div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.04.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:10 h

GMT: 06:10 h

Portugal: 07:10 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.04.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista a Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

ESTACHE BO!: Boliños de bacallau

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe do allo negro e as súas propiedades.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A prevención de accidentes con maquinaria no rural, a inxesta correcta de medicamentos e a poxa máis antiga de Galicia, hoxe en 'O Termómetro'.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.04.2025

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:15 h

GMT: 13:15 h

Portugal: 14:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.04.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

O TEMPO

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 650

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:30 h

GMT: 18:30 h

Portugal: 19:30 h

ADIANTO TELEXORNAL SERÁN: ADIANTO TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.04.2025

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA

O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ recibe a Antón, de Cangas; Ignacio, de Marín; Álex, de Mazaricos; Estrella, de Vilagarcía de Arousa, e a nova incorporación, Ángel, de Salvaterra de Miño. O bote segue medrando e xa alcanzou os 20.200 €. Os cinco concursantes van intentar chegar ao 'minuto final' para poder levalo.

Galicia: 22:30 h

GMT: 20:30 h

Portugal: 21:30 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O 'Cos pés na terra' marcha de ruta cun guía de montaña e visita un restaurante que conta con horta propia. O programa ten tamén unha cita cun matrimonio que leva adiante unha explotación de 700 vacas.

Galicia: 23:25 h

GMT: 21:25 h

Portugal: 22:25 h

PUNTO NEMO: Accidente cósmico

Tras o ataque dos piratas, a tripulación do Pentokontors loita por sobrevivir nunha illa misteriosa. Mentres Máximo e o seu equipo descobren unha base militar rusa abandonada, Nazareth e Jota atopan sinais dunha criatura descoñecida no océano. Entre sabotaxes, segredos agochados e un perigo que axexa na escuridade, o grupo enfróntase a un destino incerto. En ‘Punto Nemo’ descobren esta noite unha base militar rusa abandonada e sinais dunha criatura descoñecida no océano.

Galicia: 00:20 h

GMT: 22:20 h

Portugal: 23:20 h

DESMONTANDO GALICIA: Galicia somerxida

Programa presentado por Diana Nogueira e Isabel Blanco, que trata de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural desde o punto de vista do entretemento, cunha atractiva narrativa de imaxe integrada dixitalmente para facilitar a comprensión da información e captar a atención do espectador. 'Desmontando Galicia' sacará esta tarde á luz a Galicia somerxida, o que lles permitirá aos espectadores descubrir xoias asolagadas por auga ou terra.

Galicia: 01:10 h

GMT: 23:10 h

Portugal: 00:10 h

ESTACHE BO!: Boliños de bacallau

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

Galicia: 02:30 h

GMT: 00:30 h

Portugal: 01:30 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 03:00 h

GMT: 01:00 h

Portugal: 02:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O espazo ‘Zigzag’ visitará en Ourense a exposición ‘Virxilio Inédito’, que conmemora o centenario do nacemento do pintor ourensán Virxilio Fernández.

Galicia: 03:55 h

GMT: 01:55 h

Portugal: 02:55 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.04.2025

div-crtvg-top2

Publicidade