div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 52

A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O programa analiza os problemas de accesibilidade nas vivendas e coñece un diccionario de medicina ao que lle puxeron voz en galego rapaces de Primaria de Compostela.

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

ESTACHE BO!: Sopa 'wan tun'

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

Galicia: 09:30 h

GMT: 07:30 h

Portugal: 08:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 30.11.2024

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 10:15 h

GMT: 08:15 h

Portugal: 09:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1127

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

Galicia: 10:45 h

GMT: 08:45 h

Portugal: 09:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1716

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

Galicia: 11:15 h

GMT: 09:15 h

Portugal: 10:15 h

CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 7

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa com Augusto César Lendoiro, político de longa traxectoria, xestor deportivo e cultural, que levou a cabo un intenso labor como presidente do Real Club Deportivo da Coruña.

Galicia: 12:15 h

GMT: 10:15 h

Portugal: 11:15 h

TAL COMO FACEMOS: TAL COMO FACEMOS 34

Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. Os espectadores de ‘Tal como facemos' poderán hoxe admirar o traballo dos pintores e escultores galegos de todas as épocas.

Galicia: 13:15 h

GMT: 11:15 h

Portugal: 12:15 h

NO FOCO: NO FOCO 30.11.2024

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.11.2024

Presenta Alberto Mancebo.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2024

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2024

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

MALO SERÁ!: Onde empeza o mar (Ferrol)

Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. Evaristo Calvo e o elenco de actores do 'Malo Será!' ofrecen dúas horas do mellor humor desde Compostela. Os espectadores descubrirán esta noite como se organiza a noite perfecta, claves para impresionar unha cita ou problemas que xorden nas conexións de televisión en directo.

Galicia: 17:20 h

GMT: 15:20 h

Portugal: 16:20 h

MALO SERÁ!: Fuciños e cacheiras (Lalín)

Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. Carlos Blanco únese hoxe ao elenco actoral do 'Malo será!' desde o Salón Teatro de Lalín. Dúas horas de entretemento e humor coas que se achega a televisión aos teatros de todo o país, grazas á participación dos mellores cómicos da escena galega: Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Cristina Andrade, Oswaldo Digón, Sara Fandiño e Sabela Hermida.

Galicia: 19:00 h

GMT: 17:00 h

Portugal: 18:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 527

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 20:10 h

GMT: 18:10 h

Portugal: 19:10 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 16

Miguel, natural da Coruña, Damián, de Ourense, e Martín, de Padrón, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.11.2024

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 110

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. No ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ hai un bote de 8.800 € que busca dono. Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Hugo, de Sanxenxo; Alba, de Redondela, e a nova incorporación, Amalia, de Vigo, concursan para levalo. Se un deles acerta todas as preguntas do 'Minuto final', farase co premio, pero, se erra algunha delas, levará o petisco valorado en 200 €.

Galicia: 22:40 h

GMT: 20:40 h

Portugal: 21:40 h

MORRA O CONTO: Albariño vs Ribeiro

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. A rivalidade histórica entre dous viños brancos galegos, o ribeiro e o albariño, protagonista hoxe en 'Morra o conto'. Para a batalla definitiva entre estas dúas variedades, Alba Mancebo e David Vilares recibirán os veciños do Salnés e Ribadavia no castelo de Soutomaior.

div-crtvg-top2

Publicidade