Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 15:50 h
GMT: 13:50 h
Portugal: 14:50 h
SALVAXE
O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. A TVG ofrece esta noite unha nova entrega do reality ‘Salvaxe’, en que os concursantes terán que enfrontarse a novos desafíos e traizóns inesperadas.
Galicia: 17:55 h
GMT: 15:55 h
Portugal: 16:55 h
OS GARDIÁNS DO MAR: Loita contra o furtivismo
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Este primeiro programa mergúllase no día a día de Kike, un veterano gardacostas, e do seu equipo. Xuntos, coordinarán un operativo para capturar furtivos e inspeccionar as bateas da ría de Arousa. A serie tamén mostrará o labor dos axentes de Aduanas e da Garda Civil, que patrullan as augas galegas para frear delitos e garantir a legalidade.
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 642
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 627
Galicia: 20:10 h
GMT: 18:10 h
Portugal: 19:10 h
GAÑA A TÚA ALDEA
Manuel, natural de Ortigueira, e Estevo e Alejo, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Portugal: 20:55 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 161
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Paco Lodeiro pon en xogo 19.000 € no cotizado bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Jandro, de Ribadumia; Xabi, de Poio, e a nova incorporación, Ignacio, de Marín, son os cinco que compiten polo gran premio ou, no caso de non acertar todas as preguntas do 'minuto final', polo petisco de 200 €.
Galicia: 22:35 h
GMT: 20:35 h
Portugal: 21:35 h
OS GARDIÁNS DO MAR: Vida no buque Sar Gavia
A tripulación do buque ‘Sar Gavia’ de Salvamento Marítimo convive como unha familia no interior do barco. Marisa é unha gardacostas que controla o transporte de produtos do mar xunto ós seus compañeiros. Axentes de Vixilancia Aduaneira patrullan polos portos de Vigo e A Coruña. ‘Os gardiáns do mar' amosa nesta emisión o día a día da tripulación do Sar Gavia de Salvamento Marítimo.
Galicia: 23:30 h
GMT: 21:30 h
Portugal: 22:30 h
ALARMA 080: ALARMA 080 2
Os bombeiros de Mos realizan un adestramento complexo que simula un incendio industrial para probar a súa preparación ante emerxencias. En Ferrol buscan unha árbore caída que bloquea o tráfico sen saber onde está. En Padrón unha chamada por un incendio preto de vivendas interrompe as prácticas de rescate e require unha resposta rápida. En San Cibrao, traballan na prevención e fan revisión de empresas do polígono. Este episodio destaca a importancia da formación constante, planificación eficaz e reacción rápida para garantir a seguridade diaria. 'Alarma 080' acompaña os bombeiros de Mos, Ferrol e Padrón, tanto en tarefas de adestramento como en situacións de emerxencia.
Galicia: 00:25 h
GMT: 22:25 h
Portugal: 23:25 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 642
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 01:35 h
GMT: 23:35 h
Portugal: 00:35 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.03.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Portugal: 01:30 h
LUAR: LUAR 1433
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ arrinca con 'A Coral' e recibe a visita de Azúcar Moreno e A Roda. O programa da TVG comeza coa actuación dos protagonistas de ‘A Coral’ e contará tamén coa música da Charleston Big Band e Carameleiras do Tremuzo, entre outros.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Portugal: 04:45 h
ELAS: ELAS 10
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. 'Elas' descobre esta semana a proposta do grupo Malvela e as ideas das catro emprendedoras que puxeron en marcha a startup Salmoira.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h