Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.01.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 09:30 h
A MELLOR TROULA DO ANO
'A Mellor Troula do Ano' fai un percorrido por toda Galicia para descubrir cal é a celebración que conquistou o corazón dos galegos en 2024. Entre as competidoras están as Festas do Carme, as Romarías dos Milagres, o San Xoán da Coruña, o Entroido, a Festa da Istoria de Ribadavia e a do Albariño de Cambados.
Galicia: 11:55 h
GMT: 09:55 h
Portugal: 10:55 h
SORTEO DA LOTARÍA DE NADAL: LOTARÍA DO NENO 2025
Os medios públicos galegos ofrecen hoxe o Sorteo Extraordinario da Lotaría do Neno, unha emisión única e simultánea que se poderá seguir en directo desde o estudio multimedia da Radio Galega, coa xornalista Cristina García como mestra de cerimonias.
Galicia: 12:30 h
GMT: 10:30 h
Portugal: 11:30 h
O PRIMEIRO DÍA DO RESTO DAS NOSAS VIDAS
Neste especial, os espectadores saberán que foi das personaxes máis senlleiras das series da TVG. Esta viaxe de investigación comezará en Londres e fará parada nas vilas ficticias de ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Padre Casares’, ‘Era Visto!’ e ‘Libro de Familia’.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.01.2025
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 14:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 15:30 h
GMT: 13:30 h
Portugal: 14:30 h
O TEMPO
Galicia: 15:45 h
GMT: 13:45 h
Portugal: 14:45 h
SALA G: A Gran Velada
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Chega 'A Gran Velada á TVG': ceas a lume lento e citas con chispa entre presentadores e fans nunha noite de paixón televisiva. Rostros coñecidos da Televisión de Galicia amosan o seu lado máis íntimo e cean esta Noiteboa cos seus seguidores en encontros cargados de humor, emoción e sorpresas.
Galicia: 18:35 h
GMT: 16:35 h
Portugal: 17:35 h
ESTRELAS MÁXICAS
Especial de ilusionismo.
Galicia: 20:25 h
GMT: 18:25 h
Portugal: 19:25 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.01.2025
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 30
O 'Atrápame se podes' chega ao seu décimo especial do Nadal cun bote solidario situado nos 3.500 €. Vai loitar por el no "minuto final" a tripulación famosa composta polo produtor musical Iago Pico e a cantante Fátima Pego, a actriz María Mera e a presentadora María Lamela, as televisivas Eva Iglesias e Esther Estévez, o capitán de barco Sauro Martínez e a responsable de márketing de Xanceda Sara Torreiro e, para rematar, os gañadores do bote do 'Atrápame', Sonia Gándara e Iván Pantín. O recadado váiselle doar, de parte do programa, á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG).
Galicia: 22:30 h
GMT: 20:30 h
Portugal: 21:30 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 193
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O espazo coñece hoxe persoas que apostan polo oficio de campaneiro, apoian a raza de vaca frieiresa e mesmo unha iniciativa de proxecto circular.
Galicia: 23:25 h
GMT: 21:25 h
Portugal: 22:25 h
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa estará hoxe cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha pementeira e co responsable dun centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres.