Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os trastornos epilépticos e os efectos negativos dos temporais nos coches, entre os temas que se abordarán hoxe en 'O Termómetro'.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 01.02.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Portugal: 09:15 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1132
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 10:45 h
GMT: 08:45 h
Portugal: 09:45 h
LABRANZA: LABRANZA 1721
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 12:15 h
GMT: 10:15 h
Portugal: 11:15 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
Galicia: 12:55 h
GMT: 10:55 h
Portugal: 11:55 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 13:35 h
GMT: 11:35 h
Portugal: 12:35 h
NO FOCO: NO FOCO 01.02.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.02.2025
Presenta Alberto Mancebo.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.02.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.02.2025
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
MALO SERÁ!: Pegadas e Camiño (Melide 2)
Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O elenco de cómicos de 'Malo será!' chega hoxe ao Auditorio de Melide, na compaña da actriz Isabel Blanco. A coñecida parella formada por Ermitas e Ovidio volverá protagonizar un dos sketchs deste disparatado espazo de humor da TVG.
Galicia: 17:10 h
GMT: 15:10 h
Portugal: 16:10 h
MALO SERÁ!: Mil Burgas máis (Ourense)
Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O actor Xosé A. Touriñán e o ex futbolista Donato acompañan o elenco de 'Malo será!' no espectáculo que ofrece en Ourense. Os espectadores asistirán á comida dunha parella de turistas nunha terraza de Samil, observarán a detención dun árbitro de fútbol e acompañarán a paciente dunha clínica para deixar de fumar.
Galicia: 18:40 h
GMT: 16:40 h
Portugal: 17:40 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 589
Galicia: 18:45 h
GMT: 16:45 h
Portugal: 17:45 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 32
Josefa, natural de Curtis, Miguel, da Guarda, e Elizabeth, de Pontevedra, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.02.2025
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Portugal: 20:55 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 138
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ ten un bote que medra ata os 14.400 €. Xavi, da Coruña; Ana, de Vilalba; Lidia, de Culleredo; Marci, de Vilagarcía de Arousa, e a nova incorporación, Isma, de Vigo, son os que compiten polo gran premio. Se o gañador do programa non acerta as cinco preguntas do 'minuto final' terá que conformarse co petisco de 200 €.
Galicia: 22:35 h
GMT: 20:35 h
Portugal: 21:35 h
INIMITABLES: San Brais de Bembrive
A TVG dedica este martes unha edición do programa 'Inimitables' á Festa de San Brais de Bembrive. Nesta celebración, en que conviven elementos relixiosos e gastronómicos, destaca a explosión musical que se vive nos furanchos e que hoxe gozarán os espectadores coas actuacións de Os Terribles de Donas, Pelepau, Folk de Coiro e Abóbriga.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: A Ribeira Sacra
Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe descobre a espectacular natureza, historia e arte da Ribeira Sacra. Os espectadores poderán navegar polos seus ríos, visitar os castelos e os viñedos desta zona candidata a converterse en Patrimonio da Humanidade.