Galicia TV Europa - CRTVG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 49
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O espazo ‘O Termómetro’ coñece hoxe en Tui un curioso hórreo mecanizado, deseñado por un veciño para facilitar o proceso de almacenamento do seu millo.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1943
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
Galicia: 09:45 h
GMT: 07:45 h
Portugal: 08:45 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 561
A catedral de Lugo goza do privilexio inmemorial de ter exposto permanentemente o Santísimo Sacramento no seu Altar Maior. Consecuencia deste feito é a concesión da Indulxencia plenaria, cotiá e perpetua a todos aqueles que recen ante o Santísimo e cumpran as condicións habituais.
Galicia: 10:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 09:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA V 406
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 24.11.2024
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. 'Zigzag' recibe a Margarita Ledo, directora do documental ‘Prefiro condenarme’, que este venres chega aos cinemas.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1169
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
Galicia: 12:00 h
GMT: 10:00 h
Portugal: 11:00 h
DIN QUE NON FALAN: María Crespo
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. A cardióloga ourensá María Crespo, unha auténtica referencia mundial neste ámbito, convidada hoxe en ‘Din que non falan’
Galicia: 13:15 h
GMT: 11:15 h
Portugal: 12:15 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 57
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 24.11.2024
Presenta Alberto Mancebo.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.11.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.11.2024
Galicia: 15:40 h
GMT: 13:40 h
Portugal: 14:40 h
BAMBOLEO
Espazo de entretemento presentado por Lucía Regueiro. Serafín Zubiri e o grupo Tania Veiras actúan hoxe no programa. Haberá premios para catro novas comisións que se enfrontarán nas xa míticas probas das ‘Superprendas’ e do ‘Mentireiro verdadeiro’ .
Galicia: 18:00 h
GMT: 16:00 h
Portugal: 17:00 h
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 8
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Despois da eliminación dun concursante, comeza esta semana a segunda fase do programa.
Galicia: 19:05 h
GMT: 17:05 h
Portugal: 18:05 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 521
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:00 h
GMT: 18:00 h
Portugal: 19:00 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 15
Iván, natural do Milladoiro, Miguel, da Coruña, e Óscar, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.11.2024
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Portugal: 20:55 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 105
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Paco Lodeiro recibe no estudio do 'Atrápame se podes, chanzo arriba' a Manu, da Coruña; Míriam, de Porto do Son; Sergio, de Malpica; Sara, de Vigo, e a nova incorporación: Xenaro, de Valga. Os concursantes non só teñen que loitar polos 7.800 € acumulados no bote, senón tamén pola súa permanencia no concurso.
Galicia: 22:30 h
GMT: 20:30 h
Portugal: 21:30 h
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 14
A primeira entrega da segunda temporada visita a comarca do Salnés, cunha arraigada tradición de cantos de taberna. O grupo +Q Cantigas participa no concurso coa cantiga ‘A Rumboia’, as Cantareiras Bulideiras cantan a ‘Muiñeira de Santo Amaro’ e A banda do Sequío interpreta o tema ‘O sancristán de Coímbra’. O programa, gravado na taberna O Pilón de Meaño, está presentado por Noelia Rey e conta con Xurxo Fernandes e Samuel González do grupo de The Rapants como xurados. A madriña das tres formacións será a cantautora Antía Muíño. O Furancho O Pilón acollerá hoxe as primeiras interpretacións da temporada, en que se porá a proba o grupo +Q Cantigas, as Cantareiras Bulideiras e A banda do Sequío. O xurado permanente que avaliará a competición estará formado por Xurxo Fernandes, un dos maiores expertos na música tradicional galega, e Samuel González, guitarra e voz do grupo indie de The Rapants; mentres que a madriña destas tres formacións e que formará parte do xurado, será a cantautora Antía Muíño.