Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1954
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
Galicia: 09:45 h
GMT: 07:45 h
Portugal: 08:45 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 572
A catedral de Santiago acolleu a celebración de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas e comunicadores. Aproveitamos este encontro para falar con eles sobre a súa profesión e os seus valores, e sobre como ven a comunicación da igrexa.
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA VI 415
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 09.02.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. María Solar conversa hoxe no estudio do ‘Zigzag’ con Tres pesos sobre o seu novo disco, ‘Cantares e Contares’.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1176
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
Galicia: 11:50 h
GMT: 09:50 h
Portugal: 10:50 h
ELAS: ELAS 3
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. O club de ximnasia rítmica Maniotas e o grupo de teatro Mulleres en igualdade, protagonistas do programa ‘Elas’ de hoxe.
Galicia: 12:30 h
GMT: 10:30 h
Portugal: 11:30 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 09.02.2025
Presenta Alberto Mancebo.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.02.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.02.2025
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO 211
Espazo de entretemento. Tamara, Composta y su Ricura e a orquestra Miramar porán a música no "Bamboleo" desta semana. Como é habitual, o programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará coas súas habituais e divertidas seccións.
Galicia: 17:45 h
GMT: 15:45 h
Portugal: 16:45 h
TRAES UNHA CANTIGA?: Primeira semifinal
Hoxe participan os grupos Cantareiras Bulideiras, que interpretan ‘Muiñeira de Santo Amaro’; Peis d’hos, que cantan ‘Na beira do mar’; Faro da Guía, con ‘Airiños, airiños, aires’; Xermolos, que concursan con ‘O quer que lle quer’, e Xurupia, con ‘O andar miudiño’. Nesta entrega tamén se coñecerá a cantiga máis popular entre as que resultaron gañadoras nas comarcas do Salnés, O Morrazo, Vigo, A Terra Chá e O Ribeiro. O programa, gravado na Taberna A Cabana de Padrón, está presentado por Noelia Rey e conta con Xurxo Fernandes e Samuel González de The Rapants como xurado. A madriña dos cinco grupos é Sheila Patricia.
Galicia: 18:50 h
GMT: 16:50 h
Portugal: 17:50 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 597
Galicia: 18:55 h
GMT: 16:55 h
Portugal: 17:55 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:10 h
GMT: 18:10 h
Portugal: 19:10 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 35
Pepa, natural de Curtis, Marcos, de Oroso, e Mikel, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Portugal: 20:55 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 144
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ cinco concursantes volven pelexar por un bote que non deixa de crecer. Brais, de Pontevedra; Ana, de Vilalba; Javi, de Santiago de Compostela; Gloria, da Coruña, e a nova incorporación, Iria, de Ribadeo, van intentar facerse cos 15.600 € acumulados no gran premio.
Galicia: 22:30 h
GMT: 20:30 h
Portugal: 21:30 h
OS AUTÉNTICOS: OS AUTÉNTICOS 4: CHICHO, JUAN ANTONIO, CLEMENTE.
En ‘Os auténticos’ coñecemos a Chicho, un home cun oficio milenario. El é fundidor de campás artesán. Voamos alto coma pombas mensaxeiras. O seu adestrador é Insua, un apaixonado destes animais cos que compite en carreiras de gran distancia. E temos unha cita con Clemente e a súa colección impresionante de cámaras antigas. Con el filmaremos como se facía antes e gozaremos coma nenos da maxia do cine.
Galicia: 23:30 h
GMT: 21:30 h
Portugal: 22:30 h
MORRA O CONTO: SANXENXO VS. MERA
Neste programa, Sanxenxo e Mera, en Oleiros, compiten por ser a perla do turismo costeiro de Galicia. Dende o Monte do Gozo, Alba Mancebo defenderá Sanxenxo, un concello que foi medrando co paso das décadas ata converterse nun destino vacacional de referencia para moitas personalidades de sona. Pola súa banda, David Vilares apostará por Mera, un lugar que conxuga o turismo de calidade coa tranquilidade.
Galicia: 00:40 h
GMT: 22:40 h
Portugal: 23:40 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Portugal: 00:30 h
LUAR: LUAR 1427
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Susana Seivane, Merche e Os Melidaos traen esta noite a 'Luar' a mellor das súas músicas. O escenario do programa acollerá tamén as actuacións da Orquestra Marbella e do grupo xuvenil O Fiadeiro.
Galicia: 04:30 h
GMT: 02:30 h
Portugal: 03:30 h
TRAES UNHA CANTIGA?: Primeira semifinal
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h