na última edición, fala hoxe no 'Zigzag' do seu papel na obra ‘Iribarne’.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 21.05.2025

div-crtvg-top2

Publicidade