div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

Galicia: 09:55 h

GMT: 07:55 h

Portugal: 08:55 h

O AGRO: O AGRO 23.04.2025

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DEBATO DO ESTADO DA AUTONOMÍA 2025. SESIÓN DA MAÑÁ

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Debate anual de política xeral. Sesión de mañá

A TVG ofrece, en directo, a primeira xornada do Debate anual de política xeral, coa intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A emisión, presentada desde o estudio de San Marcos por Carlos Amado, cos comentarios do xornalista Jesús Fontenla no Parlamento, incorpora intérprete en lingua de signos.

Galicia: 12:30 h

GMT: 10:30 h

Portugal: 11:30 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As novas arredor do Papa Francisco, hoxe en ‘O termómetro', que tamén asiste en Mos ao furancho Zapateira e á feira cabalar de Moeche, entre outros contidos.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.04.2025

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

O TEMPO

Galicia: 16:00 h

GMT: 14:00 h

Portugal: 15:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: DEBATE DO ESTADO DA AUTONOMÍA 2025. SESIÓN DA TARDE

Galicia: 16:00 h

GMT: 14:00 h

Portugal: 15:00 h

ESPECIAL INFORMATIVO: Debate anual de política xeral. Sesión de tarde

Presentado por Carlos Amado desde San Marcos, cos comentarios de Jesús Fontenla no Parlamento de Galicia, sesión de tarde da primeira xornada do Debate anual de política xeral. En directo, a TVG ofrecerá as intervencións dos voceiros dos grupos -de menor a maior representación-, con quendas que non poderán exceder os 45 minutos. A todos eles daralles réplica Alfonso Rueda. Os grupos volverán ter outra quenda de 15 minutos e finalmente pechará a xornada o presidente da Xunta.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.04.2025

Galicia: 21:50 h

GMT: 19:50 h

Portugal: 20:50 h

A MIÑA GRAN CIDADE: Diego G. Rivas e Alba Carrillo (A Coruña)

Neste episodio o Diego González Rivas exerce como anfitrión de Alba Carrillo na Coruña. O médico intenta convencer a súa visitante de que A Coruña é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións, pero é Alba quen debe tomar a decisión final: quedar na Coruña ou coller o billete de volta e regresar a Madrid. Para conquistar a súa visitante, Diego ten preparadas varias experiencias coas que amosar a súa A Coruña máis persoal: unha visita ao impresionante monte de San Pedro, un paseo pola zona de viños, un xantar de alto nivel con vistas ao mar e mesmo unha sesión de surf. O médico Diego González Rivas descóbrelle A Coruña a Alba Carrillo, en ‘A miña gran cidade'. A coñecida modelo e comunicadora, encantada co seu anfitrión, coñecerá a cidade e a súa gastronomía.

Galicia: 22:50 h

GMT: 20:50 h

Portugal: 21:50 h

NIN OFICIO NIN BENEFICIO

Almudena, chacineira con 15 anos de experiencia, deixa os coitelos do xamón para empuñar desaparafusadores no programa ‘Nin oficio nin beneficio’. Hoxe, afrontará un cambio radical ao traballar nun cemiterio de coches en Ourense, onde esta muller de armas tomar demostrará a súa capacidade de adaptación nunha contorna completamente diferente. O programa pon hoxe unha chacineira a traballar nun desgüace.

Galicia: 23:25 h

GMT: 21:25 h

Portugal: 22:25 h

TESOUROS NO FAIADO: TESOUROS NO FAIADO 15

O programa introdúcese nos faiados, nos rochos e nas palleiras dos galegos para amosar os tesouros agochados ou esquecidos, que ás veces ata os seus propietarios descoñecen. En cada emisión, amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. Os buscadores e restauradores de ‘Tesouros no Faiado’ atoparán hoxe en Ferrol e nun almacén pezas ás que darlle un novo aspecto.

Galicia: 00:20 h

GMT: 22:20 h

Portugal: 23:20 h

ELAS: ELAS 13

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. O espazo amosa esta semana a actividade das Lavandeiras de Sillobre e da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra.

Galicia: 02:15 h

GMT: 00:15 h

Portugal: 01:15 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 02:45 h

GMT: 00:45 h

Portugal: 01:45 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 03:15 h

GMT: 01:15 h

Portugal: 02:15 h

CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE

Manual imprescindible para coñecer os diversos temas que configuran a personalidade dos galegos e das galegas. O programa mestura a voz dos expertos con preguntas a pé de rúa para descubrir tamén canto saben de nós os estranxeiros residentes na comunidade autónoma, pois eles son os alumnos perfectos para este curso. ‘Curso acelerado de galeguidade' ensina hoxe un dos grandes tópicos sobre os galegos: a retranca. A través de cinco leccións, aprenderase todo sobre a nosa capacidade para falar con segundas intencións.

Galicia: 03:45 h

GMT: 01:45 h

Portugal: 02:45 h

OS AUTÉNTICOS: Manuel, Mar e Pepe

Novo programa para celebrar a autenticidade da nosa xente e o seu amor polas nosas raíces e tradicións.

Galicia: 04:45 h

GMT: 02:45 h

Portugal: 03:45 h

O TERMÓMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As novas arredor do Papa Francisco, hoxe en ‘O termómetro', que tamén asiste en Mos ao furancho Zapateira e á feira cabalar de Moeche, entre outros contidos.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1179

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

Galicia: 06:25 h

GMT: 04:25 h

Portugal: 05:25 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. No Día do Libro, o espazo ‘Zigzag’ recibe a visita da presidenta do Espazo Lectura de Gondomar, Yaiza Peixoto.

Galicia: 06:30 h

GMT: 04:30 h

Portugal: 05:30 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Un educador ambiental e un luthier amosan hoxe o seu traballo en 'Cos pés na terra'. Ademais, o programa pastoreará con Alba, unha rapaza nova que ten conta de ovellas, cabras e ata dunha tenreira.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade