div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.12.2024

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.12.2024

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Alfonso Díaz, presidente da Agrupación de Arquitectos Urbanistas de Galicia.

Galicia: 10:35 h

GMT: 08:35 h

Portugal: 09:35 h

O AGRO: O AGRO 10.12.2024

Galicia: 10:40 h

GMT: 08:40 h

Portugal: 09:40 h

ESTACHE BO!: Fideuá de faceiras

Amais de elaborar a receita diaria, o chef Iván Mariñas ofrece en cada programa novos consellos e trucos de índole culinaria. Pola súa parte, a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe da autorregulación de cada persoa con respecto á comida.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 62

A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. Tras elixirse Ribadavia como ‘vila de ouro’ este Nadal, ‘O termómetro' interésase pola decoración dos fogares, a lotaría e dá claves para mercar un bo xamón.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.12.2024

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.12.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:50 h

GMT: 16:50 h

Portugal: 17:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 548

Galicia: 19:00 h

GMT: 17:00 h

Portugal: 18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 537

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:25 h

GMT: 18:25 h

Portugal: 19:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.12.2024

Galicia: 21:50 h

GMT: 19:50 h

Portugal: 20:50 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 116

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula 10.000 € no bote. Nesta ocasión, Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Dani, de Rábade; Silvia, de Vigo, e a nova incorporación, Tamara, de Santiago de Compostela, van competir por levalo. Se o concursante que chegue ao 'minuto final' non dá acertado as cinco preguntas terá que conformarse co petisco de 200 €.

Galicia: 22:25 h

GMT: 20:25 h

Portugal: 21:25 h

HIT LIST GALICIA: HIT LIST GALICIA 2

Divertido gameshow musical de entretemento para toda a familia, presentado por Rafa Durán e a cantante Miriam Rodríguez. En cada programa, tres parellas competirán por un premio de 6.000 € intentando adiviñar o título e intérprete dunha serie de cancións relevantes na historia da música. O concurso está baseado nun formato innovador da BBC británica, un dos programas musicais de máis éxito internacional, que xa chegou a outros países europeos. Parellas de Pontevedra, Lugo e Melide compiten hoxe en 'The hit list', o divertido gameshow musica da Galega. Os concursantes deberán coñecer o título e intérprete de cancións relevantes na historia da música para facerse co premio do programa.

Galicia: 23:20 h

GMT: 21:20 h

Portugal: 22:20 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO II

Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. Inda e Julio deixarán voar a súa creatividade na reforma desta semana do programa.

Galicia: 00:35 h

GMT: 22:35 h

Portugal: 23:35 h

SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Ferrol

Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. O programa comeza a segunda temporada do programa ‘desmontando’ Ferrol, que chegou a ser a cidade máis importante do norte de España e que mantén, desde antes da súa fundación, unha estreita relación co mar e a metalurxia.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

ESTACHE BO!: Fideuá de faceiras

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

Galicia: 02:10 h

GMT: 00:10 h

Portugal: 01:10 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 02:55 h

GMT: 00:55 h

Portugal: 01:55 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Carmen Méndez e Emma Pedreira conversan no ‘Zigzag’ respectivamente sobre as súas novas propostas artísticas: ‘Pura’ e ‘As horas mortas’.

Galicia: 03:20 h

GMT: 01:20 h

Portugal: 02:20 h

LABRANZA: LABRANZA 1717

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

Galicia: 04:10 h

GMT: 02:10 h

Portugal: 03:10 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.12.2024

div-crtvg-top2

Publicidade