div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.12.2024

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.12.2024

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

Galicia: 10:40 h

GMT: 08:40 h

Portugal: 09:40 h

O AGRO: O AGRO 04.12.2024

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

ESTACHE BO!: Cordeiro á moura con cuscús

En cada programa, o chef Iván Mariñas ofrece novos trucos e consellos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. A nutricionista Lidia Folgar falará hoxe dalgúns utensilios de cociña que poden alixeirar o tempo de cociñado.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 58

A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O magazine achégase hoxe a Lobios, onde os seus veciños reciben por correo un décimo de lotaría de Nadal desde hai anos.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.12.2024

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.12.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO

Galicia: 15:45 h

GMT: 13:45 h

Portugal: 14:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 18:50 h

GMT: 16:50 h

Portugal: 17:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 544

Galicia: 18:55 h

GMT: 16:55 h

Portugal: 17:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 531

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 19:45 h

GMT: 17:45 h

Portugal: 18:45 h

THE HIT LIST: THE HIT LIST 1

Divertido gameshow musical de entretemento para toda a familia, presentado por Rafa Durán e a cantante Miriam Rodríguez. En cada programa, tres parellas competirán por un premio de 6.000 € intentando adiviñar o título e intérprete dunha serie de cancións relevantes na historia da música. O concurso está baseado nun formato innovador da BBC británica, un dos programas musicais de máis éxito internacional, que xa chegou a outros países europeos. Na súa estrea, as parellas están compostas por María e Rut, dúas amigas que veñen de Ourense; Salma e Antonio, tamén amigos, procedentes de Vigo, e José Luis e Alba, pai e filla, da Coruña.

Galicia: 20:05 h

GMT: 18:05 h

Portugal: 19:05 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 15

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O espazo busca hoxe os temas de taberna máis populares de Marín e da comarca do Morrazo. Os tres grupos participantes serán amadriñados pola autora e intérprete Najla Shami, que se une ao xurado formado por Xurxo Fernándes e Samuel González.

Galicia: 20:35 h

GMT: 18:35 h

Portugal: 19:35 h

MORRA O CONTO: Albariño vs Ribeiro

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. A rivalidade histórica entre dous viños brancos galegos, o ribeiro e o albariño, protagonista hoxe en 'Morra o conto'. Para a batalla definitiva entre estas dúas variedades, Alba Mancebo e David Vilares recibirán os veciños do Salnés e Ribadavia no castelo de Soutomaior.

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.12.2024

Galicia: 22:15 h

GMT: 20:15 h

Portugal: 21:15 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 112

Un bote de 9.200 € agarda por quen acerte todas as preguntas do 'minuto final'. Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Hugo, de Sanxenxo; Tomás, de Lugo, e a nova incorporación, Silvia, de Vigo, van intentar facerse co gran premio neste programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’.

Galicia: 23:00 h

GMT: 21:00 h

Portugal: 22:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V 59

O programa celebra hoxe as semifinais. Neste emocionante programa decidirase que tres concursantes quedan fóra da competición e que outros tres acompañan as dúas primeiras finalistas, Yamohe e Cristina Eiró, elixidas a semana pasada.

Galicia: 01:25 h

GMT: 23:25 h

Portugal: 00:25 h

NÁUFRAGOS: Percebeiras converténdose en mar

Programa, dirixido e presentado por X. H. Rivadulla Corcón, aborda a vida despois da traxedia: como seguen adiante as familias dos náufragos que non regresaron do mar, o mariñeiro que sobreviviu e toda a colectividade relacionada cos portos afectados. E, por suposto, indaga na memoria que queda do sinistro. As percebeiras de Camelle falan hoxe en ‘Náufragos’ dos riscos do seu oficio e tamén do orgullo de traballar nesa costa tan violenta.

Galicia: 01:55 h

GMT: 23:55 h

Portugal: 00:55 h

ESTACHE BO!: Cordeiro á moura con cuscús

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

Galicia: 02:20 h

GMT: 00:20 h

Portugal: 01:20 h

NO FOCO: NO FOCO 30.11.2024

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

Galicia: 02:50 h

GMT: 00:50 h

Portugal: 01:50 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 04.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O programa coñecerá a nova obra da poeta Medos Romero, ‘As flores do baleiro’, e visitará en Santiago a exposición de Silvia García ‘Aprender do lugar’.

Galicia: 03:40 h

GMT: 01:40 h

Portugal: 02:40 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

Galicia: 03:55 h

GMT: 01:55 h

Portugal: 02:55 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

DESMONTANDO...: Desmontando Galicia: Vigo

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 04.12.2024

div-crtvg-top2

Publicidade